Vivimos nun mundo diverso

 

A terceira actividade do Programa Quérote + no curso 2023-2024 no CPI Cova Terreña tratou de reflexionar en torno ao concepto de diversidade sexual, contido imprescindible, xa que, en calquera comunidade humana, hai diversidade e, entre ela, tamén sexual. 

Ao finalizar a ESO un alumno ou alumna debe acadar os obxectivos da etapa que, por vontade da cidadanía, reflíctese na lei. O  Decreto 156/2022 establece o currículo da ESO en Galicia. No artigo 7.k indicase que o alumnado que remata a educación obrigatoria ten que coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e do das outras persoas, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social, e tamén, coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade.

A actividade 3 de Quérote + incide directamente nesta aprendizaxe. Logo de falar abertamente da diversidade, escoitando distintas opinións, algunhas máis tolerantes e outras menos, como parece lóxico nun grupo heteroxéneo de adolescentes, tentamos chegar a unha conclusión na que entrásemos todos e todas nun contexto de respecto e convivencia positiva.

O alumnado tivo o reto de deseñar un cartel, usando un programa tipo Canva, Genially ou Power-Point, para promover no centro o respecto á diversidade. O cartel debía ter unha mensaxe clara e directa. Nesta entrada amosamos algún exemplo.

 

O traballo en favor da diversidade realizouse desde as titorías de 3º ESO A e B e o Departamento de Orientación.  

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031