Este curso, o instituto sumouse á iniciativa da Consellaría de Educación de lles dar ás familias a oportunidade de participaren na actividade lectora da biblioteca. Deste xeito, o instituto pode contribuír a crear un ambiente lector nas familias grazas á complicidade de nais e pais, que actúan como mediadores e dinamizadores da lectura e fan así unha achega importante á mellora da calidade do ensino. O profesor Roberto R. Carballada elaborou un vídeo explicativo.
O vídeo pode verse na galería "Lectura e familias".