Lingua Galega e Literatura

Safari fotopoético. Letras Galegas

 
 
 
 
 
 
 
A Biblioteca do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca a súa comunidade escolar a un Safari Fotopoético sumándose á homenaxe das Letras Galegas a Xosé Filgueira Valverde.
 
 
 
Rexirase polas seguintes bases:


 Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.

  1. Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.
  2. O Safari Fotopoético desenvolverase entre o 1 e o 15 de maio do presente ano 2015.
  3. As fotografías deberán ser orixinais e, preferentemente, relacionadas con Betanzos, o seu casco histórico e os seus ríos. 
  4. As imaxes deben ilustrar algún verso ou idea das que acompañan a estas bases nesta pequena escolma poética.
  5. O texto do verso elexido debe aparecer integrado na propia imaxe.
  6. As imaxes a concurso poderán entregarse nun formato dos usados  habitualmente en imaxe dixital (jepg, tiff...) en soporte pendrive ou CD na Biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca [bibliofranciscoaguiar@gmail.com].
  7. O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
  8. O Xurado estará presidido por un representante do Equipo Directivo, dous profesores/as (un membro do Equipo da Biblioteca, e outro membro dos Departamentos de Lingua Galega ou Educación Plástica) e un alumno/a (designado pola Xunta de Delegados).
  9. Os premios entregaranse avaliando os traballos presentados, segundo os seguintes criterios:
  • 50% pola calidade e orixinalidade da imaxe,
  • 40% pola adaptación deo texto á imaxe elexida, e
  • 10% polo enxeño e creatividade na inserción do texto.

Cronica da yincana no Museo Domus (6.III.2015)

Todos nós entraramos na cidade diversas veces e pisaramos as súas rúas varias fins de semana. Contemplaramos o mar con frecuencia dende o Paseo Marítimo. Pero aínda así, visitar o famoso Museo do Home todos xuntos mantíñanos expectantes. Era un edificio singular e aínda que xa estabamos afeitos a velo noutras ocasións, a bonita cor do mar aquel día facía que o mirasemos doutra forma.

O feito de ter que agardar para entrar fixo que a nosa intriga aumentase por momentos. Oiamos e admirabamos dende lonxe todas as exposicións e obxectos que se presentaban daquel lugar, que máis ben parecía un parque de xogos, así que era de esperar que unha vez que a nosa entrada fose validada, puidesemos botarnos á aventura, cousa que fixemos con entusiasmo.

Aínda que ó finalizar a visita a única queixa foi a de non ter moito tempo máis para exploralo e tocalo todo -o lema de museo é “prohibido non tocar”-, pódese dicir que non só aprendemos moitas cousas sobre o corpo humano e o mundo que o rodea e o condiciona dende fai milleiros de anos, senón tamén descubrimos que facer unha “yincana” ao longo da nosa visita pode resultar divertido: traballar en equipo sen deixar de pasalo ben!

Amaia Tomé Galardonada co premio Meniños...e as xeracións literarias que virán dende Viós.

Una alumna de Betanzos consigue el primer premio del concurso Cóntame un conto

La obra O libro secreto de Chris, de Amaia Tomé -alumna del Francisco Aguiar de Betanzos-, obtuvo el primer premio del concurso literario Cóntame un conto, organizado por la Fundación Meniños y patrocinado por Gadis y la librería Cascanueces de A Coruña, donde ayer se entregaron los galardones. Además, las obras O trasno viaxeiro, de Noemí Barros, y Brancas Nubes, de Daniela Rey se alzaron con los áccesit. La autora de la obra ganadora se llevó un lote de libros, un regalo sorpresa y la publicación digital del cuento.

La Opinión. A Coruña

O obra “O libro secreto de Chris”, de Amaia Tomé, alumna do Instituto Francisco Aguiar, foi galardoada co Primeiro Premio no Concurso Literario ‘Cóntame un conto’, da Fundación Meniños. Tamén, “O trasno viaxeiro”, de Noemí Barros e “Brancas Nubes”, de Daniela Rey, ámbalas alumnas do Instituto de Educación Secundaria de Viós, levaron o primeiro e segundo accésit, respectivamente.

