Actualización das normas de organización, funcionamento e convivencia

No enlace que aparece ao final desta páxina podedes encontrar a última modificiación aprobada polo Consello Escolar en reunión do 7 de setembro de 2022, referente a:

- Normas de funcionamento, capítulo V, en relación coas entradas e saída, organización dos tempos de lecer e as gardas de tarde (páxinas 22-26, 28 e 31).

- Servizos educativos complementarios, capítulo VII, en relación ao transporte escolar (páxina 55).

Actualización normas organización, funcionamento e convivencia do CPI Castro Baxoi (aprobadas o 7 de setembro de 2022).

Información para as familias de E. Infantil 3 anos.

07/09/2022
Europe/Madrid

Estimadas familias:

As titoras de E. Infantil 3 anos Mari e Raquel, queren deixarvos informacións importantes:

  • A organización do período de adaptación.
  • Folleto informativo.

Ademais invítanvos a seguir o seu blogue.

 Recantos do Baxoi

 

Recibide un agarimoso saúdo.

Documento organización entradas e saídas curso 2022-23

Dado que a situación epidemiolóxica cambiou e que non vai a haber un protocolo específico, elaboramos un documento para lembrar como faremos as entradas e saídas ao centro.

Pode consultar o documento na seguinte ligazón.

Inicio curso 2º de Educación Primaria

Pode consultar a información de inicio para os niveis de 2º de Educación Primaria na seguinte ligazón.

Material alumnado 3º Educación Primaria para o curso e o primeiro día

Pode consultar o material para o alumnado de 3º de Educación Primaria para o curso e para o primeiro día de clase premendo aquí.

Horario adaptación alumnado 4º de EI curso 2022/23

Pode consultar os horarios de alumnado do período de adaptación do alumnado que comeza a segunda etapa da Educación Infantil premendo aquí.

Atención ao público durante o mes de agosto

No caso de precisar algunha certificación ou presentar algunha solicitude, contacten a través do enderezo electrónico:

cpi.castro.baxoi@edu.xunta.gal

Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar

Saiu a resolución das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar, polo que podedes pasar polo centro a recoller os cheques que foron concedidos a partir de hoxe para Educación Primaria e a partir do martes para Secundaria.

O horario de atención ao público:

Día de hoxe, 8 de xullo, de 9 a 14 horas.

Do 11 ao 20 de xullo: de 10 a 12 horas.

Listaxe definitiva fondo solidario libros de texto 2022-23

No día de hoxe, 8 de xullo, publicamos as listaxes definitivas cos libros que lle corresponde a cada alumno/a do fondo solidario de libros de texto para o curso 2022-23.

Estas listaxes están publicadas no interior do edificio.

Listaxes provisionais fondo libros de texto

No día de hoxe, 5 de xullo, publicamos as listaxes provisionais co número de libros que se lle prestarán ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.

O venres publicaranse as listaxes definitivos cos libros asignados a cada alumno/a.

Distribuir contido