Saltar navegación.
Inicio

Inicio de curso 2024-25

O día 11 de setembro comeza o curso 2024-25. De 9.00 a 9.50 h, o alumnado reunirarse na aula co profesorado responsable de cada titoría, onde se lles facilitará o horaro así como varias informacións sobre o funcionamento e organización do centro. A partir das 9.50 h seguirán as clases segundo o horario.

O alumnado deberá agardar na porta asignada a ser chamado para a súa entrada ao edificio do centro. Accesos:

  • Porta 1: Alumnado CM Atención a persoas en situación de dependencia
  • Porta 2: Alumnado 1º e 2º ESO
  • Porta 3: Alumnado 3º ESO e CM Soldadura e Caldeiraría
  • Porta 4: Alumnado 4º ESO, BAC e FPB

Disporase de servizo de comedor, cafetería e transporte, dado que ao coincidir inicio de curso o mércores, teñen clase pola tarde os cursos de 1º ESO, 2º ESO, FP Básica e Ciclos Medios.