Que é para nós a sexualidade?

A segunda actividade do Programa Quétote + , durante o curso 2023-2024, tennos permitido reflexionar sobre algo tan importante en toda a vida humana, e que é moi relevante na adolescencia: a SEXUALIDADE.

Que pensamos que significa o termo? Algunha vez afondamos no pensamento para decidir que é e que non é?

Utilizamos a choiva de ideas para, logo, escribir a primeira palabra que nos veu a mente (tanto alumnado de 3º ESO A e B como profesorado) para chegar a unha definición común. O tempo para pensar foi breve e sen comunicación entre o grupo para evitar interferencias. Un papel é un cesto recolleu o que estaba dentro do noso pensamento. 

Cal foi o resultado?

Innumerables palabras: sexo, a máis repetida, seguido de vaxina e gay; entre outras moitas. Agrupámolas en dous bloques: un relacionado coas cuestións maís físicas e outras co emocional. Gañou en cantidade a primeira. Isto permitiunos falar, compartir e reflexionar sobre un concepto de sexualidade algo mellorado e máis maduro. 

 

Rematamos analizando a definición de Sexualidade da Organización Mundial da Saúde (OMS) de 2006. 

" "A sexualidade é un aspecto central do ser humano, presente ao longo da súa vida. Abarca o sexo, as identidades e roles de xénero, erotismo, pracer, intimidade, reprodución e orientación sexual. É experimentado e expresado a través de pensamentos, fantasías, desexos, crenzas, actitudes, valores, comportamentos, prácticas, roles e relacións interpersoal. A sexualidade pode incluír todas istas dimensións, con todo, non todas son experimentadas ou sempre se expresan. A sexualidade está influenciada pola interacción de factores biolóxicos, psicolóxicos, sociais, económico, político, cultural, ético, legal, histórico, relixiosa e espiritual" 

Algo máis complexa e profunda que a idea inicial do grupo é. Temos que desmenuzar a definición, que é moi longa, e debater, incluso con nós mesmos, que significada para cada un de nós. 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031