Skip to Content

Francés

1944-2024: 80ème anniversaire du débarquement en Normandie

O 6 de xuño de 1944, centos de miles de soldados, de quince nacionalidades distintas, desembarcaron nas praias normandas para liberar Francia e Europa do xugo nazi. Hoxe celebrase o 80 aniversario deste acontecemento que constituíu o eido da Matinée, unha actividade teatral organizada polo departamento de Francés e que tivo lugar o 16 de maio no salón de actos do instituto. 

Convidouse a todo o alumnado de francés do noso centro a participar neste actividade: algúns encarnaron personaxes tan emblemáticos como A. Camus, M. Casarés o R. Char; outros optaron pola interpretación dos textos de Vercors, G. Tillion e de R. Char ou pola reinterpretación dunha fotografía de Cartier Bresson; outros decantáronse polo xénero informativo e por último, algúns regaláronnos cunha canción integramente creada por eles.

Todo un espectáculo para o cal contamos coa colaboración, este curso, dos departamentos de alemán, castelán, educación física, galego, historia, imaxe e son, inglés, música e co auxiliar de conversa, Paul. 

Aquí abaixo, unha mostra da actividade:

La matinée_2024 de XLMRZFLE

La matinée na súa versión longa ... e con son

Radio Clic

Dende este curso escolar, a biblioteca ten unha nova liña de traballo: a Radio na biblio, na que estivo integrada a Matinée Théatrale e na que participou o alumnado de francés do IES Xelmírez I, como podedes ver clicando nas distintas ligazons de abaixo: 

1. RadioClic! 
2. Canción 
3. Videoclip 
4. Histoire de... 
5. Lucie Aubrac e Jour J
6. News – La Rafle du Vel d’Hiv
7. Radio Londres – Appel de Charles de Gaulle

 

La matinée : J - 7

Quedan 7 días para a nosa xornada teatral para a cal contamos coa colaboración dos departamentos de lingua castelá, lingua galega, linguas estranxeiras (inglés e alemán), música e o departamento de imaxe e son. 

Eu, xa teño o miña entrada!  

Ticket_matinée_2024 de XLMRZFLE

La matinée 2024

Co motivo do  80 aniversario do desembarco en Normandía, o departamento de francés elaborou unha  xornada na que o alumnado de francés percorre os acontecementos que asolaron Francia e reinterpreta algunhas figuras e/ou obras da cultura francesa por medio das súas creacións dramáticas, musicais e audiovisuais

Affiche_La matinée_2024 de XLMRZFLE

O Francés no IES Arcebispo Xelmírez I

Día de encontro

O departamento de francés do IES Xelmírez I organizou o pasado 21 de marzo un Día de encontro co alumnado do Lycée Saint-François d’Assise de Savenay sur Loire. Isto é un instituto de nova creación que tivemos a oportunidade de coñecer da man dos seus propios alumnos que tiñan preparado un vídeo do seu centro.

O noso alumnado de francés de 4º da ESO ata 2º de BAC acolleu así os seus pares franceses durante a media mañá do xoves, durante a cal asistiron a clases, intercambiaron o seu enxeño para resolver adiviñanzas, compartiron as súas habilidades musicais ou dramáticas, contando bromas nas dúas linguas, e incluso puideron despedirse do segundo trimestre cunha sesión de vídeo-DJ organizada polo equipo de Imaxe e Son do noso centro.

Día de encontro_web_2024 de XLMRZFLE

Atelier crêpes La Marinière

O pasado 20 de marzo, o noso alumnado de francés de 1º da ESO ata 3º da ESO puido comprobar que tódolos meses do ano valen para gozar dunha boa crêpe bretoa e aínda máis se as realizan eles mesmos.

Ademais de entrar na cociña do foodtruck La Marinière, coa axuda de Jérémy, o noso alumnado puxo en práctica os seus coñecementos para pedir esta delicia bretoa: toda unha actividade na que conflúen os praceres da lingua ! 

Atelier_crêpes_web_2024 de XLMRZFLE

Máis fotos aquí

Sport et science, l'union fait la force.

Este ano está sen dúbida marcado pola celebración dos Xogos Olímpicos na cidade de París e, para celebrar este evento, o pasado 6 e 7 de marzo, o noso alumnado de francés de 2º da ESO visitou a exposición “Deporte e ciencia, a unidade é a forza” nas instalacións da Alianza Francesa, e descubriu o papel da ciencia nas prácticas deportivas.

Ademais de descubrir os carteis que adornaran os muros da estación de Montparnasse-Bienvenue (Paris) durante dous meses, o noso alumnado practicou os seus coñecementos da lingua e ampliounos grazas a actividade pedagóxica elaborada polo equipo da Alianza Francesa.

Sport et science_Alliance_2024 de XLMRZFLE

Distribuir contido


by Dr. Radut