Blogues

Ferramentas dixitais útiles en lingua galega

Eis algunhas das ferramentas e recursos dixitais máis útiles en lingua galega (e portuguesa):

Dicionario Digalego

O dicionario máis completo da lingua galega con máis de 65.000 entradas, etimoloxías, traducións a varias linguas e conxugador de verbos [Consellería de Educación].

Dicionario de dicionarios

Dicionario que recolle máis de 390.000 palabras e acepcións dos dicionarios históricos da lingua galega dos séculos XIX e XX [Instituto da Lingua Galega, ILG e Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo].

Tradutor Gaio

Tradutor moi eficiente na versión galego-castelán e castelán-galego, menos rendíbel na tradución en portugués [Secretaría Xeral de Política Lingüística].

Enciclopedia Galega Universal (EGU)

Enciclopedia en lingua galega de carácter universal, en proceso de actualización [Consellería de Educación].

Dicionario da Real Academia Galega (RAG)

Dicionario que recolle preto de 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados.

Dicionario Priberam (DPLP)

Dicionario do portugués contemporáneo que inclúe máis de 164.000 entradas e que integra as normas portuguesa e brasileira, segundo o Acordo Ortográfico de 1990.

 

 

Matemáticas Manipulativas con Xulio Ferro

Dentro do Contrato-Programa EDUinnova. O centro docente como entorno innovador de aprendizaxe a través da mellora permanente, desenvolveuse un proxecto centrado nas matemáticas manipulativas co obxectivo de coñecer estratexias metodolóxicas que melloren a competencia matemática do noso alumnado.

Organizáronse un total de tres sesións de formación con Xulio Ferro, mestre e especialista universitario en recursos materiais e didácticos para a docencia das Matemáticas en Primaria e Secundaria. Participaron no proxecto docentes de Primaria (Patricia Cabadas, Sonia Silva e Pilar García) e de Secundaria (Patricia Blanco, María Zapatero, María Souto e Carla Iglesias).

Na primeira sesión vimos diversos materiais manipulativos como as cordas con nós para a construción de triángulos, os pentaminós para traballar áreas e construción de figuras planas, así como diferentes materiais para traballar o cálculo mental nos 5 primeiros minutos das sesións diarias.

As dúas sesións restantes estiveron adicadas ao xeoplano (para traballar xeometría) e ás regletas de Cuisenaire (para aritmética).

 

Proxecto de Estatística sobre a chuvia

Dentro do Proxecto MeteoEscolas, o alumnado de 2º ESO desenvolveu un proxecto na terceira avaliación que consistiu en analizar dende o punto de vista estatístico os días de chuvia en distintas estacións meteorolóxicas próximas ao centro. 

Para a realización da tarefa o alumnado empregou a folla de cálculo LibreOffice Calc, importando os datos descargados dende a páxina de MeteoGalicia. Cada persoa analizou un ano e realizou un conteo do número de días de chuvia mensuais, calculou a media, a mediana e a moda, e elaborou gráficos estatísticos e a táboa de frecuencias.

Nos documentos adxuntos poden consultarse algúns exemplos das tarefas entregadas.

Our Morning Talk Show

During the third term, some of our 2nd of ESO students participated in a new project called “Our Morning Talk Show” This project helped our students improve their vocabulary related to TV Shows. They learnt about American and British talk shows, they analyzed some interviews made to Rosalía or Úrsula Corberó by Jimmy Fallon, they listened to Harry Styles singing songs of his new album with James Corden, trying out some aggressive outfits and working famous lines from "Titanic" and "Notting Hill." Thanks to the assistance of our fellow teacher Bernice, our students were even able to learn about some famous Filipino celebrities like Nadine Lustre and enhance their interviewing skills.

As a final result of the project, they were able to create their own talk show, figuring out they were hosting famous people like Iago Aspas, Angelina Jolie, Brad Pitt, Natalie Portman… Our dear students recorded brilliant videos that included interviews to celebrities, Carpool karaokes, Just Dance Sessions, beauty workshops and even commercials!! We had great fun creating the scripts, recording the videos and watching them all together in class. Congrats guys!! You’ve done an amazing job. I’m really proud of you!

 

 

 

Proxecto Meteoescolas en 1º ESO

PROXECTO METEOESCOLAS EN 1º ESO

No curso 2022-2023, o alumnado de 1º ESO participou no Proxecto Meteoescolas levando a cabo pequenos proxectos colaborativos para o estudo do clima en diversos concellos galegos. Este proxecto foi avaliábel e formou parte da cualificación final da 1ª avaliación.

O obxectivo principal deste proxecto era o estudo da diversidade do clima galego, realizando comparacións entre a climatoloxía de costa e de interior, de concellos do norte e do sur de Galicia. Concretamente, o alumnado investigou a respecto da temperatura, a pluviosidade, o vento e a presión atmosférica. Acompañando estes datos, cada parella ou pequeno grupo presentaba brevemente o concello obxecto de estudo, xunto con algunhas imaxes representativas dos espazos do patrimonio natural e etnográfico do municipio.

Para a investigación, o alumnado estudou as estacións meteorolóxicas de distintas localidades galegas, inseridas en Meteogalicia, e consultáronse outras páxinas web relativas á climatoloxía, que tiveron que identificar e analizar:

www.meteogalicia.gal

www.windguru.cz

www.eltiempo.es

NUTRIESCOLAS 0. CURSO 2022-2023

Este curso os nenos e nenas de Educación Infantil, participaron nun Plan Proxecta pertencente á modalidade NUTRIESCOLAS 0.

Nel traballaron acerca de cousas relacionadas co mundo do mar, vida mariña,  e conservas entre outras cousas.

No arquivo adxunto podedes ver algúns exemplos de actividades realizadas.

Esperamos sexa do voso agrado.

Un saúdo.

Vídeos stop motion creados durante o obradoiro para familias

A natureza dos novidosos Polos Creativos é singular polo enfoque de aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria, concebíndose coma un espazo aberto de desenvolvemento das competencias dixitais, científico-tecnolóxicas e artísticas da cidadanía. Deste xeito, un dos obxectivos do proxecto é involucrar ás familias e promover as accións que impliquen a súa participación xunto cos seus fillos e fillas en actividades de formación e de creación.

Dende o CPI de Cova Terreña organizamos un obradoiro de creación de vídeos stop motion no mes de marzo. Nel participaron un total de 12 parellas de familias-alumnado, que se distribuíron en 6 equipos e crearon outros tantos vídeos coa devandita técnica. 

Cada vídeo presenta novidades dos fondos da biblioteca do centro, aproveitando así a oportunidade para dar a coñecer os novos títulos a toda a comunidade e facer fincapé noutro campo de gran importancia para nós: a lectura.

Nos arquivos adxuntos pódense visualizar os produtos finais elaborados por todos os grupos. O proxecto completo consistía en elaborar a película stop motion coa app Stopmotion, gravar un diálogo ou narración coa gravadora nativa da tableta Lenovo, preparar unha portada e despedida con diapositivas, e, finalmente, realizar a montaxe na app InShot. Todos os grupos agás un completaron o 100% do proxecto, e todos puxeron en práctica grandes doses de creatividade e traballo en equipo. 

A experiencia resultou ser moi positiva para todos os participantes, tanto para as familias e alumnado como para o profesorado implicado. Unha maneira diferente de combinar lectura, tecnoloxía, aprendizaxe e cooperación que sen dúbida terá continuidade no futuro!

XORNADA DO CORO NO PARQUE ACUÁTICO

 

O remate de curso tivo como colofón para o coro a visita a un parque acuático.

Os integrantes do coro desfrutaron das instalacións do parque acuático de Amarante (Portugal).

O alumnado viviu experiencias emocionantes nos tobogáns, colchóns e nas piscinas.

Esta actividade forma parte do PVAD, EduSaúde, Convive-T, Iguala-T e Inclúe-T.

20 de xuño

 

 

 

PEREGRINOS NO CAMIÑO DE SANTIAGO

 

Aproveitando as sesións finais desta avaliación, o alumnado da ESO fixo unha saída guiada por un tramo do Camiño de Santiago.

Saímos do centro e fixemos varias paradas nos lugares emblemáticos. O alumnado de 1º da ESO encargouse de comentar as particularidades destes espazos: Cruceiro da Santísima Trindade, Fonte do Pombal, Praza Cadaval e Ponte Románica da Ramallosa.

A actividade foi organizada polo Equipo Directivo e os departamentos de Relixión e Lingua Galega.

Esta actividade forma parte do PVAD, EduSaúde, Convive-T, Iguala-T e Inclúe-T.

20 de xuño

 

 

INCHABLES NO COVA

 

A ANPA do CPI Cova Terreña organizou e xestionou unha apaixonante actividade con estruturas inchables e con auga. Houbo unha participación masiva de todas as etapas. O centro encheuse de auga, escuma e grandes inchables de cores. O alumnado tiña libre circulación por todo o patio e podía elixir entre as atraccións máis emocionantes.

 

Esta actividade forma parte do PVAD, EduSaúde, Convive-T, Iguala-T e Inclúe-T.

 

 

20 de xuño

 

 

Xornada na praia de Santa Marta

Ola a todos e todas:

Como  conclusión ao curso, todo o alumnado de ESO e 6º de Primaria acudiu á praia de Santa Marta a pasar a mañá. Todo o grupo, agás os alumnos de Belesar, desprazáronse a pé desde o centro escolar ata a praia.

Na procura da inclusión de todos os participantes ofreceuse un amplo abano de xogos.

O bar da praia, tras a súa solicitude, permaneceu aberto a disposición do centro.

Estas foron as actividades propostas:

Actividades tranquilas: cartas, xogos de mesa e petanca.

Actividades dinámicas na area: rugby tag, kinball, voleibol, brilé, ultimate, fútbol, béisbol, pas e spikeball.

Actividades na auga: paddle surf, kayac e nado libre.

O propio alumnado, baixo a supervisión do profesorado, encargouse da organización e xestión dos xogos. Eles mesmos decidían o grao de participación, o tipo de actividade e o tempo de xogo.

A participación foi masiva. O alumnado estivo realizando actividade física durante toda a mañá. O número de conflitos durante os xogos foi practicamente nulo.

Esta actividade forma parte do PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva), EduSaúde, Inclue-T, Iguala-T e Convive-T

 

O Cova Terreña na radio grazas aos "latinistas tuiteros" de 4 ESO B, un conxunto de estrelas.

Radio Nacional de España emite as fins de semana un programa chamado No es un día cualquiera, presentado por Pepa Fernández. O programa conta cunha sección chamada "Verba volant", adicada ao latín e presentada polo recoñecido latinista Emilio del Río. 

O noso alumnado de latín participa semanalmente no "Concursus" da nomeada sección. Na última emisión o presentador enviou un saudo en directo aos alumnos que cursan esta materia. 

A emisión do último "Verba volant" pódese escoitar premento na ligazón.  (Min. -36:24)

 

Por outra banda, nestes últimos días andiveron ocupados cubrindo o "ceo" da aula con diferentes constelacións, das que rescataron numerosas etimoloxías latinas. 

 

Estes latinistas tuiteros brillan con luz propia. 

 

ACTIVIDADE DE DOBRAXE

Un dos proxectos desenvolvidos nas sesións do programa CUALE foi unha actividade de dobraxe. Eliximos algunhas esceas de películas moi coñecidas e os alumnos e alumnas puxeron as súas voces aos personaxes de películas como Titanic, Cars, Crepúsculo e outras.

MATRÍCULA 2023/24

Ante a proximidade da matriculación do alumnado, xúntase información sobre a documentación necesaria para a formalización da mesma.

Fantástico concerto do Coro do CPI de Cova Terreña para conmemorar o Día das Letras Galegas

O Coro do CPI de Cova Terreña volveu deleitarnos novamente nunha fantástica xornada en que non faltaron referencias ao 50 aniversario do noso centro e mais a homenaxe a Francisco Fernández del Riego, conmemorando o Día das Letras Galegas.

No acto, presentado por Emma G. e Omar L., o alumnado de 5º e 6º de Primaria leu uns textos alusivos ao 50 aniversario do noso centro, valorando as contribucións dos diversos equipos directivos, docentes, nais e pais e, por suposto, o alumnado que ao longo destes anos contribuíu a crear unha comunidade educativa clave no progreso da vila de Baiona para darlle paso ao vídeo conmemorativo polo 50 aniversario do centro.

Posteriormente, o alumnado de 1º de ESO leu textos referidos á vida e obra de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, antes de dar paso ao concerto do noso Coro, dirixido polo profesor David Piñeiro, cuxo programa de concerto estaba dividido en dúas partes: a primeira cunha homenaxe ás grandes bandas do rock e do pop, como The Beatles, Metallica ou U2; e unha segunda parte con poemas musicados de Álvaro Cunqueiro, Berrogüetto, Manuel Alegre e Curros Enríquez.

 

 

 

 

Celebración dos maios e do Día das Letras Galegas

A comunidade educativa do CPI de Cova Terreña súmase á celebración dos maios e do Día das Letras Galegas

Este 16 de maio, xornada previa á celebración do Día das Letras Galegas, toda a comunidade educativa do noso centro axuntouse no patio norte para celebrar dous eventos importantes. Por unha banda, a festa dos maios, compostos e adornados polo alumnado de Primaria, e pola outra, a homenaxe á figura de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado neste ano na Festa das Letras, máximo impulsor desta celebración e de proxectos tan senlleiros como a Editorial Galaxia e a Casa Galega da Cultura (Fundación Penzol).

Para conmemorar os maios, o alumnado de 5º e 6º de Primaria leu e recitou diversas coplas, mentres que na homenaxe a Francisco Fernández del Riego foi o alumnado de 1º de ESO quen se encargou de ler algúns textos significativos da súa vida e obra.

O acto rematou coa actuación do noso Coro, interpretando os temas "Quen puidera namorala", poema escrito por Álvaro Cunqueiro, e "Aí vén o maio", do poeta Curros Enríquez, ambos musicados por Luís Emilio Batallán. Finalizamos interpretando todas e todos o Himno Galego, da autoría de Eduardo Pondal, con música de Pascual Veiga.

 

FINAL DO TORNEO DE BRILÉ

Ola a todos:

Hoxe rematou o torneo de balón prisionerro (brilé) para o alumnado de primaria.

Ao longo do curso, e todos os luns, o alumnado de primaria participou de forma masiva neste torneo.

Formáronse equipo que participaron nas diferentes fases ata chegar aos encontros  finais.

O éxito da convocatoria radica na encomiable labor da profesora Patricia Cabadas que xestionou a actividade: formou os grupos; difundíu as regras; temporalizou a actividade; organizou o espazo; conseguíu o o material e os premios; e dinamizou esta iniciativa durante todo o curso.

Esta actividade forma parte dos programas PVAD, EduSaúde, Convive-T, Iguale-T, Inclúe-T.

O obxectivo principal era facilitar a participación do maior número de escolares e manter o hábito dun exercicio regular.

 

NOVAS LONAS NO PAVILLÓN DO COVA TERREÑA

Ola a todos:

Xa temos as novas lonas colocadas no noso pavillón.

Tras o paso polo colexio dos deportistas: Aroa Sío, Bernabé Costas e Desirée Vila, queda reflectido nas paredes do pavillón as súas fotos e o palmarés.

Estes tres deportistas visitaron ao alumnado que puido participar nunha charla con preguntas sobre as súas modalidades deportivas.

Esta actividade forma parte do PVAD, EduSaúde, Clases sen Fume, Inclúe-T e Iguala-T.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031