A entrega de premios tivo lugar na Librería Cascanueces, e contou coa presenza do representante do xurado, Manuel Guisande, a directora de Meniños, Mónica Permuy e a representante de Gadisa, empresa patrocinadora do evento, Ana Lago.

Autores como María Canosa e Carlos López (Chinto), xunto con Manuel Guisande formaron o xurado, designado por Fundación Meniños, en colaboración cos patrocinadores do certame, Gadis e Librería Cascanueces, da Coruña. O concurso estivo aberto ao estudantado da ESO que presentase unha obra escrita en lingua galega, orixinal e inédita.

O premio consistiu na entrega de libros cedidos pola Librería Cascanueces, un Diploma e un agasallo sorpresa de Meniños, ademais da publicación da obra gañadora nas canles dixitais da Fundación.

O pasado 20 de novembro cumpriuse un cuarto de século da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno e a Fundación Meniños quixo conmemorar este aniversario coa posta en marcha do primeiro Certame de Relatos ‘Cóntame un Conto’.

A Convención dos Dereitos do Neno (CDN)

A CDN, aprobada en 1989, aportou unha nova visión dos nenos e das nenas como suxeitos de dereitos que antes non existía. Os dereitos que recolle baséanse en catro principios fundamentais: a non discriminación; o interese superior do menor; o dereito á vida, á supervivencia e ao desenvolvemento; e a participación das persoas menores de idade en todas aquelas cuestión que as afecten.

Aínda que fican moitos retos pendentes no que se refire ao cumprimento de dereitos, nos 25 anos transcorridos, tamén se acadaron importantes logros en diferentes eidos. Porén, non podemos deixar de vixiar, cada día, o cumprimento dos dereitos dos menores.

 

Chegou aos nosos oídos..Amaia Tomé premio literario Fundación Meniños

 

concurso meniños_cartel premios_01.ai

    Chegou aos nosos oídos.... que a Fundación Meniños entregará este venres, día 27 de marzo, ás 18:00 horas, na Librería Cascanueces da Coruña os premios do I Concurso de Relatos Cóntame un Conto, un evento que nace para conmemorar o cuarto de século da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno. O concurso estivo aberto ao estudantado de ESO que presentase unha obra escrita en lingua galega, orixinal e inédita.

 

     Neste acto, o representante do xurado, Manuel Guisande, xunto coa directora de Meniños, Mónica Permuy, e Ana Lago, en representación de Gadisa, farán entrega do Primeiro Premio do Concurso, así como de dous Accésits para outras dúas obras elixidas.  Unha das obras premiadas corresponde a unha alumna de 4º da ESO do Aguiar, AMAIA TOMÉ TOMÉ que, á penas regresada da viaxe a Londres, recollerá este premio polo seu traballo

 O premio consistirá na entrega de libros cedidos pola Librería Cascanueces, un Diploma e a publicación da obra gañadora nas canles dixitais da Fundación Meniños.

  A entrega celebrarase na Librería Cascanueces da Coruña, ás 18.00 horas, e a entrada é libre

 

 ¡NORABOA PARA AMAIA!

TODO UN ORGULLO CONTAR NO AGUIAR COA SÚA PRESENZA DISCRETA PERO ACTIVA E CREATIVA

En verso, como o castañeiro propoñía as adiviñas a Baltasar....Crónica da visita de Antonio Manuel Fraga

 Se estiveses, ben verías,

neste Francisco Aguiar,

cen rapaces afanados

toliños por preguntar

 

quen é ese Castañeiro

das palabras gorentosas,

 das castañas en abril

 e as historias máis fermosas;

 

de onde saíu ese Buto,

o zapateiro rosmón,

que inda tendo moi mal xenio

tenche moi bo corazón;

 

de onde ese neniño cego

tan afouto, tan valente,

que coa súa intelixencia

axudou a tanta xente;

 

e esas irmás Carabullo

malas e ruíns a rabiar

que dan gana de collelas

e poñelas a sachar;

 

e Matilde e Celidonio

e outros tantos personaxes

que nos contan unha historia

de ilusión e de coraxe,

 

dunha lúa que non cae,

dunha torta que namora ...

