Amores e enamoramentos

Na cuarta proposta do Programa Quérote + no curso 2023-2024, levamos ás aulas de 3º ESO as ideas de amor, amor romántico, namoramento ou amor compañeiro.

Nunha primeira parte, o grupo clase nas titorías compartiu a idea que teñen de amor romántico e que se ten ante esa situación, si lles gusta,  e ven algo bo e malo nesa forma de entender o amor. Logo comentamos cada unha das características das que se fala na Ficha de Quérote, en relación ao amor romántico.

Fomos, unha a unha, falando e consideramos cada un dos elementos seguintes positivo ou negativo.

                 Existe a media laranxa.
                 Se hai amor é para toda a vida.
                 As parellas que funcionan non teñen desacordos, non teñen conflitos.
                 A parella debe ser sempre a prioridade fronte a outras persoas.
                 Nas parella non debe de haber segredos.
                 Hai que ter parella, se non tes parella é que tes un problema.
                 A parella ten que saber en cada momento o que precisas.

A continuación, o grupo compartiu a experiencia sobre os tipos de expresións artísticas que reforzan a idea de amor romántico. A maioría do alumnado considerou que, case toda a música que escoitan, explotan ese modelo de amar. No cine, falaron de dúas películas: Pretty Woman e Cars. Na Literatura, trouxeron a discusión, con bastante crítica, o modelo de amor de Antonio Machado e Leonor, desde unha perspectiva actual.  

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031