Skip to Content

RadioClic! gaña dous premios

RadioClic!, o podcast da biblioteca do instituto, acaba de gañar dous dos oito premios do VI Concurso de Podcasts - Radio na biblio que organiza a consellaría en colaboración coa Radio Galega. Concretamente, RadioClic! logrou os premios nas modalidades de alumnado dos cursos 3º e 4º da ESO e mais de alumnado do bacharelato, con dous programas sobre Luísa Villalta que podemos escoitar facendo clic nos arquivos anexos (onde tamén atopamos outro podcast presentado) ou nas seguintes ligazóns a AGalega: podcast do alumnado de 3º e 4º da ESO e podcast do alumnado do bacharelato.

Este éxito acadado polo instituto débese ao traballo de moitas alumnas e alumnos –sobre todo do ciclo Video-DJ e son (modular)– e tamén ao labor de coordinación do profesorado, nomeadamente das profesoras María José Nieto e Nuria Quintas.

(Os podcasts teñen unha licenza CC BY-NC-SA.)

 

AdxuntoTamaño
RadioClic! · VI Concurso de Podcasts - Radio na biblio · Premio ESO 3º e 4º.mp34.27 MB
RadioClic! · VI Concurso de Podcasts - Radio na biblio · Premio bac.mp33.11 MB
RadioClic! · VI Concurso de Podcasts - Radio na biblio · Participación.mp34.09 MB


story | by Dr. Radut