Saltar navegación.
Inicio

Benvidas á nosa web

Rúa do Camballón, nº24, 36590- Vila de Cruces (Pontevedra)
Tlfno.: 886151731    Fax: 886151739
ies.marco.camballon@edu.xunta.gal 
   
 

Participación na fase final do Parlamento Xove

Alumnado de 4º de ESO do instituto acompañado da coordinadora, a profesora de Iria Piñeiro, participa mañá na final do programa Parlamento Xove.

Formalización da matricula curso 2024-2025

O alumnado que promocione ou titule neste curso deberá formalizar a matrícula para o curso seguinte do

25 de xuño ao 7 de xullo, en horario de 10 a 13 h 

A entrega de notas está prevista para o 25 de xuño ás 11.00 h. O alumnado deberá recoller nese momento o sobre de matrícula coa documentación necesaria.

Probas finais nos ciclos medios

Nesta entrada pódense consultar, nos documentos adxuntos, as datas e horas fixados para as probas finais/extraordinarias nos ciclos medios de SOLCA e APSD. 

25 ANIVERSARIO DO INSTITUTO

O próximo venres 31 de maio celebramos os 25 anos do instituto. As 16:30 terá lugar un acto no auditorio do Concello, para con posterioridade transladarnos ao instituto a tomar un pinchos.

Toda persoa relacionada coa historia do instituto está invitada a participar: alumnos, exalumnos, nai, pais,...

Por problemas de aforo, necesitamos saber quen pensa acudir aos pinchos, para elo cubre o seguinte formulario: inscrición quero ir aos pinchos

 

Participamos no último lanzamento da NOSA

  Este mércores 22 de maio, o alumnado de 4º ESO do IES Marco do Camballón participou no lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat VI, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela ás 13 h.A actividade está organizada pola NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega, da que forman parte outros cinco centros públicos do país canda o noso: CPI O Cruce (Cerceda), IES Miraflores (Oleiros), IES Xelmírez II (Santiago de Compostela), IES Ramón Caamaño (Muxía) e CEE de Panxón (Nigrán).

A cápsula montaba os experimentos da chamada Misión asubIA, en referencia ás potencialidades da intelixencia artificial que se incorporaron. Son os seguintes:

  • Un levitador para medir as variacións de velocidade de transmisión do son en altitude. Este experimento foi proposto pola intelixencia artificial, en concreto pola ferramenta coñecida como ChatGPT.
  • Dous experimentos biolóxicos, unha mostra de ADN e outra dun fungo liofilizado para estudar como lles afectan condicións atmosféricas extremas.
  • Unha placa peltier que transforma as baixas temperaturas exteriores en voltaxe, de xeito que nun lanzamento futuro poida ser empregalo como fonte de alimentación doutros dispositivos internos.
  • Un localizador LoRa, deseñado por alumnado, para rexistrar coordenadas de posición.
  • Unha radiosonda para medición de variábeis atmosféricas, que servirán para unha análise numérica e tamén para a elaboración da harmonía musical do ascenso co emprego da ferramentas de intelixencia artificial.

Fondo libros e axudas para adquisición de libros e material escolar - Curso 2024/25

No documento adxunto pódese consultar a información relativa á convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros e material escolar para o curso 2024/25
Xúntanse tamén os anexos I e II para a presentación de solicitudes, en prazo ata o 21 de xuño de 2024.

Sergio Rey, do IES de Cacheiras, ganha o “I Prêmio Escolar Internacional de Livros de Cordel”

O Clube da Língua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces vém de fazer público o ganhador galego do “I Prêmio Escolar Internacional de Livros de Cordel”, coorganizado com o instituto Rochael de Medeiros de Recife, Brasil. O premiado é Sergio Rey Dalama, de 13 anos, e estudante de 1º de ESO no IES de Cacheiras.

Entrega boletín de notas de 2º Bacharelato

A entrega do boletín das notas de avaliación ordinaria do curso de 2º de Bacharelato será o mércores día 15 as 11:00 na aula de referencia do grupo.

Renovación da concesión do servizo de cafetería

O servizo de cafetería do centro vai ser renovado á mesma persoa que xa o estaba prestando, Patricia Cea.

Dadas as condicións actuais de subidas de prezos, a persoa adxudicataria fixo chegar uns escrito no que notifica ao centro a posible subida de precio de aqueles productos non regulados pola consellería, axustando o precio destes productos a subida do IPC.

Adxuntamos a esta nova o escrito remitido por Patricia Cea. Este escrito xa foi trasladado ao Claustro e ao Consello Escolar.

Distribuir contido