Skip to Content

Fondo libros

Entrega ao alumnado dos libros de texto do Fondo Solidadrio 2024-2025

 

O alumnado beneficiario de libros de texto correspondentes ao fondo solidadrio para o curso que comeza deberá presentarse neste centro educativo nas datas e horas que a continuación se relacionan, para proceder á retirada dos libros adxudicados:

DÍA 5 DE SETEMBRO - AULA DE DEBUXO

1º ESO ás 09:30 h

2º ESO ás 11:00 h

 

DÍA 6 DE SETEMBRO - AULA DE DEBUXO

3º ESO ás 09:30 h

4º ESO ás 11:00 h

 

Instrucións para a devolución dos libros do Fondo Solidario 2023-2024

 

O alumnado que ten en préstamo libros do fondo solidario do centro neste curso 2023-2024 deberá devolvelos o venres 21 de xuño  en horario de mañá, na Aula de Plástica (ó lado da Biblioteca Escolar), segundo o horario que se detalla:

 

VENRES 21 DE XUÑO:

1º ESO: de 09:00 h a 09:30 h

2º ESO: de 09:30 h a 10:00 h

3º ESO: de 10:30 h a 11:00 h

4º ESO: de 11:00 h a 11:30 h

 

IMPORTANTE:

Segundo a normativa vixente, a NON DEVOLUCIÓN dalgún libro do Fondo IMPOSIBILITA a participación no préstamo de libros do fondo solidario para o curso 2024-2025.

Prazos Fondo Libros 2024/2025

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar - Curso 2024/2025


 Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos

Texto da convocatoria: ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

Procedemento administrativo: ED330B


 Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica.

IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

  • Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo.
  • Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

Distribuir contido


by Dr. Radut