ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

En reunión da Xunta Electoral celebrada o luns 14 de novembro tomáronse os seguintes acordos en relación ao proceso de renovación parcial dos representantes do Consello Escolar:

  • Proclamación de candidatos. Foron proclamados os candidatos para a renovación parcial dos diferentes membros da comunidade educativa:
    • Pais, nais e representantes legais dos alumnos:
      • CARLOTA PICOS LIJÓ.
    • Alumnado: 
      • ADRIÁN GARCÍA BLANCO.
      • EREA GARCÍA FREIRE.
      • ANTÍA LISTA RAMOS.
      • LIAM MARÍN FERNÁNDEZ.
      • GABRIEL RODRÍGUEZ PRIMOY.
      • SAMUEL SÁNCHEZ LAGO.
    • Profesorado:
      • JOSE CASANOVA SANTAMARIÑA.
      • EVA Mª FERNÁNDEZ TORRES.
      • ISABEL ESPIÑEIRA SUÁRIEZ.
      • MÓNICA MARTÍ VALIÑO.
      • PILAR MONTERO IBÁÑEZ.
      • ANA Mª NOVO GONTAD.
    • Persoal non docente:
      • MARÍA MERCEDES MACÍAS REGUEIRO.

 

  • Sorteo para a constitución das mesas electorais. Os membros das mesas electorais para a elección dos representantes dos pais, nais e representantes legais, así como dos alumnos foron sorteados e o resultado xa foi comunicado aos interesados.
  • Horario para as votacións. As votacións terán lugar o MARTES 29 DE NOVEMBRO no seguinte horario:
    • Pais, nais e representantes legais. A mesa electoral estará instalada na entrada da zona de Secundaria. O horario será de 13:45 a 14:15 horas pola mañá, e de 18:00 a 19:00 horas pola tarde.
    • Alumnos. A mesa estará tamén na zona de entrada de Secundaria. O horario será de 11:15 a 11:45, durante o recreo.
    • Persoal non docente. Votarán en Secretaría entre ás 11:50 e as 12:00 horas.
    • Profesorado. En Claustro Extraordinario ás 14:00 horas.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

En reunión da Xunta Electoral celebrada o pasado 3 de novembro, aprobouse o calendario para a celebración do proceso electoral para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar. O proceso será o seguinte:

- Do 3 ao 11 de Novembro: presentación de candidaturas na Secretaría do centro.

- A partir do 3 de Novembro, publicación dos censos electorais. Pódese presentar reclamacións do mesmo na Secretaría do centro.

- 14 de Novembro: proclamación de candidaturas e inicio do prazo de reclamación das mesmas. Sorteo dos membros das mesas electorais.

- 15 de Novembro: inicio da campaña electoral.

- 29 de Novembro: Votacións.

- 5 de Decembro: Data límite para a constitución do novo Consello Escolar.

Nesa mesma reunión determinouse tamén os membros que serán renovados neste proceso electoral:

- Tres representantes do profesorado.

- Un representante do alumnado.

- Un representante dos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.

- Un representante do persoal de servizos e administración.

 

CELEBRAMOS O SAMAÍN E O MAGOSTO

SAMAÍN E MAGOSTO

Durante a semana do 24 ao 28 de Outubro o noso cole celebrou o Samaín, o Halloween e o Magosto. Foron uns días para aprender unha canción de Halloween en inglés, para facer unhas cabazas terrorríficas coa axuda dos papis, mamis e avós..., para adornar as nosas clases e para comer castañas todos xuntos. Aquí tedes algunhas fotos....

 

 

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O próximo luns 24 de outubro iníciase o proceso para a renovación parcial dos representantes no Consello Escolar do noso centro. Nesta convocatoria teremos que renovar tres representantes do profesorado, un dos pais, titores ou representantes legais do alumnado, un alumno e un representante do personal non docente. Teremos que elixir tamén os mesmo número de suplentes.

O MARTES 25 DE OUTUBRO, ás 11:15 horas, no despacho de DIRECCIÓN, terá lugar o sorteo público dos integrantes da Xunta Electoral: un profesor, un pai, un alumno e un membro do persoal non docente. Elixiranse tamén os posibles suplentes. Ao día seguinte, mércores 26, enviaranse as citacións para a constitución da Xunta Electoral que, baixo a presidencia da Directora do centro, velará e coordinará todo o proceso.

Dende o equipo directivo animámosvos a presentar as vosas candidaturas e a que participedes na votación.

NOTA: Toda a información sobre o proceso poderá seguirse a través desta páxina.

