Formularios de matrícula curso 2024/2025

24/06/2024
Europe/Madrid

A continuación deixamos os modelos de matrícula que podedes traer cubertos para realizar a matrícula do alumnado que cursa ESO no noso centro:

FORMULARIO DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL

FORMULARIO DE MATRÍCULA EDUCACIÓN PRIMARIA

FORMULARIO DE MATRÍCULA 1º E 2º DA ESO

FORMULARIO DE MATRÍCULA 3º E 4º DA ESO

A matrícula do alumnado de Infantil e Primaria que xa estuda no noso centro é automática e non é necesario presentar ningún formulario. No caso do alumnado de ESO, é obrigatorio facelo cada curso. Recordamos que o último día para presentar a matrícula é o 1 de xuño para Infantil e Primaria e o 8 de xuño para Educación Secundaria.

Listaxes de material escolar e libros de texto do curso 2024/2025

07/06/2024
Europe/Madrid

Estimadas familias:

A continuación deixamos as listaxes de material escolar e libros de texto necesarios para o curso 2024/2025:

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicastrobaxoi/system/files/24_25_Libros_Texto_Material_Familias_0.pdf

Convocadas as axudas para libros de texto e material do curso 24/25

23/05/2024
Europe/Madrid

Convocadas as axudas para a adquisición de libros de texto e de material conforme a Orde do 7 de maio de 2024. As axudas que se poden solicitar son as seguintes:

- Participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º de EP).

- Solicitude dun cheque para a adquisición de material escolar (EP e ESO).

- Solicitude dun cheque para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de EP e alumnado con necesidades educativas especiais).

 

Os trámites pódense realizar ata o día 21 de xuño de 2024 na secretaría do centro ou a través do seguinte enlace:

 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

Colaboramos coa fundación Meniños

01/07/2024
Europe/Madrid

No CPI Castro Baxoi estamos comprometidos coa educación afectivo-sexual do noso alumnado. Por iso temos colaborado durante este curso 2023/2024 coa Fundación Meniños e o seu proxecto "Colexio do Benquerer".

Podedes ver máis información no banner da parte dereita da nosa páxina web

PROMOCIÓN 2021-2024

26/06/2024 15:32
Europe/Madrid

Un ano máis toca despedir a estes SORRISOS que nos acompañaron nesta travesía durante 3 anos.

GRUPO A:

 GRUPO B:

PARABÉNS!!!

Resumimos esta etapa nos seguintes vídeos:

 

 

 MOITA SORTE!!!

 

A TVG entrevista aos nenos e nenas participantes en eTwinning

07/06/2024
Europe/Madrid

O programa da TVG "A Revista" achegouse ao noso centro para entrevistar aos nenos e nenas participantes no proxecto eTwinning "From Miño to Portoalegre and beyond".

Deixamos a continuación a ligazón para que poidades ver a intervención (minuto 15:20):

https://shorturl.at/vFl1F

Publicación da listaxe de alumnado admitido, resolución definitiva

Publicada no taboleiro do noso centro a listaxe de alumnado admitido na resolución definitiva para o vindeiro curso 2024-2025.

Publicación da listaxe de alumnado admitido, resolución provisional

Publicada no taboleiro do noso centro a listaxe de alumnado admitido na resolución provisional para o vindeiro curso 2024-2025.

Visita do ilustrador Brais Fierro

23/04/2024
Europe/Madrid

Hoxe visitounos Brais Fierro, ilustrador do cómic de " Roxin Roxal", libro de Manuel Cráneo baseado na lenda que estamos a traballar no proxecto etwinning "From Miño to Portalegre and Beyond". A rapazada de 4ºEP estivo moi atenta a todas as súas explicacións e aprenderon moito.

 

Distribuir contido