Blogues

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 4º DA ESO

TAREFA FORA DO PRAZO

OS ESTEREOTIPOS DO CORPO.

LE O TEXTO E RESPONDE AS PREGUNTAS DA FICHA.

TEDES TODA A INFORMACIÓN NA AULA VIRTUAL.

ENQUISA PARA 2º ESO. MATERIA: PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES

Tedes que contestar unha sinxela enquisa sobre alimentación.

Podedes atopala en EDIXGAL.

MARATHON NA CASA

Estes días estamos vendo como as nosas actitudes teñen repercusións en toda a comunidade.

O centro educativo non é unha excepción. O profesorado esfórzase por seguir facendo o seu traballo. Moito alumnado conseguiu adaptarse e traballa, enviando tarefas, exercicios, conectándose a videoconferencias...

Temos a xente que vai máis aló, e desinteresadamente propón imaxinativas actividades para todos.

Unha alumna de 1º da ESO envioume unha actividade moi divertida.

Desde o mundo virtual dámoslle as gracias a esta nena.

O marathon en casa é un xogo no que mézclanse todas as materias en trabállanse moitas habilidades.

Está especialmente recomendado para o alumnado de primaria, ainda que calquera pode participar.

 

Adxúntovos o arquivo.

 

INICIACIÓN A LA ACTIVIDAD EMPRENDEDORA Y EMPRESARIAL ( para los alumnos de esta materia)

Bo día a todos:

Xa tendes na Aula Virtual as instruccións para a Actividade de" Iniciación a la Actividad Emprendedora y Empresarial". Tema 1. A entrega pode ser dende hoxe ata o xoves 30 de abril. É unha actividade que fomenta a empatía, a colaboración co noso entorno e a creatividade. 

Moito ánimo!

María Pérez

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 3º DA ESO.

TAREFA FORA DO PRAZO

Rematamos a parte do quecemento con esta última tarefa: prepara un quecemento para facer ximansia acrobática.

Recorda as correccións do anterior traballo. Aprende dos teus erros.

Tes un ficheiro coa solución ao quecemento da carreira de 100 mv.

Todas as instrucións están na aula virtual.

Comezamos outra vez coa Historia de España

ESPAÑA: DA CRISE DO 98 Á GUERRA CIVIL. 

Estimados almunos e alumnas, xa estou de volta. Espero que teñades moitas forzas para seguir traballando nestas circunstancias.

Comezamos co novo tema que nos leva dende os últimos anos do século XIX en España ata o final da guerra civil. É un tema interesantísimo que nos axuda a comprender as causas da guerra civil española. Xa sei que non é o mesmo que poder comentalo en clase, pero se tendes calquera dúbida, xa sabedes, podedes mandarme un email a mariaiesarte@gmail.com.

Na Aula Virtual atopades o material que necesitades e as actividades explicadas.

  1. O primeiro que tendes que facer é revisar o que se corresponde co Tema 2 da Aula Virtual (é o tema 9 do libro). Atoparedes no resumo os epígrafes principais.
  2. Ler e suliñar as páxinas da 186-189 do voso libro de texto
  3. Iso se corresponde coas diapositivas 1-16 da presentación Power Point do tema que tamén atoparedes na Aula Virtual. Esa presentación  axúdavos a estudar, con imáxes e textos. 
  4. A primeira actividade que tendes que entregar é a liña do tempo. Está explicada na Aula Virtual e ahí tendes que subila. Data límite o domingo 26 de Abril. É moi sinxelo, non vos leva máis de 50 min.
  5. Tendes que ler e comprender o Artigo de Pérez Reverte que atopades na páxina 7 da presentación de Power Point (na Aula Virtual) e despois facer un comentario no foro que atoparedes tamén na Aula Virtual. Podedes poñer algo que pensedes vos do artigo, ou responder,sempre con respeto, ao comentario doutro compañeiro. Para isto tendes ata o martes 28 de abril.  

Moito ánimo!

María Pérez

 

 

Comezamos coa Historia

Boas tardes queridos alumnos e alumnas:

Comezamos pouco a pouco a adentrarnos na Historia.

Para ir quentando motores para o xoves 23 lede os puntos 1, 2 e 3 do tema 9, a Idade Moderna,unha nova era,e facedes as correspondentes "Claves para estudar". Non é todavía unha actividade para entregar, pero proximamente as comentaremos, ó mellor nunha videoconferencia, así que as podedes facer a man para practicar un pouco. 

Se tendes dúbidas ou preguntas podedes enviarme un  correo a mariaiesarte@gmail.com indicando o voso nome e curso (3ºA ou 3ºB) no asunto.

Pronto teredes máis noticias miñas.  

Coidádevos moito!

María Pérez

Repasamo as fraccións e aprendemos a crear contos

Esta semana reforzaremos as fraccións a través dun xogo didáctico, en canto á competencia lingüística visualizaremos un pequeno vídeo sobre como crear en conto, utiliza o código  QR para visualizalo, logo crea o teu conto na plantilla adxuntada. Sorriso

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 20 DE ABRIL.

Queridos nenos e nenas e queridas familias!!

Comeza unha nova semana e aquí vos traemos novas tarefas pensadas para que levedes a cabo na casa.

Xa sabemos que o estades a facer todos moi ben e desde aquí seguimos dándovos ánimo e recordándovos que sodes uns heroes.