E despediron o autor

de mala gana xaora.

 

Oscar García

 

 

 

 

 

 

 

Encontro co escritor eumés Antonio Manuel Fraga

     O martes 24 de marzo, dentro da programación de Departamento de Lingua e Literatura Galega, visíta o noso Instituto o escritor eumés Antonio Manuel Fraga. Será no Salón de Actos do IES Francisco Aguiar na primeira hora da tarde.

     Este enxeñeiro industrial e escritor encontrarase co, acotío bulangueiro, alumnado de 1º da ESO . Poderán satisfacer a chea de preguntas xurdidas coas súas lecturas, nomeadamente a de "O Castañeiro de Abril". 

Chegou aos nosos oídos....conferencia de Xesús Fraga

Chegou aos nosos oídos ...que Xesús Fraga,  escritor, exalumno do Aguiar e activo colaborador coa nosa biblioteca impartirá unha conferencia o vindeiro xoves 12 de marzo. Terá lugar no  Salón Azul do Liceo ás 20:30 no Ciclo que organiza o Anuario Brigantino.

O título, De Betanzos a Untia. Memoria e ficción., permite sospeitar que falará da presencia da cidade real de Betanzos na súa obra de ficción. Dado que este ano os alumnos de 2º da ESO difrutaron coa lectura de "Reo", e moi probable que se as tarefas escolares e as actividades extraescolares o permiten, acudirán a escoitar a este escritor betanceiro, ilustre exalumno do noso IES.

Venres 6 de marzo

O venres 6 de marzo os alumnos e alumnas de ESO 2º B poderán disfrutar dunha experiencia inesquecible, unha visita didáctica  á Domus, un dos interactivos museos científicos coruñeses adicado ao ser humano.

A actividade parte dende o Departamento de Lingua e Literatura Galega. Por iniciativa da profesora Pilar Zapico e coa axuda da nosa auxiliar de conversa Massiel Vera, organizouse unha "yincana" no interior do Museo que permitira ao alumnado participante disfrutar e coñecer de preto as marabillas  que se agachan nos diferentes espazos da Domus.

 

 

24 de febreiro. Yincana para celebrar o Día de Rosalía

Ao abrir o buscador de internet esta mañá,  tropezamos coa sorpresa de que na cabecera de Google (o doodle) conmemórase  o 24 de febreiro,  Día de Rosalía,  cunha imaxe que ( por suposto incorporando a marca do buscador ) recorda a Rosalía e algún dos seus versos máis coñecidos.

O IES Francisco Aguiar coa animación do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística i en colaboración co Departamento de Normalización do Concello de Betanzos , organiza unha actividade para conmemorar este día.

Trátase dunha "yincana" literaria (Sorprendidocon esta grafía está recomendada pola RAE, non a recolle a RAG) consistente nun conxunto de probas de destreza, inxenio e coñecemento sobre esta insigne escritora.

As dinámicas probas tiveron lugar no Polideportivo do Instituto nas dúas primeiras horas da mañá, e participaron nelas os grupos A e B de 1º BAC.

 

 

Homenaxe a Rosalía de Castro

Como cada ano, remata o mes de febreiro coa homenaxe que o Concello de Betanzos e a Asociación Cultural "Eira Vella" adican a Rosalía de Castro. Nesta ocasión será o venres 20 ás 19.30h. na  Aula de Cultura "Xulio Cuns".

Como outros anos,  o Instituto Francisco Aguiar, por medio do seu Equipo de Normalización de Dinamización Lingüística que dirixe o profesor Xan Munín, tamén participa nesta homenaxe.

Desta volta facémolo por doble vía. Por unha banda un grupo de alumnas de 1º BAC , Sara Parga, Icía Carro e Mar Nieves, participarán coa lectura de textos propios poñéndose na pel da homenaxeada: "se eu fose Rosalía...", "quixera ser Rosalía para...."

Por outra banda o nutrido grupo de cantantes (ejem) de 1º e 2º ESO que coordinan Mª José Pardo, Delfina Ruibal  e Óscar García interpretarán a canción composta  polo propio Óscar que leva por título "vivo en ti" ( que xa puidemos escoitar nesta web)

Distribuir contido