Visita ao cemiterio de San Amaro (A Coruña)

 

O día 6 de novembro, para celebrar o Samaín, visitamos o cemiterio de San Amaro (A Coruña) da man de Suso Martínez, que nos contou moitas cousas interesantes sobre os persoeiros soterrados alí (Curros Enríquez, Eduardo Pondal e moitos máis). Ao rematar, fomos á Torre de Hércules e alí realizamos un xogo que as profes nos tiñan preparado sobre as estatuas que rodean os campos da torre. Ás 14.00 h. xa estabamos de volta no cole.

         

 

A arte do gravado de Picasso a Barceló

O alumnado de 1º E.P visitou o Centro Sociocultural Afundación de Ferrol e a súa exposición " A arte do gravado de Picasso a Barceló"

Aprendimos que pintores como Dalí,Picasso ou Miró,utilizaban técnicas diferentes ás que estamos acostumados a ver.

Ademáis de coñecer as obras e as súas características máis salientables,tamén nos aventuramos a crear os nosos propios cadros:fixemos composicións divertidas coa técnica do estampado.

 

Samaín, Haloween e Magosto

O día 30 de outubro celebramos unha festa para conmemorar conxuntamente o Samaín, o Halloween e o Magosto.

Pica sobre a imaxe para ver máis

 

Obradoiro Bal Trad para alumnos de 3º ciclo de primaria

 

O vindeiro luns 10 de novembro os alumnos de terceiro ciclo de primaria poderán desfrutar dun obradoiro de danzas europeas.

Este é un proxecto novidoso que xunta mestres e músicos de referencia no ensino de bailes europeos e do Bal trad en Galicia. Con el achégase ás escolas un mundo, o do baile social, moi popular na actualidade en moitos países do centro de Europa.

Os alumnos de terceiro ciclo de primaria poderán aprender e desfrutar de diversos e sinxelas danzas en grupos ou parellas na compaña ademais de músicos ao vivo que amenizarán a sesión facendo dela unha vivencia verdadeira e intensa e nos transportará ás antigas salas de baile que aínda recardaredes os "non tan pequenos".

Circulsos circasianos, scottisches, andros e moitos outros bailes que coñeceremos e practicaremos farán desta xornada un momento inesquecible.

Monitora de baile: Beatriz Díaz.

Músicos: Gema Pérez (violín), Carlos Quintá (acordeón diatónico) e Pedro Pascual (bouzouki).

 

 

 

Club de Lectura "Salicornia" (24/10/2014)

O pasado día 28 de outubro, os alumnos do Club de Lectura Salicornia celebraron o seu particular Congreso de bruxas, feiticeiros e alquimistas. Tiveron unha intensa sesión de cine, cea e... aquelarre.

Vede algunhas das apócemas que se atreveron a comer...

Pica na imaxe para ver a presentación

Días non lectivos

   Os días...

   31 de outubro: día do ensino.

   3 de novembro: día non lectivo local.

   ... non son lectivos nestre centro de ensino.

 

Consultar o Calendario Escolar para o curso 2014-15

Curso 2014-15

 

Pica sobre a imaxe para ter acceso á información

Ruta da auga

 

Chegou o fin de curso! E como remate, o venres 20 de xuño fixemos a preciosa Ruta da auga, en Guitiriz. Unha magnifíca camiñata con risas, baño no río, comida campestre, lectura de poemas, creación propia de haikus, e relax nos xardíns do balneario. Un día completo!

 

Máis e mellor actividade física (Plan Proxecta)

Neste curso levamos a cabo co alumnado de 2º ciclo de Educación Primaria o programa educativo “Máis e Mellor Actividade Física”. Esta actividade do “Plan Proxecta” busca promover na nosa sociedade hábitos de vida activa e saudable, conectando contidos das áreas de Educación Física e de Coñecemento do Medio.

http://www.edu.xunta.es/web/node/6249 (máis información sobre o programa)

No seguinte vídeo podedes ver imaxes dalgunhas das actividades que traballamos co alumnado de 4º.

 

Distribuir contido