Inmersión lingüística de outono

2013-14

Un grupo de alumnos de 6º de Educación Primaria deste CPI están participando nun programa de inmersión lingüística no Centro YMCA de Priego (Cuenca). Saíron o día 20 e volverán o día 26.

Departamento de Música

Curso 2012-13

Cousas que facemos...

O alumnado de 4º de ESO representou a obra "El profesor desinflado"

 

Os nenos e nenas de infantil no certame "Nós tamén creamos"!

Esta é a curtametraxe animada coa que os máis peques do noso centro, os nenos e nenas de 4 anos, participan no certame "Nós tamén creamos" da RTVGA.

Aquí poderedes ver a nosa curtametraxe de animación baseada no conto Pilú Pilú! da editorial OQO. 

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/cpi-castro-baxoi-pilu-pilu

 

Aquí estamos mans á obra elaborando o decorado.

Rebumbio matemático (01/xuño/2013)

Parabéns!

O equipo Os + positivos deste Centro, formado polos alumnos de 6º curso de Educación Primaria, Samuel Blanco, Carla Daniela Faraldo e Andrea López, participaron na fase final do XIII Rebumbio matemático que se celebrou, o día 31 de maio, no Forum Metropolitano (A Coruña).

Nesta final participaron 15 equipos procedentes de toda Galicia que se clasificaron nas fases previas do Rebumbio.

O Rebumbio matemático está organizado por AGAPEMA, a asociación galega de profesores de matemáticas.

Rebumbio matemático

O equipo Os + positivos deste Centro clasificouse para a fase final do XIII Rebumbio matemático.

A fase final terá lugar no Forum Metropolitano (A Coruña) o próximo 31 de maio.

Parabéns a Samuel Blanco, Carla Daniela Faraldo e Andrea López. Todos eles son alumnos de 6º curso de Educación Primaria.

MUSICA PARA PETOS

O pasado 29 de abril, o alumnado do 1º Ciclo de E.P. participou nun obradoiro musical con instrumentos miudos a cargo do intérprete Mauro Sanín.

A sesión consisitiu en demostrar que con instrumentos ben pequeniños, que caben nun bolso, nun peto e que se poden levar a calquera lugar, todos podemos ser músicos e aproveitar momentos libres para combatir o aburrimento.

Os instrumentos que nos ensinou foron moi variados:

-Instrumentos que nun principio non son instrumentos:cunchas,gadoupas,culleres...

-Instrumentos idiófonos: tarrañolas,castañolas,axóuxeres,campaíñas...

-Instrumentos axitadores:caxixis,maracas,ovos...

-Instrumentos infantís:mirlitón,xocalleiros infantís...

Instrumentos de vento:frautas,ocarinas,chifros...

-Instrumentos de bico:arpas de boca( birimbao e harmónicas )

-Instrumentos de lingüeta:Kalimba.

-Instrumentos de reclamo:imitadores de animais,efectos sonoros,cantos de paxaro...

-Instrumentos mecánicos:caixas musicais,xoguetes de corda...

-Instrumentos electrónicos:kaossilator,kaoss pad,teléfono móbil...

 

Pasámolo todos fenomenal!

 

  

 

Exposición Itinerante sobre o Áreas Mariñas Protexidas de Galicia

Dende esta semana e durante unha tempada, contaremos nos pasillos do noso centro cunha exposición intinerante sobre Áreas Mariñas Protexidas cedida polo Centro de Interpretación de Santa Cruz de Oleiros (CEIDA). A exposición consta de varios paneis informativos que nos aportan unha ampla información e contidos sobres os ecosistemas mariños máis importantes do noso litoral.

Publicación na revista Ensaio

Aquí tedes unha mostra máis da actividade desenvolvida por mestres do noso centro.
Marta Meilán, mestra de educación infantil no Castro Baxoi, publica un traballo na revista Ensaio do CEFORE.

Podedes acceder no enlace seguinte:

 


http://montecelo.net/ensaio11/revista_ensaio_11_descubrindo_o_antigo_exipto.html

Xa temos banners seleccionados para a cabeceira da nosa web

A nosa páxina web está de noraboa. Xa foron seleccionados os banners orixinais para encher dende hoxe a cabeceira do nosa web de vida, de cores e do mais importante, o particular e irrepetible xeito que teñen os nosos rapaces e rapazas de entender o centro.

Se queres saber mais disto ou ver tódolos banners seleccionados podes acceder ao espacio do certame.

Día da Paz

Este ano celebramos o Día da Paz "escribindo" a palabra PAZ e "debuxando" a pomba da PAZ. Tamén cantamos, recitamos poemas, escribimos mensaxes, construímos carteis e soltamos globos e pombas que levaron lonxe a nosa mensaxe de PAZ.

Distribuir contido