Xa está dispoñible para a súa descarga dende Google Play a aplicación Coñecer Ferrol - Roteiros, creada por Jose Antonio Pareja Sequeiro, alumno de 1º de bacharelato do centro, en clase de TIC. A aplicación é a porta que da acceso ó traballo desenvolvido por profesorado e alumnado do centro no marco do Seminario TIC do Programa de Formación en Centros, no que se crearon diferentes roteiros na aplicación Google MyMaps para coñecer Ferrol a través de contidos relacionados con diferentes materias. O resultado final, polo tanto, é a culminación dun proxecto de traballo interdisciplinar e colaborativo. Esperamos que sexa do voso agrado. Noraboa a todos os que participaron nel, e esperamos que no futuro se poidan seguir desenvolvendo e mellorando actividades nesta liña dende o centro. |