Blogues

O FRANQUISMO

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

 

Queridos alumnos:

Xa estamos a piques de chegar ao final. Soamente un último esforzo. 

Lembrade enviar canto antes as actividades atrasadas, especialmente se son de recuperación. 

As de esta semana xa están dispoñibles na Aula Virtual. Comezamos novo tema, O FRANQUISMO. Atoparedes os epígrafes, a Presentación de Power Point e o documento con 6 actividades sinxelas sobre o tema. 

Ademáis, faremos dúas videoconferencias, mércores e xoves. Como sempre atendo as vosas dúbidas por correo e se alguén quere falar conmigo pode solicitalo ou quedar despois da clase. 

Moito ánimo a todos!!

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 2º DA ESO

Bos días:

Despois de facer un quecemento para xogar ao voleibol e traballar as características e normas do quecemento no cuestionario, no derradeiro exercicio de quecemento toca aplicar todo o aprendido e corrixir erros anteriores.

Hai que prepararse para xogar ao tenis.

TES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL

A TAREFA REMATA O 8 DE XUÑO ÁS 12.00 HORAS

A Europa do Barroco I

 SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Estimados alumnos:

Esta semana comezamos o último tema,. Parece incible que xa pasara o curso e non nos queden máis que un par de semanas. 

Tendes xa na Aula Virtual o traballo para esta semana, fixádevos que a entrega é para o venres. 

Atoparedes un vídeo do Terzos españois e as actividades, que engado aquí por se acaso. 

Teremos tamén dúas videoconferencias para poder comentar  o tema e a arte barroca.

Moito ánimo!

O primeiro que tendes que facer e ler, comprender e suliñar o tema 12, é apaixoante. 

Son un par de actividades sinxelas mais a continuación da lectura de Alatriste, fixádevos que a entrega é para o venres. A por todas!

  • Esquema da do exercicio 25 da páxina 340 do libro de texto. 
  • Liña do tempo con cores da monarquía hispánica do século XVII. Aquí ademáis da datas e os reis, engadide os feitos principais.Tendes un exemplo na páxina 317.
  • Ler os seguintes tres capítulos de Alatriste, chegando así ao capítulo 9 incluido. Espero que o estedes disfrutando, 

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 4º DA ESO

TAREFA: CUESTIONARIO

Bos días:

Continuamos co tema da saúde. Xa vimos algunhas condutas prexudiciais para a saúde: o tabaquismo, a falta de exercicio...Agora toca analizar as nosas condutas alimentarias.

Obxectivos:

  • Coñecer a relación entre os hábitos de vida e os seus efectos sobre a saúde.
  • Valorar a relación entre alimentación e a saúde

 

TEDES TODA A INFORMACIÓN NA AULA VIRTUAL

O PRAZO PARA REALIZAR O CUESTIONARIO REMATA O 5 de xuño ás 12.00 horas

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 1º DA ESO

Bos días:

Seguimos traballando a nosa capacidade de orientación.

Obxectivo:

Por en práctica técnicas básicas de orientación.

DATA LÍMITE DE ENTREGA DA TAREFA: 2 DE XUÑO ÁS 12.00 HORAS

TEDES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL.

A GUERRA FRÍA

ACTIVIDADES SEMANA DO MARTES 26 AO LUNS 1 DE XUÑO

Bo día a todos:

Esta semana comezamos o tema da Guerra Fría. Xa tendes na Aula Virtual os epígrafes, a Presentación de Power Point e as Actividades correspondentes. Fixádevos que a entrega esta vez é para o luns. 

En canto as videoconferencias terermos dúas, mércores e xoves. 

Os alumnos que teñades algunha avaliación suspensa revisade ben que entregaches os exercicios correspondentes, dous documentos por avaliación.

Se é así e está todo completo podedes engancharvos á terceira avaliación directamente por aquí, por onde imos agora sen problema, ou se preferides, facer algunhas actividades anteriores para comprender a II Guerra Mundial ou a Guerra Civil. Iso sí, se o facedes así, enviademe un correo explicando a vosa elección e adxuntade os exericios.

Xa queda moi pouco, ánimo a todos!!

 

María Pérez 

TAREFA DE PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES. 2º DA ESO

CUESTIONARIO DE CONDUTAS PREXUDICIAIS PARA A SAÚDE

Bos días:

Os dous principais elementos dunha vida saudable son: o exercicio físico e unha boa alimentación. Manter unha vida san, depende tamén doutros factores. Agrupámolos baixo o nome de "condutas prexudiciais para a saúde". Son moitas as formas que temos de facernos dano as persoas. Unha delas, moi estendida e que comeza na adolescencia é o tabaquismo.

TES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL.

DATA LÍMITE PARA A ENTREGA DO CUESTIONARIO: 1 DE XUÑO ÁS 12.00

A FORMACIÓN DO IMPERIO ESPAÑOL II.

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Esta semana rematamos con este tema. Soamente un par de actividades e continuar lendo a novela do "Capitán Alatriste". Lembra que si tes algunha avaliación pendente tes que entregar os exercicios correspondentes.

Tendes xa os detalles e a  explicación na Aula Virtual, onde podedes subir os vosos exercicios ata o venres. Non vos olvidedes de comentar no foro de Alatriste. 

