Skip to Content

RadioClic!

As lendas en RadioClic!

O alumnado de agrupamento de ESO 1ºB e C ilustrou algunhas das lendas recollidas en Galicia Encantada: mitos, contos e lendas galegas. Parabéns a Antonio Reigosa, coordinador de contidos, polo vixésimo aniversario do sitio web!

 

O equipo de RadioClic! despídese por este curso

O equipo de RadioClic! deséxalle a todo o mundo un verán feliz. Na foto non están todos os membros do equipo, pero os que non están únense aos bos desexos!

RadioClic! ten un sitio web propio

No sitio web de RadioClic! pódense seguir todos os pasos dados para desenvolver os proxectos da radio da biblioteca durante este curso académico 2023-2024, incluída a proposta final.
Durante este curso académico 2023-2024, participaron en RadioClic! os departamentos de Alemán, Artes plásticas, Castelán, Economía, Educación física, Filosofía, FOL, Francés, Galego, Imaxe e son, Informática, Inglés, Música, Relixión católica, Tecnoloxía e Xeografía e historia, así como o 42,2% do alumnado do instituto.
Grazas e parabéns ao alumnado, ao auxiliar de conversa, Paul, e mais ao profesorado participante!

RadioClic! na canle de YouTube da biblioteca

RadioClic!, o programa de entretemento bilingüe galego-francés, está presente cunha lista de reprodución na canle de YouTube da biblioteca.
Durante este curso académico 2023-2024, participaron en RadioClic! os departamentos de Alemán, Artes plásticas, Castelán, Economía, Educación física, Filosofía, FOL, Francés, Galego, Imaxe e son, Informática, Inglés, Música, Relixión católica, Tecnoloxía e Xeografía e historia, así como o 42,2% do alumnado do instituto.
Grazas e parabéns ao alumnado, ao auxiliar de conversa, Paul, e mais ao profesorado participante!

 

Pasos do proxecto: 4.6. Radio Londres – Appel de Charles de Gaulle

O primeiro chamamento que fixo Charles de Gaulle a través de Radio Londres para pedirlle ao pobo francés que resistise e se opuxese ás forzas nazis. Vídeo realizado polo alumnado de 2º de bac e o Departamento de Francés para a Matinée Théâtrale.

 

PROXECTO 4 - Radio Londres - Appel de Charles de Gaulle de María José Nieto Calviño

Pasos do proxecto: 4.5. News – La Rafle du Vel d’Hiv

Telexornal que conmemora a redada do Vel d'Hiv, que tivo lugar en París durante a 2ª Guerra Mundial. Vídeo realizado polo alumnado de 2º de bac e o Departamento de Francés para a Matinée Théâtrale.

 

PROXECTO 4 - NEWS - La Rafle du Vel d'Hiv de María José Nieto Calviño

Pasos do proxecto: 4.4. Lucie Aubrac e Jour J

Momento en que a Resistencia recibe a mensaxe codificada das forzas aliadas avisando da súa saída cara a Normandía para levar a cabo o desembarco. Vídeo realizado polo alumnado de 2º de bac e o Departamento de Francés para a Matinée Théâtrale.

 

PROXECTO 4 - Lucie Aubrac & Jour J de María José Nieto Calviño

Pasos do proxecto: 4.3. Museo da Revolución

Entrevistas para o Museo da Revolución. Vídeo realizado polo alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de CM VDJ, e polos departamentos de FOL e Imaxe e son.

 

PROXECTO 4 - Museo da Revolución de María José Nieto Calviño

Pasos do proxecto: 4.2. Colossus

Presentación dixital do alumnado de 1º da FP Básica sobre a máquina de Turing, o Colossus e o código Enigma como precursores das primeiras computadoras e da criptoanálise. Vídeo realizado polo Departamento de Informática.

 

PROXECTO 4 - Colossus de María José Nieto Calviño

Pasos do proxecto: 4.1. Histoire de…

Creación dos contidos dun programa de entretemento galego-francófono centrado en tres épocas da historia de Francia: a Revolución Francesa, a 1ª Guerra Mundial e a 2ª Guerra Mundial. Vídeo realizado polos departamentos de Alemán, Artes Plásticas, Castelán, Economía, Educación física, Informática, Filosofía, FOL, Francés, Galego, Imaxe e son, Inglés, Música, Relixión católica, Tecnoloxía e Xeografía e historia.

 

PROXECTO 4 - Histoire de... de María José Nieto Calviño

Distribuir contido


by Dr. Radut