Blogues

Bolsas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Publicada a convocatoria de bolsas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2024-2025.

Prazo de presentación de solicitudes: do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024

O alumnado galego que estude portugués no seu centro educativo poderá acreditar o seu nivel lingüístico de xeito gratuíto

O Departamento de Lingua e Literatura Galegas e Portugués do CPI de Cova Terreña congratúlase da nova anunciada pola Consellería de Educación. Nesta infórmase sobre a acreditación da lingua portuguesa en ESO e Bacharelato. 

Portugués

Daquela, o noso alumnado de Portugués, unha vez chegado a 4º curso de ESO, poderá certificar os niveis A1, A2 e B1 nunhas probas que poderán levarse a cabo no propio centro, dirixidas polo Instituto Camões.

Máis información en: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43653

 

Anunciando a meteoroloxía en portugués!

Dentro do programa Meteoescolas, o alumnado de 1º ESO de Portugués aproveitou unhas sesións na aula de Polos Creativos para gravar a meteoroloxía en portugués.

Unha parte do alumnado centrou as súas predicións no tempo meteorolóxico dunha fin de semana nas localidades de Baiona, Gondomar, Nigrán e Vigo. Por outra banda, outra parte das alumnas e alumnos de Lingua Portuguesa expuxeron as súas predicións centradas en localidades de Portugal, coma Lisboa, Porto ou Viana do Castelo.

REMATE DO CURSO NA PRAIA

Como remate do curso, todo o alumnado da ESO e moitos cursos de Primaria acudiron á praia da Barbeira a disfrutar dunha mañá apacible e soleada. Todo o grupo desprazóuse a pé desde o centro escolar ata a praia.

Na procura da inclusión de todos os participantes ofreceuse un amplo abano de xogos.

Montouse unha carpa para reparto de froita entre todos os escolares.

Estas foron as actividades propostas:

Actividades tranquilas: cartas e petanca.

Actividades dinámicas na area: rugby tag, kinball, voleibol, brilé, ultimate, fútbol, béisbol, palas...

Actividades na auga: iniciaciación á vela, pádel surf e nado libre baixo vixiancia.

O propio alumnado, baixo a supervisión do profesorado, encargouse da organización e xestión dos xogos. Eles mesmos decidían o grao de participación, o tipo de actividade e o tempo de xogo.

A participación foi masiva. O alumnado estivo realizando actividade física durante toda a mañá. O número de conflitos durante os xogos foi practicamente nulo.

Esta actividade forma parte do PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva), Inclúe-T, Iguála-T, Convíve-T, Emocióna-T

 

Surf in English

O pasado 9 de maio o alumnado de CUALE, acompañado da nosa Auxiliar de Conversa Anjika, puido desfrutar dunha tarde de surf na praia de Patos. A actividade estivo a cargo da escola Prado Surf. 

O alumnado aprendeu moito sobre este deporte grazas ao monitor, co que se comunicaron en inglés todo o tempo. El lles ensinou como coller unha ola,  como poñerse de pe na táboa, etc., ademais de darlles tódalas indicacións de seguridade precisas para gozar deste deporte con seguridade.

Foi unha actividade na que todos os alumnos e alumnas o pasaron en grande, as tres horas que estiveron se lles fixeron curtas, e todos quedaron con ganas de repetir.

Era a primeira vez para todos, e no adxunto podedes ver unha mostra do que conseguiron neste primeiro día de contacto con este deporte que tanto os enganchou. Non o fixeron nada mal!

Unha tarde de deporte, natureza, inglés e moitas risas!

 

Recadación para Save the Children

O pasado 16 de maio o alumnado de 2º ESO de Proxecto Competencial levou a cabo a recadación benéfica que organizaron durante o curso. Os fondos recadados no día do concerto das Letras Galegas do coro infantil e o coro xuvenil do centro foron doados á organización Save the Children. En total foron 235.52 euros.

A organización nos enviou unha carta de agradecemento polo noso compromiso coa infancia máis vulnerable e nos incluiu como centro colaborador na súa memoria, que poden consultar na seguinte ligazón: https://www.savethechildren.es/centros-educativos/memoria-coles

Queremos dar as grazas a tódalas persoas que colaborastes facendo algunha doazón.

