Charla Comunicación Emocional 3º ESO A e B

comunicacion emocional

O vindeiro martes 5 de febreiro: Charla para 3º da ESO sobre Comunicación Emocional organizada polo Concello de Betanzos dentro do Plan de Prevención de Condutas Adictivas

ESO 3º A 16:20 a 17:10

ESO 3º B 17:10 a 18:00

Os grupos C e D terán a mesma charla o vindeiro martes 12 de febreiro.

 

Concello Betanzos

Club de ciencia matemático: resumo dunhas xornadas gratamente satisfactorias

Os pasados 28 e 30 de xaneiro, un grupo de 46 alumnos/as con interese polas matemáticas participaron no obradoiro 'Métete coas Mates' do Club de Ciencia do IES Francisco Aguiar. Felicitar tanto ao profesorado pola súa implicación con este noso 1º Club de Ciencia, coma sobre todo ao alumnado que demostrou un grande interese, curiosidade e habilidade.

A primeira sesión adicouse a actividades matemático-manipulativas mediante a construcción dun calendario en forma de dodecaedro personalizado, coma non pode ser doutro xeito, co logo do 800 aniversario de Betanzos e o logo do instituto. Se alguén o desexa pode descargalo aquí.

Tamén se construiu un caleidociclo hexagonal conmemorativo con catro imaxes: o logo do instituto, o logo de Betanzos 800 anos, un recordatorio do noso 1º club de ciencia e unha imaxe da forma orixinal do templete do estanque do retiro do parque do pasatempo, cedida esta última amablemente polos responsables da revista Casa dos Espellos. Podédelo descargar na presentación explicativa enlazada neste mesmo parágrafo.

A maiores, deseñáronse reloxos matemáticos que se instalarán nalgunhas aulas para dar a hora de forma orixinal.

A segunda sesión consistiu nunha exitosa e divertida ' Xincana matemática' onde o alumnado realizou unha competición matemática por equipos.

A todos os participantes, gracias. Vémonos na próxima.

Álbum: Club ciencia 2018-2019 -> Club Ciencia Xaneiro 'Métete coas Mates'

Encontro musical 2019 organizado por ASOMÚSICA para alumnado de LPM de 1º BAC

30/04/2019 08:45
Etc/GMT+1

Encontro organizado por Asomúsica,asociación de profesores de música de secundarie e bacharelato de Galicia, o alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato asistirá ao Auditorio Abanca de Santiago de Compostela para, da mán da súa profesora Blanca Bello Sobral, interpretar algunha das pezas que preparan nas clases.

Convocatoria pais/nais/titores/titoras do futuro alumnado de 4º ESO curso 2019/2020 a unha reunión explicativa da 'Viaxe a Londres 2019'

Convócase aos pais/nais/titores/titoras do alumnado que cursará 4º de ESO no vindeiro curso 2019/2020, a unha reunión informativa o vindeiro xoves 7 de febreiro de 18:00 a 18:30 no salón de actos do IES Francisco Aguiar para falar da organización dunha 'Viaxe a Londres 2019'.

londres 2019

Charla sobre transplantes para 1º de Bacharelato

 

transplantes

O vindeiro venres 1 de febreiro terá lugar unha charla sobre transplantes para alumnado de 1º de Bacharelato de 12:35 á 14:15 impartida por Alejandro Montero Salinas enfermero e coordinador de transplantes en el SERGAS.

Organizada por Beatriz García Pazos do departamento de Filosofía.

Convocatoria pais/nais/titores/titoras do alumnado participante na viaxe a Asturias 2019

Convócase aos pais/nais/titores/titoras do alumnado participante na viaxe a Asturias  2019 a unha reunión informativa o vindeiro martes 5 de febreiro de 18:00 a 18:30 no salón de actos do IES Francisco Aguiar.

reunión viaxe Asturias

Primeiro encontro do proxecto interxeracional co Centro de maiores de Afundación: 'Fálame da escola' para 1ºBAC D

O vindeiro xoves 31 de xaneiro, continuamos cos sempre enriquecedores encontros cos maiores do centro de Betanzos do espazo +60 de Afundación . Desta volta, compartirán as súas experiencias na escola co alumnado de 1º de Bacharelato.

Grupo Día Horario
1ºBAC D xoves 31 de xaneiro de 9:35 a 11:15
1º BAC E/C venres 8 de febreiro de 11:45 a 13:25

A súa foi, sen dúbida, unha escola moi distinta á nosa, na que non había canóns, wifi ou ordenadores, pero que tiña en común cas novas xeracións a curiosidade e ganas de aprender.

Organizado por Julián Ferrer do Departamento de Xeografía e Historia.

falame da escola

 

 

Charla Comunicación Emocional 4º ESO D

comunicacion emocional

O vindeiro xoves 31 de xaneiro.

Charla para 4º da ESO sobre Comunicación Emocional organizada polo Concello de Betanzos dentro do Plan de Prevención de Condutas Adictivas

ESO 4º D 10:40 a 11:30

 

Concello Betanzos

Obradoiro para a Prevención de Drogodependencias en 4ºESO

prevención cannabis

O vindeiro xoves 31 de xaneiro comezan as charlas para 4º da ESO sobre Prevención de Drogodependencias: prevención do consumo de cocaína organizada polo Concello de Betanzos dentro do Plan de Prevención de Condutas Adictivas

Xoves 31 de xaneiro

ESO 4º A 11:30 a 12:20

ESO 4º B 12:35 a 13:25

Xoves 7 febreiro

ESO 4º C 10:40 a 11:30

ESO 4º B 11:30 a 12:20

Concello Betanzos

HORA DE LER

HORA DE LER

16ª SEMANA [4ª SESIÓN]

 

Ás veces tamén neva no noso corazón.
Folerpas que caen ao compás das palabras de Julio Cortázar e Manuel Núñez Singala.
 
Ilustración: Paolo Domeniconi
Distribuir contido