Blogues

Visita a Edugal

O pasado venres 9 de marzo visitamos en POntevedra co alumnado de 4º ESO a feira Edugal para coñecer de primeira man a oferta de educación e formación co fin de axudalos na súa toma de decisións respecto ao seu futuro académico e profesional. Unha xornada de descubrimento no que tamén houbo tempo para a música!

 

Matrícula curso 2018/2019

Aberto prazo de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro dende o 01 ao 20 de marzo de 2017.

Modo:

Pódese facer a través dun dos seguintes:

  1. No centro. Unha única solicitude, na que se pode por ata 6 centros por orde de preferencia.
  2. Aplicación <admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado).

Documentación:

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • DNI e/ou libro de familia.
  • Certificado oficial do expediente académico, no seu caso.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso.

Formalización da matrícula:

Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño.

ESO e Bacharelato: Ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo.

                             Extraordinario: do 1 ao 10 de setembro.

Consulta:

Listados provisionais de admitidos/non admitidos: antes do 25 de abril. (Reclamación 5 días hábiles a partir do seguinte da publicación de listaxes).

Listados definitivos de admitidos/non admitidos: antes do 15 de maio.

No ficheiro adxunto poden consultar o listado de admisión.

Clases sen fume. Un compromiso nas aulas de 1º da ESO

Durante este curso 2017/18 o noso alumando de 1º da ESO participa no programa "Clases sen fume" de prevención do tabaquismo.

Despois de que o alumnado se comprometera en non fumar durante os 6 meses do programa, o paso seguinte foi a elaboración dun slogan dirixido á mocidade para que non empece a fumar.

A elaboración dos dous slogans que se presentaran a concurso (un por cada grupo de 1º da ESO) está sendo un traballo en eqipo, onde cada persoa está achegando as súas ideas, integrando unhas con outras para chegar á elaboración final. Estamos ansiosas de ver o resultado final.

 

Convocatoria para as probas de acceso a ciclos de Formación Profesional en Galicia no 2018

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO EN GALICIA 2018

 PRAZO DE INSCIRCIÓN: Entre o 12 e o 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

REQUISITOS DE INSCRICIÓN: Non cumprir os requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos, ou cumprilos durante o 2018.

 SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:

  • En soporte papel na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional

  • Vía web na seguinte aplicación:https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do que estará activa durante o prazo de inscrición.

  • O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

 A PROBA CONSTA DE TRES PARTES:

Parte sociolinguística

Organízase en tres probas:

  • Lingua castelá

  • Lingua galega

  • Ciencias sociais

Parte matemática

Organízase nunha única proba:

  • Matemáticas

Parte científico-técnica

Organízase en dúas probas:

  • Ciencias da natureza

  • Tecnoloxía

DATAS E HORARIOS DA PROBA: terán lugar o día 31 de maio de 2018 no horario que se indica a seguir:

  • Ás 9.00 horas: presentación.

  • Das 10:00 ás 13.00 horas: Parte matemática e parte sociolinguística.

  • Das 16.00 ás 18.00 horas: Parte científico-técnica

*Lembra acudir á proba co DNI e copia do impreso de inscrición que se realizou.

DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS DOS CICLOS:


GRUPO A

ESO ou equivalentes

GRUPO B

FPB e PCPI

GRUPO C

Proba de acceso/outros

Ata o 70%

Ata o 20%

Ata o 10%


QUE NOTA HAI QUE ACADAR?

Para a superación da proba hai que acadar unha cualificación mínima de 5 como nota media das tres partes.Para realizar a media hai que acadar un mínimo de catro en cada parte.

CANTAS VECES SE PODE PRESENTAR ÁS PROBAS?

Tantas veces como se desexe. Se o alumnado se presentou en convocatorias anteriores e non superou a proba pero acadou un cinco nalgunha das partes, gárdase a nota desa parte durante dous anos, polo que non se tería que examinar delas novamente.

