RadioClic!, o programa de entretemento bilingüe galego-francés, está presente cunha lista de reprodución na canle de YouTube da biblioteca.
Durante este curso académico 2023-2024, participaron en RadioClic! os departamentos de Alemán, Artes plásticas, Castelán, Economía, Educación física, Filosofía, FOL, Francés, Galego, Imaxe e son, Informática, Inglés, Música, Relixión católica, Tecnoloxía e Xeografía e historia, así como o 42,2% do alumnado do instituto.
Grazas e parabéns ao alumnado, ao auxiliar de conversa, Paul, e mais ao profesorado participante!