Skip to Content

Galería

Un ano da biblioteca en imaxes

Aquí temos un par de fotos –e un vídeo moi especial que nos enviou Yolanda Castaño– que ilustran a actividade da biblioteca durante o curso académico 2023-2024: Galería "O curso 2023-2024 en imaxes"



Exposición sobre as mulleres na shoah

Con ocasión do Día Internacional da Lembranza do Holocausto, que se celebra o 27 de xaneiro, o alumnado de Alemán preparou unha pequena exposición centrada no papel da muller na shoah, baixo a dirección das profesoras Sagrario Torrado, membro do equipo da biblioteca, e Susana da Conceição.

 

O alumnado de ESO 1º na biblioteca Ánxel Casal

O 10 de xaneiro de 2024, o alumnado de ESO 1ºA visitou a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, onde fixo unha visita guiada e aprendeu a atopar os libros, a pedilos prestados e a devolvelos. Os grupos de ESO 1ºB e C farán esta mesma visita nos meses de febreiro e marzo.

O alumnado de ESO 1º na libraría Couceiro

O 13 de decembro de 2023, o alumnado de ESO 1ºA visitou a libraría Couceiro, onde coñeceu a historia e a organización da libraría e asistiu a un obradoiro sobre encadernación. Os grupos de ESO 1ºB e C farán esta mesma visita no mes de xaneiro de 2024.

O alumnado de ESO 1º nunha exposición sobre pop art

O 13 de decembro de 2023, o alumnado de ESO 1ºA visitou unha exposición sobre pop art en Afundación. Os grupos de ESO 1ºB e C farán esta mesma visita no mes de xaneiro de 2024.

Distribuir contido


by Dr. Radut