ADAPTACIÓN DA PROBA:

Poderán solicitar a adaptación da proba as persoas diagnosticadas de trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) (ver requisitos na convocatoria)

 

ENLACES DE INTERESE:

Estreamos Blog de orientación

Este 2018 trae consigo a estrea dun blog do departamento de Orientación. O noso obxectivo é que sexa un espazo de información e comunicación para toda a comunidade educativa do CPI de Cova Terreña.

Aproveitamos a ocasión para compartir a acción que tivo lugar o pasado venres 19 de xaneiro por parte do equipo de mediación para celebrar o "Día Europeo da Medicación" que se celebra o 21 de xaneiro.

Unha árbore que crece coa lectura

A nosa biblioteca presenta este curso unha árbore que está a medrar coas lecturas do noso alumnado.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-2017

 

   Listaxe de libros de texto para o curso 2016-2017.

Reto semanal sobre refugallo

Xa que este ano temos como tema para todo o ano o Refugallo, decidimos facer tamén os Retos semanais sobre este tema.

Este ano durará 10 semanas. Empezamos o pasado 20 de febreiro e rematará o 2 de xuño.

Temos dous niveis diferentes de retos: un para o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria; e outro para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.

Ao rematar os/as gañadores/as de cada nivel recibirán como sempre un premio por participar.

Deixámosvos os retos que fixemos ata agora...

INTERCAMBIO CON PORNIC (FRANCIA)

Postais recibidas do colexio "Jean Mounès" de Pornic (Francia) en resposta as postais enviadas polo alumnado de francés de 4º ESO.

 

PREMIOS 3º TRIMESTRE O RETO

PREMIOS O RETO  3º TRIMESTRE  CURSO 2010/2011


O Pasado día 21 de xuño, ao remate do recreo, entregáronse os premios aos gañadores do 3º trimestre do reto 2010/2011, que nesta edición foron:


1º Ciclo:


1º Premio: Vera de 2º de Primaria.


2º Premio: Brais, de 2º de Primaria.


2º ciclo:


1º Premio: Daniel Puentes de 3º de Primaria.


2º Premio: Sabela, Claudia, Alba e Noemí, de 4º de Primaria.


Ahí tedes aos gañadores. Se queredes ver máis fotos da entrega de premios, clicade na imaxe.


 

RAQUEL FERNÁNDEZ, DE 4º DA ESO, RECOLLE NO PARLAMENTO DE GALICIA O SEU GALARDÓN DE ARTES PLÁSTICAS










Os preto de 900 traballos presentados ao Concurso Escolar do Parlamento galego énchennos de orgullo porque “constatamos que a Galicia do mañá será moito mellor que a de hoxe” dado que “os rapaces que dentro de nada rexerán o noso destino rebosan capacidade de traballo, inxenio e destreza como quedou demostrado nos orixinais recibidos”. Son palabras da presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, no acto de entrega dos premios do Concurso Escolar 2010-2011, organizado pola Cámara Galega.

A nosa alumna de 4º da ESO, ademais de se galardoada coma finalista do Certame, tamén foi merecedora de que o seu deseño de Cartel fose o elixido para estampar a camiseta conmemorativa da actividade do Parlamento de Galicia, o cal constitúe toda unha honra.

 Os traballos gañadores e finalistas pódense consultar en: http://concursoescolarparlamentodegalicia.blogspot.com/

 
MAXES RELACIONADAS











 

A ARTE DO GRAFFITI NO CPI COVATERREÑA

Os alumnos de Educación Plástica e Visual de 4º da ESO, realizaron, para despedir a sua estadía como estudantes no noso Centro, un bonito graffiti nunha das paredes da cancha de basket, sobre a temática da conservación do medio ambente. Agradecemos enormemente a colaboración do Concello de Baiona, que correu cos gastos dos sprays para realizalo.


Agora ¡a disfrutar do verán que se presenta por diante!.

