Eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar: Sorteo dos membros da Xunta Electoral
En cumprimento da RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, o sorteo dos membros da Xunta Electoral terá lugar o día 18 de outubro ás 11.30 h na secretaría do centro.
A Xunta Electoral Estará integrada pola directora do centro, un profesor/a, un pai/nai/titor-a legal, un representante do PAS, e un alumno/a de educación secundaria obrigatoria, designados os catro últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes.
Unha vez realizado o sorteo, serán enviadas as citacións aos membros titulares e suplentes para a constitución da Xunta Electoral, indicando a data e a hora.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Circular informativa familias _ Eleccións Consello Escolar.pdf | 112.45 KB |
Circular informativa alumnado _ Eleccións Consello Escolar.pdf | 100.02 KB |