Exposición dos grabados feitos polo alumnado de 1º da ESO na fundación CIEC

Os pasados 18 e 19 de decembro, o alumnado de 1º da ESO asistiu á fundación CIEC para a realización duns obradoiros de grabado da man de Marta Penalonga Chao, a súa profesora de Educación Plástica e Visual. Agradecer aos profesionais da fundación CIEC toda a súa atención para facer désta unha grata experiencia que nos fixo sentir coma na casa. Descobrimos tamén que para moitos/as dos nosos alumnos/as dábase continuidade a outros obradoiros similares desenvoltos na súa etapa no Vales Villamarín. Foi moi agradable ver coma os monitores se lembraban e valoraban que os alumnos/as xa reflexaban unha evolución á hora de enfrentarse á técnica de grabado á punta seca.

Efectivamente, como poderedes constatar a través das fotografías desta entrada, non podemos menos que felicitar a todos/as artistas e a Marta Penalonga profesora de Educación Plástica e Visual polo seu traballo. Parabéns artistas!

Preme na fotografía e navega cas frechas. Tamén podes atopar o álbum na galería fotográfica do centro.

Álbum: Departamento de Plástica e Visual 2018-2019 -> Obradoiros grabado na CIEC

Continuación da reforma artística das portas do Aguiar

Todos os que estudaron no edificio principal do 'Aguiar' lembran a rechamante cor das portas laranxas do instituto. De feito, adoitan a preguntar acerca de se continúan mantendo esa cor.

“Estamos no ano 2019. Todo o 'Aguiar' segue ocupado polas portas laranxas… ¿Todo? ¡Non! Un Departamento de Educación Plástica e Visual poboado por irreductibles creadores plantea resistencia ....”

Sentímonos orgullosos de ensinarvos a continuación da iniciativa "pintaportas" promovida por Xosé Manuel Rey Bao. Nesta derradeira xornada antes de Nadal realizouse a intervención sobre as portas dos servicios do alumnado do 1º andar do edificio principal. A carón dos Laboratorios de Bioloxía e Xeoloxía levan as imaxes de Jane Goodall e Charles Darwin.

pintaportas bioxeo

Lembramos aquí os antecedentes que puxeron a Marie Curie e a Einstein noutras portas do 'Aguiar'.

Parabéns a todos os artistas participantes neste proxecto e grazas polo voso traballo na mellora do noso día a día no centro. 

Agardamos continuar informando de vindeiras iniciativas.

Entrega de xaneiro no concurso "Betanzos 800 detalles"

Segunda entrega do concurso convocado polo Concello de Betanzos, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto (ACEBE-CCA) e o I.E.S. Francisco Aguiar 

Betanzos detalles de 800 anos

Pregunta nº 2

A fotografía 10 forma parte dunha fonte inspirada nunha escultura francesa e inaugurada o 17 de novembro de 1867. A traída de augas foi proxectada polo enxeñeiro Pedro Vilar.
Onde está o manancial do que procede a auga?

 

Preme na imaxe (e navega cas frechas) para poder visonar as fotos do reto deste mes a resolución media.

Lembra que podes descargar o díptico de participación premendo aquí ou na imaxe do poster do concurso. Asimesmo podes acceder ao albúm do concurso con todas as entregas clicando aquí ou o álbum deste mes en particular para visualizar as imaxes (clica logo nelas) á máxima resolución aquí.

Álbum: Concurso 800 detalles 2018-2019 -> 2- Xaneiro 2019

HORA DE LER 13ª SEMANA [1ª SESIÓN]

 
 
 
HORA DE LER

13ª SEMANA [1ª SESIÓN]
 
Nesta primeira sesión do ano 2019, eleximos lecturas transparentes: poemas de Carlos Negro e un relato de Juan José Millás.
 