O RETO que vos imos propoñer esta semana é que fagades e creedes receitas saudables.

Por exemplo unhas brochetas de froita, biscoito de froitas, zumes exóticos....Pódensevos ocorrer unha morea de ideas.

Deste xeito traballaremos a motricidade fina , a alimentación saudable e tamén o traballo en equipo e en familia que nos vai enriquecer moito a todos esta temporada.

Debemos continuar coas rutinas establecidas e seguir traballando a autonomía que a estas idades é moi importante.

Podedes enviar fotos da vosa creación ata o venres día 24.

 

Para esta semana tamén vos propomos que traballemos os números e o conteo de forma divertida así como as sumas e restas. Con cousas que temos na casa podemos realizar as operacións de xeito visual.

Cada familia adaptará ao nivel do seu pequeno ou pequena o traballo e poderá recordar o mundo das matemáticas.

En ficheiros adxuntos pódense ver algúns exemplos.

 

Esta vez cambiamos o conto por unha canción.

A canción de esta semana mestura linguaxe falado coa linguaxe de signos e parécenos unha proposta moi interesante para que os nenos vexan esta diferente forma de comunicación ea importancia que esta supón.

A canción atópase premendo no seguinte enlace.

https://www.youtube.com/watch?v=HiHDRCyV5Es&t=200s

 

Como estamos todos moi tristes porque non podemos celebrar os aniversarios con vós na aula e con todos os vosos compañeiros,deixamos unha felicitación para todos .

Moitos parabéns a todos pequenos e pequenas que cumprides anos nestes días.  Moitos biquiños grandes.

A felicitación está tamén nos documentos adxuntos.

Esperamos que desfrutedes desta nova semana. Non vos esquezades enviar as fotos do Reto desta semana.

As fotos recibidas do RETO DA SEMANA PASADA,nomes creativos, aparecen nunha composición realizada que podedes atopar tamén na pestana de adxuntos .Moitas grazas a todos pola vosa participación.

 

Un saúdo para todos e unha aperta grande. Pasade moi boa semana.

VÉMONOS AXIÑA.

TAREFA DE PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES. 2º DA ESO

TAREFA FORA DO PRAZO

Tes que clasificar todos os alimentos que inxires ao longo dunha semana.

Despois tes que facer unha reflexión sobre ese traballo.

Toda a información a tes en EDIXGAL.

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 4º DA ESO

TAREFA FORA DO PRAZO

PLANIFICA ACTIVIDADES FÍSICAS PARA TODA A SEMANA.

TEDES TODA A INFORMACIÓN NA AULA VIRTUAL.

Vídeos Titoriais Matemáticas-Semana 4

Boas alumnado,

Poño os link dos vídeos titorias da semana en matemáticas.

Canal: Miguel Ángel Meniño

Vídeos da semana:

3ºESO Académicas

https://www.youtube.com/watch?v=lljB5sj8VCA

https://www.youtube.com/watch?v=ncpMqVofHE0

Venres subo o derradeiro da semana.

4ºESO Académicas

 
 
 
Os vosos profesores de matemáticas tamén avisaran das novidades.

 Para calquera dúbida tedes o meu correo: miguelangelmenino@edu.xunta.gal

 Saúdos e Forza.

Vídeos Titoriais Matemáticas-Semana 4

Boas alumnado,

Poño os link dos vídeos titorias da semana en matemáticas.

Canal: Miguel Ángel Meniño

Vídeos da semana:

3ºESO Académicas

https://www.youtube.com/watch?v=lljB5sj8VCA

https://www.youtube.com/watch?v=ncpMqVofHE0

Venres subo o derradeiro da semana.

4ºESO Académicas

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 1º DA ESO

TAREFA FORA DO PRAZO

DESEÑAMOS UNHA COREOGRAFÍA

TEDES TODA A INFORMACIÓN DA TAREFA EN EDIXGAL.

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 3º DA ESO

Deseña un quecemento para unha carreira de 100 metros valados

Tedes toda a información na aula virtual.

Leede atentamente as instrucións.

O límite de entrega desta tarefa é o 23 de abril.

Actividades para Reforzar a Competencia Lingüística (ESO)

Adxunto unha acitivdade para o alumnado da ESO para reforzar a competencia lingüística dunha maneira lúdica. Captura o código Q R co teu móbil e adentrate nunha actividade online con diversos recursos lingüísticos. Adiante!

Anímate a ser!

Adxunto este vídeo informativo da biblioteca dixital da Xunta,o cal pon adisposición de todos e todas contos, revistas, películas,... para fomentar a cultura neste tempo de corentena.

CALENDARIO DE ACTIVIDADES FÍSICAS. TAREFA PARA 2º DA ESO.

Bos días:

Na materia de Educación Física o alumnado de 2º da ESO ten que realizar un calendario de actividades.

Toda a información a atoparás en Edixgal.

ENQUISA SOBRE O TABACO. TAREFA PARA 1º DA ESO.

Bos días:

Dentro da materia de educación física, o alumnado de 1º da ESO ten que cubrir unha enquisa sobre o tabaco.

Esta actividade forma parte do programa Clases sen Fume.

Para cubrir a enquisa diríxete a Edixgal, alí atoparás a tarefa.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30