Presentamos QUÉROTE + no curso 2023-2024

Comezamos un novo curso, o 2023-2024. Presentamos o programa Quérote Máis, no que o CPI Cova Terreña de Baiona leva anos traballando. Unha nova xeración aproveitará esta oportunidade deste Plan Proxecta da Xunta de Galicia.  

A primeira sesión desenvolveuse no mes de novembro desde as titorías, dirixido aos 24 alumnos e alumnas de 3º ESO A e os 25 de 3º B. Os titores Luis Fernández e David Piñeiro encargaránse do seguimento do programa ao longo do curso. Con eles traballarán diferentes docentes doutras áreas en actividades específicas.  

O obxectivo da primeira actividade foi dar a coñecer o programa e amosar ao alumnado as diferentes canles que teñen para entrar en comunicación con especialistas do programa no momento en que o precisen. Comentamos a opción de ir a Vigo presencialmente localizando o lugar, tamén a opción tetéfonica, e a de pregunta online anónima. Falamos de distintas situacións nas que se poden atopar en relación a sexualidade para pensar en como Quérote Máis nos poderá axudar. 

Para finalizar, alumnado voluntario traballou nunha campaña para difundir Quérote Máis en toda a comunidade educativa, mediante carteis e anuncios na rede. Neste artigo amosamos algúns exemplos do traballo realizado. Julia e Naiará son autoras dos traballos que vedes nesta entrada. 

Deixamos aquí, por si esquecedes, o xeito de contactaer con Quérote Máis. 

Enlace WEB con toda a información de toda Galicia

Teléfono de Quérote Máis en Vigo: 986 095 977

Se queres ir presencialmente: Rúa Ferreira, 41. VIGO. (Cerca do Berbés). 

Nunca te quedes con dúbidas ou medos se tes algún problema, inquetude ou simplemente compartir. En Quérote + están esperando para falar contigo.  

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031