FONDO SOLIDARIO CURSO 2016-17

FONDO SOLIDARIO

LIBROS DE TEXTO. 1º e 3º ESO.

Con data 15 de Setembro, xeneráronse as listas dos libros que lles corresponden aos alumnos de 1º e 3º da ESO que solicitaron os libros do FONDO SOLIDARIO. Por mor da lei de protección de datos non podemos facer públicas esas listas, polo que as familias ou os alumnos, deberán pasar pola Secretaría do centro, ou chamar por teléfono, para saber os libros que lle corresponden a cada un. Na próxima semana se fará o reparto destes libros aos alumnos.

CHEQUES PARA MERCAR OS LIBROS DE 2º E 4º ESO.

Os cheques para mercar os libros do alumnado de 2º e 4º ESO que o solicitaron despois da convocatoria de Setembro, xa poden pasar pola Secretaría do centro a recollelo.

AXUDAS PARA MATERIAL.

O alumando da ESO que solicitou o cheque de axuda para material escolar, pode pasar tamén pola Secretaría a recollelo.

INICIO DO CURSO 2016-17 EN EDUCACIÓN SECUNDARIA

 

CURSO 2016-17

ESO

O CURSO COMEZA PARA O ALUMNADO DA ESO, O XOVES 15 DE SETEMBRO EN HORARIO DE 9:00 A 14:00 HORAS. HABERÁ SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR DA FORMA HABITUAL.

IMPORTANTE!!! LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-17

IMPORTANTE!!!!

CADERNOS DE LINGUA CASTELÁ DE 1º E 2º ESO.

A editorial infórmanos dun erro nos ISBN dos cadernos de Lingua Castelá de 1º e 2º ESO. No listado que aparece como documento adxunto na entrada desta páxina dos libros de texto, xa está corrixido con data 15 de Xullo. Os datos correctos son:

- LINGUA CASTELÁ, VV.AA., BLOC VIGIA 1º ESO, EDITORIAL TEIDE, ISBN 978-84-307-8985-6.

- LINGUA CASTELÁ, VV.AA., BLOC VIGIA 2º ESO, EDITORIAL TEIDE, ISBN 978-84-307-9086-9.


Especial Entrevista alcalde de Miño e Yolanda Gutiérrez

No programa 6 despedímonos de todos vós. Foi un ano intenso, con moito traballo e agora chegamos ao final de Radiomiñoca por este curso. Este será un programiña “exprés”, na que incluímos as dúas entrevistas que nos quedaron por subir á radio: a do noso alcalde de Miño e a da maratoniana Yolanda Gutiérrez. Aí van! Escoitádeas que vos gustarán e... ata o curso que vén, radiomiñoquensas e radiomiñoquenses!

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2016-17

EDUCACIÓN PRIMARIA.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.

Con data 6 de xullo sae publicada a listaxe provisional de admitidos no Fondo Solidario de Libros de texto, para alumnado de Educación Primaria.

Por mor da lei de protección de datos non se poden facer públicas estas listaxes polo que deberán chamar ou pasar polo centro para saber os libros que recibirán do fondo para o próximo curso.

Prazo para reclamar dous días a partir da publicación, ata o venres 8 de xullo (horario de atención ao público de Secretaría do centro de 9:00 a 12:00 horas).

CHEQUES DE AXUDA DE MATERIAL.

Os cheques de axuda para material escolar para o alumnado de Primaria poden recollerse a partir do venres 8 de xullo na Secretaría do centro.

CHEQUES PARA AXUDA PARA LIBROS DE TEXTO DE 1º E 2º DE PRIMARIA.

Os cheques de axuda para a adquisión de libros de texto  para o alumnado de 1º e 2º de Primaria poden recollerse a partir do venres 8 de xullo na Secretaría do centro.

EDUCACIÓN SECUNDARIA

As listaxes de admitidos no Fondo Solidario de Libros de Texto para o curso 2016-17 para o alumnado de 1º e 3º ESO non serán publicadas ata o mes de SETEMBRO (pendente da devolución de libros do alumnado con materias pendentes para Setembro).

Os cheques de axuda de material de todos os cursos e os cheques de axudas para a adquisición de libros de 2º e 4º da ESO, poderán ser recollidos na Secretaría do centro a partir do 12 de xullo (Horario de atención ao público de Secretaría , de 9:00 a 12:00 horas).

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO 2016-2017

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO 2015-16

No seguinte adxunto podedes atopar o calendario de exames da convocatoria extraordinaria de setembro, que terán lugar o XOVES 1, VENRES 2 E LUNS 5, conforme aos horarios que nel aparecen.

Distribuir contido