Skip to Content

RadioClic!

Pasos do proxecto: 3.1. Canción

Creación dunha canción sobre o desembarco de Normandía que envía una mensaxe de esperanza, paz e unión. Vídeo realizado polo alumnado de 2º e 4º da ESO 1º de CM VDJ, e polos departamentos de Alemán, Castelán, Educación física, Francés, Galego, Imaxe e son, Inglés e Música.

 

PROXECTO 3 - Canción & Videoclip de María José Nieto Calviño

Pasos do proxecto: 2. Luísa Villalta

Homenaxe a una muller que marcou a nosa cultura. Vídeo realizado polo alumnado de 3º da ESO, 2º de bac e 1º de CM MODULAR, e polo Departamento de Imaxe e son.

 

PROXECTO 2 - Luísa Villalta de María José Nieto Calviño

Pasos do proxecto: 1. RadioClic!

Creación dunha emisora con nome, lema, logo e jingle propios. Vídeo realizado polo alumnado de 2º de bac, 1º de CM VDJ e 2º de CM VDJ, e polos departamentos de Artes plásticas, FOL, Francés e Imaxe e son.

 

PROXECTO 1 - RadioClic! de María José Nieto Calviño

RadioClic! - Histoire de...

Dende este curso escolar, a biblioteca ten una nova liña de traballo: a Radio na biblio. De feito, o alumnado de 4º da ESO que asiste a clases de Alemán e Francés puido realizar actividades introdutorias á proposta deste ano, visitando o campo de concentración de Dachau (Baviera) e o Museo da Resistencia e da Deportación de Besançon.
Por outra banda, ao longo do curso tiveron lugar algunhas actividades que se expuxeron na entrada e na fachada do instituto, como a exposición sobre as Mulleres na shoah, as cartas de soldados franceses na 1º Guerra Mundial ou o cartel feito en homenaxe a Luísa Villalta e os podcasts sobre a súa figura, con que o instituto gañou dous premios.
Finalmente, a maioría do alumnado da ESO e do bacharelato gozou da Matinée Théâtrale do Departamento de Francés, onde se tratou en profundidade o tema do proxecto da Radio na biblio e onde se interpretaron obras de realización propia, obras coñecidas e una canción de creación propia, realizada conxuntamente polo alumnado de 2º e 4º da ESO e 1º CM VDJ, guiado polos departamentos de Alemán, Castelán, Educación física, Francés, Galego, Imaxe e son, Inglés e Música.
Cómpre sinalar que a Matinée, xunto coa sección bilingüe de Historia, dada en francés, foron as que determinaron o tema da Radio na biblio deste ano. Algúns dos traballos realizados para a Matinée e a maioría dos que se levaron a cabo na sección bilingüe están incluídos na nosa proposta, que se compón de catro proxectos conectados entre si (os tres primeiros acaban integrados no último).
Estiveron implicados dous de cada tres departamentos, así como 42,2% do alumnado, incluídos os programas para adultos, de FP básica e ciclos medios ordinarios e modulares.

Pasos do proxecto:
1. RadioClic!
2. Luísa Villalta
3.1. Canción
3.2. Videoclip
4.1. Histoire de...
4.2. Colossus
4.3. Museo da Revolución
4.4. Lucie Aubrac e Jour J
4.5. News – La Rafle du Vel d’Hiv
4.6. Radio Londres – Appel de Charles de Gaulle

 

WEB - Centro de María José Nieto Calviño

Podcasts: 'El Correo Gallego' salienta o bo traballo do alumnado

Despois de que o instituto recibise dous premios no VI Concurso de Podcasts - Radio na biblio, Antía Suárez entrevista en El Correo Gallego a profesora Nuria Quintas, quen, xunto á profesora María José Nieto, coordinou o alumnado que levou a cabo a elaboración dos programas de RadioClic! sobre Luísa Villalta.

 

 

RadioClic! gaña dous premios

RadioClic!, o podcast da biblioteca do instituto, acaba de gañar dous dos oito premios do VI Concurso de Podcasts - Radio na biblio que organiza a consellaría en colaboración coa Radio Galega. Concretamente, RadioClic! logrou os premios nas modalidades de alumnado dos cursos 3º e 4º da ESO e mais de alumnado do bacharelato, con dous programas sobre Luísa Villalta que podemos escoitar facendo clic nos arquivos anexos (onde tamén atopamos outro podcast presentado) ou nas seguintes ligazóns a AGalega: podcast do alumnado de 3º e 4º da ESO e podcast do alumnado do bacharelato.

Este éxito acadado polo instituto débese ao traballo de moitas alumnas e alumnos –sobre todo do ciclo Video-DJ e son (modular)– e tamén ao labor de coordinación do profesorado, nomeadamente das profesoras María José Nieto e Nuria Quintas.

(Os podcasts teñen unha licenza CC BY-NC-SA.)

 

RadioClic!, as novas ondas do instituto

O 9 de xaneiro de 2024, a maioría do alumnado de ESO 2º e 4º, así como de bac 2º, asistiu a unha actividade de formación impartida por Xavier Ramos Vieiro, profesor de Imaxe e son, e mais o seu alumnado, dentro dun novo programa de innovación en que participa o instituto: Radio na biblio. Aquí temos un vídeo feito pola profesora María José Nieto Calviño:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut