Matemáticas Manipulativas con Xulio Ferro

Dentro do Contrato-Programa EDUinnova. O centro docente como entorno innovador de aprendizaxe a través da mellora permanente, desenvolveuse un proxecto centrado nas matemáticas manipulativas co obxectivo de coñecer estratexias metodolóxicas que melloren a competencia matemática do noso alumnado.

Organizáronse un total de tres sesións de formación con Xulio Ferro, mestre e especialista universitario en recursos materiais e didácticos para a docencia das Matemáticas en Primaria e Secundaria. Participaron no proxecto docentes de Primaria (Patricia Cabadas, Sonia Silva e Pilar García) e de Secundaria (Patricia Blanco, María Zapatero, María Souto e Carla Iglesias).

Na primeira sesión vimos diversos materiais manipulativos como as cordas con nós para a construción de triángulos, os pentaminós para traballar áreas e construción de figuras planas, así como diferentes materiais para traballar o cálculo mental nos 5 primeiros minutos das sesións diarias.

As dúas sesións restantes estiveron adicadas ao xeoplano (para traballar xeometría) e ás regletas de Cuisenaire (para aritmética).

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031