E con isto dúas sesións de videoconferencias como estas últimas semanas, a segunda delas dedicada a arte. 

Moito ánimo que xa queda menos!

 

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 2º DA ESO

O quecemento é unha das partes máis importantes da actividade física.

Pon a proba os teus coñecementos respondendo ao cuestionario que aparece en Edixgal.

TES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL.

DATA LÍMITE PARA RESPONDER AO CUESTIONARIO: 1 DE XUÑO ÁS 12.00 HORAS

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 4º DA ESO

MITOS SOBRE O EXERCICIO E A ALIMENTACIÓN 

 

Bos días:

 

A actividade física xunto coa alimentación son os dous elementos clave dunha vida sa. Sen embargo hai moita información entorno a eses dous elementos que non é correcta.

 

Desmonta eses argumentos sobre a base dun razoamento científico.

 

TES TODA A INFORMACIÓN NA AULA VIRTUAL.

O PRAZO DE ENTREGA REMATA O 29 DE MAIO

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 3º DA ESO

Bos días:

AFONDAMOS UN POUCO MÁIS NA orientación deportiva.

ESTA VEZ A ORIENTACIÓN É UN POUCO MÁIS PRECISA.

Obxectivo:

Explicar e por en práctica técnicas de progresión en contornos non estables e técnicas básicas de orientación.

TES TODA A INFORMACIÓN NA AULA VIRTUAL.DATA LÍMITE PARA ENTREGAR A TAREFA: 2 de Xuño ás 12.00 horas

II GUERRA MUNDIAL (II parte)

ACTIVIDADES SEMANA DO 19 AO 26 DE MAIO

Queridos alumnos:

Xe tendes disponibles na Aula Virtual as actividades de esta semana, tanto as de recuperación (2ª parte da 2ª avaliación) como as da 3ª avaliación. 

Esta semana temos tamén dúas videoconferencias programadas. 

Moito ánimo!

INICIATIVAS EMPRENDEDORAS. IMPOSTOS.

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO.

Estimados alumnos:

Esta semana comezamos cos IMPOSTOS. 

Xa tendes na Aula Virtual as actividades e os epígrafes do tema. Non vos preocupedes se non tendes o libro de texto o podedes facer con información de internet. A data límite de entrega é o sábado, aínda que a idea é que o fagades antes para poder ter o fin de semana libre. 

Moito ánimo!

María Pérez

A FORMACIÓN DO IMPERIO ESPAÑOL I

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Bo día rapaces:

Xa tendes colgadas na Aula Virtual as actividades para esta semana. Son soamente un esquema (veredes que polo tanto non hai documento de actividades, solo o lugar para entregalas) e a lectura de 3 capítulos do Capitán Alatriste, polo que a entrega adiántase ao venres. 

Se tes algunha dúbida ou algunha avaliación pendente de recuperar escríbeme un correo coma sempre.

Moito ánimo!

María Pérez

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 2º DA ESO

Bos días:

A tarefa proposta é a seguinte:

DESEÑAMOS UN QUECEMENTO E A FASE FINAL (VOLTA Á CALMA) PARA UNHA SESIÓN DE APRENDIZAXE DUN DOS XESTOS DO VOLEIBOL

TEDES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL.

DATA LÍMITE PARA A ENTREGA DA TAREFA: 25 DE MAIO

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 1º DA ESO

Bos días:

Nesta ocasión imos traballar a nosa capacidade de orientación.

Obxectivo:

Por en práctica técnicas básicas de orientación.

TEDES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL.

DATA LÍMITE DE ENTREGA DA TAREFA: 26 DE MAIO

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 4º DA ESO

Bos días:

A tarefa proposta ten como obxectivo: Relacionar o hábito do consumo de tabaco  eos seus efectos na saúde.

Tes que ler un texto e responder a un cuestionario.

Toda a información está na aula virtual.

Data límite de entrega: 22 de maio

TAREFA DE PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES. 2º DA ESO

DESEÑAMOS CARTEIS RELACIONADOS COA VIDA SA

Bos días:

Nesta ocasión tócanos difundir dentro da comunidade educativa condutas responsables coa nosa saúde.

  

TES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL

DATA LÍMITE DE ENTREGA: 25 DE MAIO

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 3º DA ESO

Bos días:

Hoxe toca repasar os nosos coñecementos sobre orientación deportiva.

Obxectivo:

Explicar e por en práctica técnicas de progresión en contornos non estables e técnicas básicas de orientación.

A tarefa consiste en

Realizar un percorrido pola vila de Baiona.

TES TODA A INFORMACIÓN NA AULA VIRTUAL.

DATA LÍMITE PARA ENTREGAR A TAREFA: 21 de Maio ás 12.00 horas

II Guerrra Mundial. Actividades da semana do 12 ao 19 de maio

Estimadas alumnas e alumnos:

 

Xa está colgada na Aula Virtual a Presentación do novo tema,a II Guerra Mundial.

Atoparedes os epígrafes, a Presentación de Power Point,o documento coas Actividades e o lugar de entrega das mesmas. 

O longo da tarde colgarei tamén a primeira tanda de actividades para  quen teña suspensa a 2ª avaliación. 

Moito ánimo!

María Pérez

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031