 

Hoxe damos nós a clase

Xa a piques de rematar o curso 2023-2024, nas dúas últimas semanas de clase, tivemos en 3º ESO A e B, dúas sesións por grupo para aclarar, comentar, disentir, apoiar ou pensar a partir de preguntas anónimas que formulamos en clase de Bioloxía e nas titorías. 

Dous alumnas e alumnos por grupo foron os encargados/as de recoller as preguntas. Todo o mundo entregou un papel de preguntas. De non ter ningunha inquietude entregouse un papel en branco e dobrado. 

Os dous voluntarios e. repasamos  voluntarias leron públicamente as preguntas e, de ser de opinión, pedían as ideas que os compañeiros e compañeiras tiñan ao respecto. De ser algunha pregunta máis obxectivas, por exemplo que tipo de ITS pode contraerse por unha relación sexual sen protección, o profesor apoiaba a sesión. 

Algunhas dfs preguntas que se formularon foron:

- De quedar embarazada, o rapaz ten algunha responsabilidade?

- Como se debe actuar se tes a desgracía de ser vítima de violación. 

- Como se usa adecuadamente un preservativo?

- É seguro o sexo anal?

- Hai algún tipo de risco co  sexo oral?

- Se se rompe o condón, que debemos facer?

- Ten algún risco a masturbación?

Rematamos o curso lembrando as formas de contacatr, cando teñamos unha inquietude, co equipo de Quérote + . Repasamos o xeito

de facer preguntas anónimas a través da WEB de Quérote, lembramos os teléfonos e localizamos a oficina en Vigo, por si queremos ir presencialmente. 

 

 

 

 

Fontes fiables

A actividade 7 do programa Quérote + no curso 2023-2024 achegounos a un problema crecente nos últimos anos. Cada vez temos máis acceso á información a través da rede, algunha é bastante obxectiva, mentres que outra busca manipularnos. 

 Por iso, especialmente en temáticas que son tema de debate como a sexualidade, é importante que o alumnado separe os datos obxectivos ou as recomendacións das organizacións internacionais especializadas, das opinións dun determinado grupo.

Nunha sesión de titoría de 3º ESO A e B analizamos algunhas fontes que o programa Quérote + nos ofrece. 

Deixamos aquí algunhas recomendacións, para acudir a elas cando sexa preciso:

Protección e anticoncepción (Quérote +)

Métodos anticonceptivos. SERGAS. Xunta de Galicia

Infeccións de trasmisión sexual. SERGAS. Xunta de Galicia

Recomendacións para adolescentes. Organización Mundial da Saúde

 

Rematamos a Fase Acolle de OBSERVA_ACCIÓN

Aquí deixamos un vídeo-resumo da Fase Acolle do Programa de formación do profesorado OBSERVA_ACCIÓN que o CPI Cova Terreña de Baiona desenvolveu, xunto ao CPI Arquitecto Palacios de Nigrán e o CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, no segundo e terceiro trimestre do curso 2023-2024. 

Cultivando habilidades

Desde o Departamento de Orientación e das titorias trabállase intensamente o reforzo das habilidades socias do alumnado, como elemento fundamental do perfil de saída. 

Na actividade 6 de Quérote + do curso 2023-2024 traballamos as habilidades en relación á sexualidade para aprender a decir NON. 

Nas titorías de 3º ESO A e B usamos o xogo de rol para analizar situación frecuentes como pedir manter relacións sexuais cando unha persoa non quere, pedir ter penetación sen preservativo ou consumir droga durante o acto sexual. A actividade foi ben acollida entre o alumnado e, permitiunos, logo da representación analizar posibles formas de presión, así como xeitos efectivos de rexeitar algo que non desexas. 

Amosamos unha imaxe dun momento dun rol playing. 

Que Internet non sexa un problema

A actividade 5 do programa Quétote + no curso 2023-2024 ofreceunos a posibilidade de reflexionar sobre os riscos, ás veces moi perigosos, que a sexualidade e as redes poder traer ás nosas vidas. Non é cuestión de medo, maís ben de responsabilidade. 

Traballar a seguridade en Internet como parte da competencia dixital do alumnado é un elemento permanente nas áreas de Tecnoloxía e Dixitalización. Xunto ao profesorado da área, tamén desde as titorías de 3º ESO A e B traballamos este aspecto. 

Tivemos oportunidade nas dúas clases de falar de incidentes que podemos ter á hora de interactuar en Internet, e que medidas podemos tomar para non asumir riscos. Houbo tempo para o debate, os medos e as preguntas. 

