Skip to Content

Obradoiro de robótica na Fundación Barrié

   

    Os alumnos de Tecnoloxía de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato, acompañados polas súas profesoras da materia de Tecnoloxía, asistiron o martes 3 de febreiro á Coruña a un interesantísimo obradoiro de robótica.

   Para o desenvolvemento deste obradoiro non era preciso ter coñecementos previos en programación –xa que se realizou nun contorno visual sinxelo para que ata os máis pequenos puideran construír e deseñar os seus robots– nin en electrónica –integrada nun ladrillo intelixente–.

    O encontro fomentou ademais a cooperación e o traballo en equipo, xa que os alumnos integráronse nun grupo no cal tiveron que compartir obxectivos para resolver os desafíos que se lles propuxeron ao longo da actividade.



page | by Dr. Radut