Sesión fotográfica para as Orlas de 2º BAC e Ciclo Superior

O xoves 28 de febreiro dende as 9:30 da mañá ca seguinte distribución horaria aproximada sería:

foto orlas

Grupo Horario previsto

2ºBAC E

de 9:35 a 10:25

2ºBAC C

2ºCS

de 10:25 a 11:15
2ºBAC A de 11:45 a 12:35
2ºBAC D
de 12:35 a 13:25
2ºBAC B
de 13:25 a 14:15

 

En función do ritmo ao sacar as fotografías poderíase adiantar algunha das sesións para rematar antes.

 

 

 

 

 

 

 

Club de ciencia febreiro 'A maxia da Química' imaxes 1ª sesión e convocatoria da 2ª

Aproveitando que o vindeiro xoves 28 de febreiro teremos a 2ª reunión do Club de Ciencia 'A maxia da química', compartimos convosco algunhas instantáneas do que fixemos na 1ª sesión. Gracias ao alumnado con vocación científica que nos está verdaderamente a sorprender ca súa fidelidade, interese e participación.

Preme na imaxe para ver as fotografías ou accede á galería fotográfica do centro e explora os álbumes do Club de Ciencia.

Álbum: Club ciencia 2018-2019 -> Club Ciencia Febreiro 'A maxia da química'

Iniciación ao Golf en Paderne para 3ºC e 3º D

Golf paderne

 

Organizado por José Permuy do departamento de Educación Física.

Mércores 27 de febreiro

ESO 3º C de 12:05 a 13:25 aprox.
Xoves 28 de febreiro ESO 3º D de 09:15 a 10:40 aprox.

 

En caso de mal tempo, se realizará a vindeira semana.

Obradoiro para a Prevención de Drogodependencias para 3º de ESO C e D

Martes 26 de febreiro

prevención cannabis

Charla para 3º da ESO sobre a Prevención de Drogodependencias: prevención do consumo de drogas de síntese organizada polo Concello de Betanzos dentro do Plan de Prevención de Condutas Adictivas

ESO 3º D 16:20 a 15:10

ESO 3º C 17:10 a 18:00

Concello Betanzos

Entrega premios Xincana matemática do Club de Ciencia Xaneiro 'Métete coas Mates'

Parabéns a todo o alumnado participante na xincana e os equipos gañadores.

gañadores xincana matemática

Obradoiro Di K Non. Prevención do consumo de drogas. Segunda sesión 2019

di k non

Martes 26 de febreiro

Di K Non. Prevención do consumo de drogas
Di K Non é unha experiencia educativa na que internos da UTE (Unidade Terapéutica Educativa) do Centro Penitenciario de Teixeiro na que comparten as súas experiencias con escolares galegos co fin de previrlles sobre o consumo de drogas.

Esta iniciativa, posta en marcha pola Fundación Barrié e a Unidade Terapéutica Educativa (UTE) de Teixeiro, é unha experiencia pionera en educación que foi premiada no 2018 pola Fundación Galega contra ou Narcotráfico polo seu labor de prevención de drogodependencias entre os adolescentes galegos e o alto valor terapéutico educativo dos espazos libres de drogas dos centros penitenciarios, facilitando a reintegración social dos internos.

A segunda parte desenvólvese no Centro Penitenciario de Teixeiro, no módulo onde se atopa situada a Unidade Terapéutica e consta de:
- Lectura dunha carta presuntamente escrita por un familiar para poñerse no lugar dos internos no momento do seu ingreso en prisión;
- Realización de grupos de traballo, conxuntamente con internos da Unidade, onde se expoñen as razóns que poden conducir ao comezo do consumo e as súas consecuencias;
- Posta en común das conclusións extraídas en cada grupo.

 

Cumprindo xa o aforo máximo ofertado pola actividade, só poden realizar esta visita os grupos de ESO 4ºB e 4ºD.

Todos os participantes deberan asinar xunto coas súas familias a autorización para poder visitar o cárcere de Teixeiro. Asimesmo, o día da visita deberán portar o seu DNI e non levar móviles ou prendas con metais que non superen o arco de seguridade.

A saída será do IES Francisco Aguiar ás 9:15  e voltaremos sobre as 14:00.

 

 

Xincana literaria para o alumnado de 1ºA e B da ESO

Xandobela

O martes 26 de febreiro, celebrando aínda que seña algo tarde o día de Rosalía. Organizada polos Departamentos de Normalización Lingüística e Lingua Galega e Literatura a través do Concello de Betanzos.

A actividade desenvolverase no Ximnasio de 9:35 á 10:40 aproximadamente e virá da man do grupo de educación e dinamización sociocultural Xandobela.

Concello de Betanzos

 

 

Admisión de alumnado en ESO e Bacharelato

admision alumnadoPRAZO:
Do 01 ao 20 de marzo.

Nos ficheiros adxuntos a esta entrada atoparán tanto a información sobre a admisión de alumnado coma o impreso de solicitude de admisión.

Tamén podedes consultar a información premendo en ler máis.

Enquisa sobre convivencia escolar para toda a comunidade educativa.

Convivencia escolar

Dende a Consellería nos envían unha enquisa para avaliar a convivencia escolar no centro. Todos os convocados a realizar esta enquisa recibirán un código persoalizado para o seu acceso. Os enlaces para poder cubrir as enquisas son:

Alumnado https://edu.xunta.es/convobrig

familias: http://edu.xunta.es/convfamil

profesorado: https://edu.xunta.es/convdoce

alumnado de ensinanzas postobligatorias (BAC e Ciclos): https://edu.xunta.es/convpost

O alumnado de ESO realizará a enquisa nas aulas de informática do centro dentro do horario escolar.

Data límite 17 de marzo

Distribuir contido