Como actividade de produción o alumnado elaborou material que pretende fomentar a responsabilidade no uso das redes, en relación coa sexualidade.  Nesta entrada deixamos algúns exemplos de traballos do alumnado neste curso. 

Datos son datos

No curso 2023-2024, o profesorado de Matemáticas e de Pedagoxía Terapeutica traballou co alumnado as porcentaxes en 3º ESO A e B, entre outros contidios. 

En varias sesións utilizaron o material da profesora Virginia Carmona, " Coeducando en igualdade desde as Matemáticas". Tratouse de usar probelmas e situacións propostos pola docente de Andalucía que usa datos reais sen entrar a valorar directamente co alumnado a situación. Pretendiamos, nesta actividade, que os datos obxectivos falasen por si só. 

Un exemplo de exercicio que levamos a aula:

 

No ano 2004 morreron 1980 personas por violencia de xénero, 12 foron homes. Que porcentaxe de homes e mulleres perderon a vida por violencia de xénero?

O alumnado amosou sorpres polos resultados sen que o profesorado  tivese que entrar na valoración do contido do exercicio.  

Amores e enamoramentos

Na cuarta proposta do Programa Quérote + no curso 2023-2024, levamos ás aulas de 3º ESO as ideas de amor, amor romántico, namoramento ou amor compañeiro.

Nunha primeira parte, o grupo clase nas titorías compartiu a idea que teñen de amor romántico e que se ten ante esa situación, si lles gusta,  e ven algo bo e malo nesa forma de entender o amor. Logo comentamos cada unha das características das que se fala na Ficha de Quérote, en relación ao amor romántico.

Fomos, unha a unha, falando e consideramos cada un dos elementos seguintes positivo ou negativo.

                 Existe a media laranxa.
                 Se hai amor é para toda a vida.
                 As parellas que funcionan non teñen desacordos, non teñen conflitos.
                 A parella debe ser sempre a prioridade fronte a outras persoas.
                 Nas parella non debe de haber segredos.
                 Hai que ter parella, se non tes parella é que tes un problema.
                 A parella ten que saber en cada momento o que precisas.

A continuación, o grupo compartiu a experiencia sobre os tipos de expresións artísticas que reforzan a idea de amor romántico. A maioría do alumnado considerou que, case toda a música que escoitan, explotan ese modelo de amar. No cine, falaron de dúas películas: Pretty Woman e Cars. Na Literatura, trouxeron a discusión, con bastante crítica, o modelo de amor de Antonio Machado e Leonor, desde unha perspectiva actual.  

Vivimos nun mundo diverso

 

A terceira actividade do Programa Quérote + no curso 2023-2024 no CPI Cova Terreña tratou de reflexionar en torno ao concepto de diversidade sexual, contido imprescindible, xa que, en calquera comunidade humana, hai diversidade e, entre ela, tamén sexual. 

Ao finalizar a ESO un alumno ou alumna debe acadar os obxectivos da etapa que, por vontade da cidadanía, reflíctese na lei. O  Decreto 156/2022 establece o currículo da ESO en Galicia. No artigo 7.k indicase que o alumnado que remata a educación obrigatoria ten que coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e do das outras persoas, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social, e tamén, coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade.

A actividade 3 de Quérote + incide directamente nesta aprendizaxe. Logo de falar abertamente da diversidade, escoitando distintas opinións, algunhas máis tolerantes e outras menos, como parece lóxico nun grupo heteroxéneo de adolescentes, tentamos chegar a unha conclusión na que entrásemos todos e todas nun contexto de respecto e convivencia positiva.

O alumnado tivo o reto de deseñar un cartel, usando un programa tipo Canva, Genially ou Power-Point, para promover no centro o respecto á diversidade. O cartel debía ter unha mensaxe clara e directa. Nesta entrada amosamos algún exemplo.

 

O traballo en favor da diversidade realizouse desde as titorías de 3º ESO A e B e o Departamento de Orientación.  

Que é para nós a sexualidade?

A segunda actividade do Programa Quétote + , durante o curso 2023-2024, tennos permitido reflexionar sobre algo tan importante en toda a vida humana, e que é moi relevante na adolescencia: a SEXUALIDADE.

Que pensamos que significa o termo? Algunha vez afondamos no pensamento para decidir que é e que non é?

