Saltar navegación.
Inicio

Participación na fase final do Parlamento Xove

Alumnado de 4º de ESO do instituto acompañado da coordinadora, a profesora de Iria Piñeiro, participa mañá na final do programa Parlamento Xove.

O grupo de alumnas Nerea Canda, Nerea Chacón, Daniela del Río e Xiana Sánchez, preparadas pola profesora Araceli Costoya, conseguiron o acceso a final na fase de clasicatoria celebrada o día 9 de marzo. 

O tema de dabate da fase final é o seguinte: A xeración de cristal ten unha menor capacidade para enfrontar a adversidade que as xeracións anteriores?

Os debates poderán seguirse en directo na canle de Xuventude.net en Youtube da Consellería de Xuventude da Xunta de Galicia.