Blogues

Actividades Musicais de 1º a 4º da ESO

Xa tedes á vosa disposición, na Aula Virtual do Centro, unha serie de actividades entretidas para reforzar os últimos contidos.

Traballo 4° Eso

Bos dias rapaces!

Xa sabedes que esta semana tedes coma tarefa enviar ao meu correo : crisabeledo1967@gmail.com , as definicions do 2° parcial, moitos de vos xa enviachedes e estan correxidas pero outros , sobre sobre  todo os do grupo B non, polo tanto deberedes ao longo desta semana envialas feitas

Ademais os dou unha paxina que deberedes empregar para estudar a parte dos Totalitarismo:

Regimenes Totalitarios slideshare de Maria Eliana Jiron Ramirez

Desta paxina deberedes estudar :Fascismo italiano, Nazismo,Stalinismo

Durante estes dias , mandarei traballo sobre esta parte. Estade atentos!

Un saudo! Coidaros moito!

Traballo 3° ESO

Bos dias rapaces!

Moitos xa sabedes o que tendes que facer pero lembro para o que ainda non se enterou que nesta semana hai que traballar no traballo que ibades a expoñer tanto de reciclaxe coma o das mulleres , a imposibilidade de facelo de maneira presencial obriga a envialo a aula virtual ou tendes a opcion de envialo a meu correo: crisabeledo1967@gmail.com

Ademais o grupo de 3°A tendes que ver en Youtube o documental: Binta y la gran idea subtitulada en español, deberedes facer un resumo do documental 

e ademais explicar cales das caracteristicas dos paises menos desenrolados aparecen reflexados

A entrega do traballo como limite 20 de marzo

Un saudo e , sobre todo, coidaros moito rapaces

 

2ª LEF- FRANCÉS

Bonjour!

Ya tenéis las instrucciones para realizar la primera clase virtual de 1º ESO,  correspondiente a esta semana y las tareas correspondientes en la Unité 3 de EDIXGAL.

Conectaros cada día que os toque tener clase de francés para poder hacer las actividades que le toca a cada día y que aparecerán explicadas en un documento que colgaré siempre al inicio del bloque de la Unidad en la que estemos trabajando.

Si tenéis cualquier duda, me podéis contactar por mensaje EDIXGAL o en el correo:

deptfrances@gmail.com

Axudas para realizar actividades formativas STEM en lingua inglesa

Convocadas as axudas para realizar actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020.

Destinatarios: alumnado que curse 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria.

Lugar da actividade: CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, O Burgo-Acea de Ama s/n, Culleredo, 15670) en réxime de internado de domingo a sábado seguinte.

Quendas, lugar de realización, datas, número de alumnos/as e cursos a que van destinadas as actividades:

Máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200313_stemweek.pdf

BECAS EUROLINGUA 2020

Convocadas as Becas Eurolingua 2020

Prazo de solicitude: ata as 23.59 horas do 8 de abril de 2020

Máis información: https://www.becaseurolingua.com/

English Assessment

Dear students,

Difficult times require difficult measures. It's time to stay at home to protect our friends, colleagues and the wider community; this is the only way to control the spread of the virus.

I understand that staying at home may be difficult or frustrating. The same way, I'm aware that studying without seeing each other is not the best option, but we don't have any other. If we want to be successful, we must be tenacious and responsible and we'll need a lot of self-discipline. It's very important you plan your study sessions carefully, trying to stick to your school schedule and spend at least the corresponding fifty-minute period working on each subject. To help you in this process, I'll use the virtual classroom where I'll publish instructions every day, starting tomorrow.

Please, any doubts or problems to get into the virtual classroom, send me an e-mail to aleyenda@edu.xunta.es

Best wishes and take care!

Ana Leyenda

Obra de Teatro "I won the talent show"

O pasado mércores 22, o alumnado de 1º e 2º da ESO desprazouse ata o teatro Salesianos para asistir á representación de "I won the talent show", un espectáculo de teatro en inglés interpretado por unha compañía formada por británicos. Esta comedia participativa está ambientada nun concurso de talentos.

Visita a Ecoforest do alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO

O pasado mes de novembro o alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO visitamos as instalacións da empresa Ecoforest, situada en Porto do Molle (Nigrán). Alí amosáronnos os diferentes departamentos, o funcionamento global da empresa así coma os diferentes sistemas de calefacción que eles mesmos deseñan e fabrican. Unha magnífica maneira de favorecer a adquisición dos contidos traballados na aula sobre as instalación en vivendas.

Alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO en Ecoforest

Foi un auténtico pracer poder coñecer as instalacións e o funcionamento de esta gran empresa.

 

Obradoiro "Redes sociais Mátrix"

Hoxe, o noso alumnado de 4º da ESO converteuse, sen sabelo, en testemuña dunha escena simulada de violencia de xénero. Aínda que ao principio non souberon como reaccionar, foron quen de debater sobre o tema e, xuntos, atopar diferentes formas de axudar a unha vítima nunha situación real. Alén diso, concienciáronse das distintas fases polas que pasan as vítimas antes de chegar á violencia física (celos, control, illamento, perda de auto-estima, dependencia...). Non só iso, senón que tamén os alumnos e alumnas protagonizaron varias escenas improvisadas de relacións tóxicas entre adolescentes. Da man de dous grandes profesionais, esta experiencia supuxo un enfoque totalmente distinto a esta lacra social.

A meteoroloxía na Idade Antiga

No marco do Plan Proxecta "Meteoescolas", coordinado no centro pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía, Ana Penas Facorro, o alumnado de Cultura Clásica de 3º ESO "B" participou mediante a realización dunha curtametraxe sobre algunhas divindades gregas relacionadas coa meteoroloxía, concretamente os deuses de vento, Eolo, Noto, Céfiro, Eúro e Boréas.