Utilizamos a choiva de ideas para, logo, escribir a primeira palabra que nos veu a mente (tanto alumnado de 3º ESO A e B como profesorado) para chegar a unha definición común. O tempo para pensar foi breve e sen comunicación entre o grupo para evitar interferencias. Un papel é un cesto recolleu o que estaba dentro do noso pensamento. 

Cal foi o resultado?

Innumerables palabras: sexo, a máis repetida, seguido de vaxina e gay; entre outras moitas. Agrupámolas en dous bloques: un relacionado coas cuestións maís físicas e outras co emocional. Gañou en cantidade a primeira. Isto permitiunos falar, compartir e reflexionar sobre un concepto de sexualidade algo mellorado e máis maduro. 

 

Rematamos analizando a definición de Sexualidade da Organización Mundial da Saúde (OMS) de 2006. 

" "A sexualidade é un aspecto central do ser humano, presente ao longo da súa vida. Abarca o sexo, as identidades e roles de xénero, erotismo, pracer, intimidade, reprodución e orientación sexual. É experimentado e expresado a través de pensamentos, fantasías, desexos, crenzas, actitudes, valores, comportamentos, prácticas, roles e relacións interpersoal. A sexualidade pode incluír todas istas dimensións, con todo, non todas son experimentadas ou sempre se expresan. A sexualidade está influenciada pola interacción de factores biolóxicos, psicolóxicos, sociais, económico, político, cultural, ético, legal, histórico, relixiosa e espiritual" 

Algo máis complexa e profunda que a idea inicial do grupo é. Temos que desmenuzar a definición, que é moi longa, e debater, incluso con nós mesmos, que significada para cada un de nós. 

Presentamos QUÉROTE + no curso 2023-2024

Comezamos un novo curso, o 2023-2024. Presentamos o programa Quérote Máis, no que o CPI Cova Terreña de Baiona leva anos traballando. Unha nova xeración aproveitará esta oportunidade deste Plan Proxecta da Xunta de Galicia.  

A primeira sesión desenvolveuse no mes de novembro desde as titorías, dirixido aos 24 alumnos e alumnas de 3º ESO A e os 25 de 3º B. Os titores Luis Fernández e David Piñeiro encargaránse do seguimento do programa ao longo do curso. Con eles traballarán diferentes docentes doutras áreas en actividades específicas.  

O obxectivo da primeira actividade foi dar a coñecer o programa e amosar ao alumnado as diferentes canles que teñen para entrar en comunicación con especialistas do programa no momento en que o precisen. Comentamos a opción de ir a Vigo presencialmente localizando o lugar, tamén a opción tetéfonica, e a de pregunta online anónima. Falamos de distintas situacións nas que se poden atopar en relación a sexualidade para pensar en como Quérote Máis nos poderá axudar. 

Para finalizar, alumnado voluntario traballou nunha campaña para difundir Quérote Máis en toda a comunidade educativa, mediante carteis e anuncios na rede. Neste artigo amosamos algúns exemplos do traballo realizado. Julia e Naiará son autoras dos traballos que vedes nesta entrada. 

Deixamos aquí, por si esquecedes, o xeito de contactaer con Quérote Máis. 

Enlace WEB con toda a información de toda Galicia

Teléfono de Quérote Máis en Vigo: 986 095 977

Se queres ir presencialmente: Rúa Ferreira, 41. VIGO. (Cerca do Berbés). 

Nunca te quedes con dúbidas ou medos se tes algún problema, inquetude ou simplemente compartir. En Quérote + están esperando para falar contigo.  

VERSOS A MARES: OS RÉPTILES

Dentro do noso proxecto Versos a mares o equipo cooperativo de "Los amigos" composto por Diana, Anxo, Julia e Marco preséntanvos...

OS RÉPTILES!

VERSOS A MARES: AS AVES 2ºB

Dentro do noso proxecto Versos a Mares o equipo cooperativo de "Los superhéroes" composto por Xabi, Thiago e Leo preséntanvos...

AS AVES!

VERSOS A MARES: OS MAMÍFEROS 2ºB

Dentro do noso proxecto Versos a Mares o equipo cooperativo de "Los campeones" composto por Victoria, Malena, Eric e Aray preséntanvos...

OS MAMÍFEROS!

VERSOS A MARES: OS PEIXES 2ºB

Dentro do noso proxecto Versos a mares o equipo cooperativo de "Los guays" composto por Lucas, Esther, Lucía e Abraham preséntanvos...

OS PEIXES!

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930