MARIETU RAMOS E LARA DE VILLALOBOS DEBUXAN "UN MUNDO DE COR"

El Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, entregó en el Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) los nueve premios correspondientes a la primera edición del concurso Un mundo de cor. En el acto también estuvo presente el Subdirector Xeral de Inmigración e Retorno, Antonio Aguarón. El ganador de la Primera Categoría (alumnado de 1º la 3º de Primaria) fue Iván Vázquez, del Colegio Santiago Apóstol de Ponteareas; la vencedora de la Segunda Categoría (alumnado de 4º la 6º de Primaria) fue Florencia Lago, del CEIP Apóstol Santiago, de la propia capital gallega; y con el premio a la Tercera Categoría (alumnado de la ESO) se alzó Marietu Ramos.


En la Primera Categoría fueron galardonados con el segundo premio Montserrat Buján, del CEIP Ramón Cabanillas de Santiago, y con el tercero Catuxa García, del CEIP A Ramallosa de Teo. En la Segunda Categoría, obtuvo el segundo premio Andrea Cuevas, del Colegio Santiago Apóstol de Ponteareas, y el tercero Xiana Vilar, del CPI de la Cruz de Nigrán. Y, finalmente, en la Tercera Categoría llevó el segundo galardón Lara de Villalobos, del CPI Covaterreña de Baiona, y el tercero recayó en María Jardón, del IES Otero Pedrayo, de Ourense.

Un mundo de cor es una iniciativa de la Subdirección Xeral da Inmigración e o Retorno (de la Secretaría Xeral da Emigración) en la que participó la Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado (de la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria). El objetivo era que el alumnado de Educación Primaria y Secundaria Obligatoria de los centros públicos, privados o concertados de Galicia expresara su visión sobre la riqueza de la diversidad sociocultural presente en nuestra sociedad

PREMIOS DE ARTES PLÁSTICAS ACADADOS POLOS ALUMN@S DO CPI COVATERREÑA

A piques de rematar este curso 2010/11, os alumn@s de Educación Plástica e Visual da ESO poden estar moi orgullosos de sumar a seguinte relación de premios nos Certames de Debuxo e Pintura nos que participaron cos traballos elaborados en dita materia:



  • XXVII CONCURSO ONCE "UNHA VIAXE PARA TODOS": Conseguen ser acreedoras do premio da categoría D (3º e 4º da ESO) a nivel provincial as alumnas de 3º da ESO Rita Quintela, Nuria Ruíz e Laura Vidales.

  • X CERTAME DE DEBUXO EDUCACIÓN VIARIA CIDADE DE LUGO: O noso Centro e destacado como o de maior calidade artística de entre todos os participantes e, a título individual, resultan premiados co 1º premio Brais Rodríguez e Laura Vidales co 3º (ambos de 3º da ESO) na categoría C. Na categoría D, resulta gañador do 3º premio, Javier Montaña de 4º da ESO.

  • CERTAME DE DEBUXO "UN MUNDO DE COR" SECRETARÍA DE EMIGRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA: Neste certame que pretende promover as vantaxes e riqueza da convivencia multicultural e interracial na nosa Comunidade, son destacadas co 1º premio do Certame a alumna Marietu Ramos Martos de 3º da ESO e co 2º premio a alumna de 4º da ESO Lara de Villalobos. O vindeiro 20 de Xuño recollerán o seu galardón no MUPEGA de Santiago de Compostela.

  • CERTAME DE MANIFESTACIÓNS ARTÍSTICAS "O PARLAMENTO, A CASA DE TODOS" CONVOCADO POLO PARLAMENTO DE GALICIA: Neste certame, que pretende divulgar a labor deste organismo en prol de todos os cidadáns, resulta merecedora do premio como finalista a alumna de 4º da ESO, Raquel Fernández, cun cartel que leva por lema "Parlamento de Galicia: onde as verbas tórnanse feitos". O vindeiro 20 de Xuño, a presidenta do Parlamento, Dna. Pilar Rojo entregará a Raquel o seu galardón.

Reiterar a noraboa a todos os alumnos pola sua participación en todas as actividades propostas o longo do curso, que ademais de conformar o seu traballo diario han sido merecedoras de todos estos recoñecementos externos.


O curso que ven a ver se poden ser mais e mellor!


Feliz verán!


Departamento de Artes Plásticas

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031