O CPI Castro Baxoi na revista EDUGA

Este mes, coa edición nº64 da revista EDUGA que publica a Consellería de Educación aparece un artigo sobre o CPI Castro Baxoi. O artigo foi elaborado pola nosa coordinadora de biblioteca Carmen Presedo e amosa, dentro do apartado de experiencias educativas, o que foron estes anos de intenso e vibrante traballo a través de proxectos globais en torno á historia e que xa son unha tradición no noso centro.

O artigo tédelo á vosa disposición no seguinte enlace.

http://www.edu.xunta.es/eduga/237/experiencias/desde-cavernas-estrelas


O día Mais

 

 

O vindeiro mércores o noso centro celebrará o DÍA MÁIS DOCE DO ANO. Coa desculpa de que o doce  de Decembro, que é o mes doce do ano doce e exáctamente as doce horas e doce minutos do medio día, achegarémonos todos ao patio e sacaremoslle todo o xugo a tan fermosa palabra da nosa lingua nun momento único e efímero. A celebración é unha desculpa para achegarnos de xeito meloso e agarimoso a palabra, á música, tacto e gusto e enduzar os nosos sentidos.

DE VISITA NO "DINOSAURIOS PARK"

O día 28 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de Educación infantil, fomos a "Dinosaurios Park" en Narón. O día era un pouco frío e chovía, pero aínda así, pasámolo moi ben! Iso sí, as botas e demáis roupa, directas á lavadora!

 Durante a visita, as cámaras do programa "A Revista" da TVG conectaron en directo dende alí. Para ver o vídeo (saímos a partir do minuto 30), picade aquí. 

 

Para ver máis fotos, visita a nosa galería de imaxes: galería.

O Club de Lectura Salicornia no Mosteiro de Monfero

 Club de Lectura Salicornia fixo unha viaxe no tempo. Achegouse á Idade Media da man dos arquitectos miñenses Patricia Sabín e Enrique Blanco que lle desvelaron os segredos do Mosteiro de Monfero dende a súa fundación ata os nosos días, así como o proxecto que eles dirixen para restauralo e darlle unha nova vida.

Houbo ademais un encontro coa maxia. A Feiticeira de Monfero, que habita nos apousentos do Mosteiro e é a herdeira do coñecemento meigo que se desenvolveu ao longo do tempo, falounos dos misterios do seu oficio, leunos contos arrepiantes e ofreceunos unha pinga do seu saber co agasallo do grimonio e das fórmulas de feitizos para facer realidade os nosos desexos.

Así celebramos o magosto

Xa celebramos o MAGOSTO.O día deu para moito, fixemos os cucuruchos, divertímonos cos xogos populares e, sobre todo, comemos castañas...

Aínda que, como o ano pasado, o clima parecía que non estaba con nós, ó final todo quedou nun día con algunhas nubes pero "nin chisca de choiva".

Así, puidemos saír  ó patio e festexar todos xuntos esta tradicional celebración.Ademais de comer castañas, este día tamén entregamos os premios da decoración de portas e corredores:

             A PORTA GAÑADORA

            O CORREDOR GAÑADOR

 

Grazas a todos e todas por colaborar e noraboa aos premiados.

Grazas tamén ós rapaces/as de Secundaria pola súa axuda nos xogos populares, así da gusto.Seguide así.

 

           ATA O ANO QUE VÉN!!!

Podedes ver fotos da festa e dos adornos do colexio na GALERÍA.

Rachando coa porta!

O alumnado de 1º de E.P rachou coa porta que daba entrada á Idade Media.

Foi moi divertido porque,para entrar na aula,houbo que romper unha porta debuxada en papel.Deste xeito xa estabamos todos imaxinando que viviamos noutro tempo.

Unha vez no interior,coa axuda de Clara(1º A) e Javier(1ºB) contamos a historia dun castelo.Coñecimos personaxes típicas desa época:unha princesa,un cabaleiro...e ata unha pantasma!

O certo é que o pasamos moi ben

    

Se queredes ver máis fotos premede aquí.

Benvida ó CPI CASTRO BAXOI.

11/11/2012

O pelotón lingüístico xa ten logo! 

Deseño feito por Serxio Laxe, 3º ESO A 

 

07/11/2012

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiasrevoltas/?q=category/5/27

Neste momento están...

...CONVOCADAS ELECCIÓNS...

...para renovar parte dos membros do Consello Escolar do noso Centro.

Corresponde elixir os seguintes representantes:

·      
1 representante dos pais, nais e titores
·      
1 representante do alumnado
·      
1 representante do persoal de administración e servizos
·      
3 representantes do profesorado.

 

                            CALENDARIO ELECTORAL

  • Do 7 ao 14 de novembro...presentación de candidaturas.
  •   Dende o 6 de novembro... exposición do CENSO de pais. Convén revisalo e comunicar na Secretaría do Centro os erros que se atopen.
  •   26 de novembro...votacións para a elección de representantes do profesorado. 
  • 27 de novembro...votacións para a elección de representantes dos pais, nais e titores. Uns días antes desta data comunicarase o horario de votación. 
  •  28 de novembro...votacións para a elección de representantes do alumnado.
  •   29 de novembro...votacións para a elección de representantes do persoal de administración e servizos.

O NOSO CENTRO SERÁ MELLOR, SE TODOS PARTICIPAMOS!
        PRESENTA A TÚA CANDIDATURA NA SECRETARÍA DO CENTRO!

 

05/11/2012

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Comeza o proceso para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar deste Centro.
Nos próximos días publicarase información sobre esta renovación.

 

30/10/2012

PREPARÁNDONOS PARA O MAGOSTO

O 31 de outubro será o día da celebración do noso MAGOSTO...unha das festas galegas, de carácter agrario, máis antigas.

 

Como xa está cerquiña O Samaín,lembrámosvos que a noite do 31de outubro é unha noite de Meigas, Demos, Monstros, vampiros chuchasangue... É A NOITE DO SAMAÍN!!

 

Igual que o ano pasado, faremos un concurso de adornos de portas e corredores, para iso xa levamos uns días decorando o cole con motivos alusivos a estas festas.

 

UN ANO MÁIS,

RAPACES E RAPAZAS,

PREPARÁDEVOS PARA DISFRUTAR DO MAGOSTO DE NOVO!!! E pensade que:

Se non axudas a limpar

procura non manchar : 0% DE LIXO.

 

O equipo de actividades complementarias e extraescolares mándavos moitos bicos ratunos e moi, moi terroríficos.

 

MAGOSTO e SAMAÍN 2012


24/10/2012

RAP NO COLE

Os días 22 e 24 de outubro o alumnado de 3º e 4º ESO asistimos a un taller de RAP a cargo de David “Owey”. Creamos rimas e rapeamos entre todos o poema “Negra sombra” de Rosalía de Castro.



 

 


Distribuir contido