Nos documentos adxuntos pódese consultar o proceso de creación e elaboración da curtametraxe, que se está a gravar nestes últimos días do curso, así como o guión da mesma.

2º B no Plan Meteoescolas

Na aula de 2ºB traballamos o tempo atmosférico grazas ao Plan Proxecta!

Cada día que viñemos ao cole observamos o tempo que ía na vila de Baiona, onde está ubicado o noso centro educativo. Ademáis, fixemos un rexistro do mesmo tendo en conta o estado do ceo e do aire.

 

A temperatura exterior a medimos a través dun termómetro con forma de rá.

Unha vez tiñamos os datos do mes, tratábamos a información recollida e confeccionábamos as gráficas correspondentes.

 

Ademais do rexistro diario, levamos a cabo o proxecto "Envólvenos!". Este proxecto de aula, inclúese na materia de Ciencias Sociais. Traballamos contidos como: Vocabulario, conceptos básicos,visita á estación metereolóxica do centro...

 

 

Podes ver máis imaxes nos adxuntos!

ACTIVIDAD "METEOESCOLAS"

Dentro del proyecto de MeteoEscolas propuesto por el CPI Cova Terreña “UN PASEO POLAS NUBES”, el alumnado de 4º ESO de LEF realizará la siguiente actividad:

Los alumn@s-periodistas, por parejas, grabarán un parte meteorológico de aproximadamente 3 minutos en el que:

  1. Informarán sobre la previsión del tiempo meteorológico: (presentación 3 y presentación 4)

    • a lo largo de varios días con sus posibles causas y variaciones.

OBJETIVO:

  1. Profundizar la comprensión oral en francés con telediarios reales.

  2. Practicar la expresión oral en francés con seguridad y cierta fluidez.

  3. Conocer los fenómenos meteorológicos en general y los más habituales en Francia.

  4. Conocer el clima de Francia y de sus regiones de ultramar.

  5. Repasar el vocabulario relacionado con el tiempo cronológico (momentos del día, días de la semana, mes, estaciones) y adquirir el específico meteorológico, tanto en la lengua materna como en francés.

  6. Redactar correctamente y con coherencia léxica su guión

  7. Potenciar el trabajo en equipo, la colaboración y la creatividad.

Se trabajarán a partir del vocabulario y estrategias de comunicación que aparecen en su manual didáctico a trabajar en este curso, y que se completarán con un trabajo de búsqueda en internet:

  • visionado de predicciones meteorológicas en francés

  • datos sobre el clima en Francia (metropolitana y de ultramar)

  • uso de las TIC

Querote+: cooperamos no bo trato

O alumnado de 3º ESO continúa mergullándose no programa Quérote+. Nesta caso o alumnado a través da Aprendizaxe cooperativa afonda nun contido clave para crear unha sociedade igualitaria, non discriminatoria e libre de prexiízos: a orientación do desexo e a identidade sexual.

Eu súmome ao bo trato: QUÉRETE BEN + QUE TE QUEIRAN BEN.

Neste curso 2017/18 o alumnado de 3º ESO vai a participar no plan proxecta Quérote+, un programa de educación afectivo-sexual. A fórmula xa a temos, sumarse ao bo trato: QUÉRETE BEN + QUE TE QUEIRAN BEN.

Para o arranque deste programa contamos coa participación de Sonia quen ademais de informar ao alumnado dos servizos e recursos que ofrece Quérote+, partciparon unun obradoiro teórico-práctico para poñer en común e resolver dúbidas que poden existir en relación ás prácticas eróticas e as relacións entre as persoas. Para isto ademási de contar cos seus recursos, atopouse no CPI Cova Terreña cuns bonecos que contribuiron a aclarar ideas e propiciar así novas visións, perspectivas e formas de vivir a sexualidade, e iso CÁMBIACHE O CONTO.

Querote+: seguimos cultivando as nosas relacións

O alumnado de 3º ESO segue a participar no proxecto Quérote+ sobre educación afectivo-sexual. Nesta ocación participou nun obradoiro teórico-práctico sobre a concepción e a anticoncepción co fin de ofrecer información útil, fiable e actualizada que lles permitan ter unha visión global do tema á vez que desmontamos mitos entre todas e todos para saber mellor como e cando tirarnos á piscina.

Xornada de acollida do novo alumnado

O pasado luns 30 de abril visitaron o noso centro o alumnado de 6º curso de Educación Primaria do CEIP de Belesar que cursará 1º da ESO no CPI Cova Terreña para o vindeiro curso escolar 2018/19 .

O obxectivo que se pretendía era que o alumando coñecera o seu futuro centro e ao alumnado de 6º de E.P. do noso centro cos que convivirán o vindeiro ano nas mesmas aulas. Aproveitamos a ocasión para presentarlle as características da nova etapa da ESO e coñeceron as novas materias do 1º curso da man do noso profesorado.

Na xornada tamén tivemos tempo de xogar, compartir unha merenda e rematamos o día escribindo os nosos desexos para o vindeiro ano académico. Agardando que todos eles se cumpran, agardámosvos en setembro en 1º da ESO no CPI Cova Terreña.

Clases sen fume. Actividade creativa de 1º ESO-B

A clase de 1ºESO-B presenta....

A súa actividade creativa dentro do programa "Clases sen fume" no que levan participando neste curso 2017-2018. Despois destes meses de compromiso e aprendizaxe sobre as consecuencias do tabaquismo, a nosa clate ten 16 RAZÓNS PARA NON LIARTE CO TABACO. A súa resposta é clara e firme. Se queres coñecer as súas razóns animámoste a ver o video, e agarda ao final, onde te dan un consello para rachar co tabaquismo. Podes ver o video no arquvo adxunto. agardamos que vos guste.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031