Ilustración: René Magritte
 
 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NESTAS VACACIÓNS DE NADAL

 HORARIO DE APERTURA DA SECRETARÍA DO IES NESTAS VACACIÓNS DE NADAL

 

 

26-27 de decembro de 2018

 

2-3 de xaneiro de 2019

 

10-12 horas

 

Para calquera urxencia, envíen un correo á nosa conta:

 

ies.francisco.aguiar@edu.xunta.es

 

 

Derradeira xornada antes de Nadal 2018

Compartimos convosco algunha instantánea do que foi a derradeira xornada do trimestre no instituto. Torneo de xadrez de nadal, competicións deportivas, bailes co "just dance", "pintaportas" e festival de nadal foron as diferentes opcións festivas para o noso alumnado.

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Nadal 2018

Testemuñas gráficas do obradoiro de luces de nadal do club de ciencia

Á espera de completar o álbum con máis fotografías, ofrecémosvos éstas que proban a existencia dunha boa canteira científica e artística no Aguiar.

Para moitos/as dos asistentes esta foi a primeira vez que facían un circuito eléctrico con leds e plastilina,  programaban unha parte dun robot (nesta ocasión as luces) ou empregaban a placa controladora de Arduino.

Dende a opinión dos/as profesores do club, a experiencia foi moito máis que satisfactoria.

Agardámosvos a todos/as nas vindeiras reunións do clube de ciencia que abrirán a súa inscripción á volta das vacacións.

Desfrutade das festas!!!

Preme na fotografía e navega cas frechas. Tamén podes atopar o álbum na galería fotográfica do centro.

Álbum: Club ciencia 2018-2019 -> Club ciencia Decembro Luces Nadal

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

14/01/2018 18:00
Etc/GMT+1

FRED VARGAS, Cuando sale la reclusa, Siruela, Madrid, 2018, 408 páxinas.

Por causa de forma maior, suspéndese o encontro con Arantza Portabales, previsto para o xoves 20 de decembro. A nova data é a seguinte:

Luns 14 de xaneiro de 2019

19 horas

Tamén podemos xa facer pública a data do encontro e o título da próxima lectura:


ENCONTRO DO CLUB DE LECTURA SOBRE CUANDO SALE LA RECLUSA

Luns 4 de febreiro de 2019

19 horas

Libraría Biblos

Obradoiro de luces de nadal. Club de Ciencia Aguiar

19/12/2018 15:20
Etc/GMT+1

 

obradoiro ciencia nadal

Os vindeiros 19 e 20 de decembro, en turnos xa repartidos para unha mellor atención e organización, terán lugar unhas novas reunións do Clube de Ciencia do IES Francisco Aguiar en horario de 16:20 a 18:00.

Desta volta xogaremos con luces, dado que está próximo o nadal. Organizaránse distintos obradoiros pensando en atender aos diferentes niveis educativos e necesidades do noso alumnado. Circuitos con plastilina, programación do anel de LED dos robots Mbotranger e tiras de LED WS2812b controladas por Arduino. Non digades que non é un bó plan!!

Presentación Circuitos con Plastilina

Presentación Anel LED MbotRanger

Presentación Tiras LED WS2812b

Exemplos código Arduino WS2812b

Cartafol con códigos exemplo

Gañadores/as do Christmas Cards Contest 2018

Comprácenos anunciar os galardoados/as polo seu bó facer e a súa creatividade no Christmas Cards Contest 2018. A  gañadora do concurso é Alba Roca Maceira por unha traballadísima postal cun árbore de nadal. O alumno Etienne Sánchez Porta leva unha mención especial pola estética do seu sinxelo Papá Noel, e L. Valentina Rufino Amor outra mención especial pola simpática mensaxe da súa postal. A eles e a todos os/as participantes gracias por contaxiarnos do seu espírito festivo e por axudar a decorar o centro nestas anheladas (polas vacacións entre outras cousas) datas.

 Preme na fotografía e navega cas frechas. Tamén podes atopar o álbum na galería fotográfica do centro.

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Gañadores Christmas cards 2018
Distribuir contido