CPI CASTRO BAXOI. ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2015-16.

 

CALENDARIO DE ADMISIÓN 2015-2016

Orde do 12 de Marzo de 2013 que regula o proceso de admisión de alumnado.

 http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2015/01/28/orde_do_12_de_marzo_de_2013_de_desenvolvemento_admision.pdf

 

Anexo II: formulario de solicitude de admisión (debe acompañarse coa fotocopia do DNI do alumno ou, no seu defecto, fotocopia do libro de familia)

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2015/01/28/anexoiig.pdf

 

IMPORTANTE:

 1.- Cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento disto supoñerá a perda de dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 2.- O alumno que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 3.- O alumno que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Concerto de NARF para o 3º ciclo de primaria

O artista Fran Pérez NARF, unha das voces máis respectadas do rock en galego, dará un concerto no noso centro para o alumnado de 3º ciclo de primaria o vindeiro luns 2 de Marzo.

NARF é un dos artistas galegos máis internacionais. A súa aposta pola canción en galego e os esforzos por situala na corrente da Lusofonía lévano a percorrer máis dunha ducia de países para tocar con artistas de todo o mundo. Cómpre sinalar a súa especial relación con Africa, presente en toda a súa música, pero moi especialmente en proxectos coma Bumba e Aló Irmao, un disco co que acadou o número un de vendas no continente Africano.

Outra dimensión do universo de NARF vén dada pola súa relación coa obra de Rosalía de Castro, da que ten musicado numerosos poemas de xeito novidoso a través do rock.

Nun concerto moi persoal e íntimo para este público tan especial, NARF proponnos unha viaxe musical partindo da lingua e a cultura galegas que nos abre o camiño para coñecermos as culturas máis exóticas de Africa ou do Brasil.

 

 

Comida saudable co 1º ciclo de EP

Aí vos deixamos unha mostra do que foi o obradoiro sobre comida saudable organizado para os alumnos e alumnas de 1º ciclo de primaria e no que aprenderon cousas moi interesantes sobre como elaborar menús saudables.

   

ENTROIDO

No CPI Castro Baxoi celebramos o Entroido o pasado 13 de febreiro. Coma sempre, colaboramos co proxecto de Biblioteca do noso Centro, este ano dedicado ao século XVIII.

  

O alumnado e as mestras de 1º E.P. transformáronse en MOZART. Temos que agradecer ás familias a súa participación e a súa implicación á hora de elaborar os disfraces.

Foi moi divertido!!!!!!

Alimentación saúdable

Na semana do ENTROIDO, non só houbo festa e parranda: Levamos a cabo un obradoiro de alimentación saudable.

 

Unhas expertas en nutrición viñeron ensinarnos a importancia que ten alimentarse adecuadamente.

Nunha primeira sesión, os nenos e as nenas de 1º E.P. aprendemos a clasificar os alimentos en cinco grande grupos. Un dos nosos compañeiros disfrazouse de monstro e intentaba "tentarnos" con alimentos pouco saudables.

 

Na segunda sesión, fomos capaces de detectar erros nalgúns pratos que nos presentaban as nutricionistas.

Ademais, contáronnos un conto no que un neno decidía probar os alimentos en vez de dicir "non me gusta".

 

Atención. Urxente!!!

 
 
Profesores, pais e alumnos da nosa comunidade educativa. Como xa sabedes, Radiomiñoca presentouse a un concurso nacional cun pequeno podcast e quedamos finalistas, tras a elección dun xurado. AGORA é a fase decisiva, que consiste nunha VOTACIÓN POPULAR!  Por iso necesitámosvos e como sabemos que, dos tres finalistas, RADIOMIÑOCA É A MELLOR... pedímosvos que nos votedes e  que pasedes a información a quen poidades  e queirades para que vote o maior número posible de “fans radiomiñoquenses”.

ÁNIMO, que o prazo remata o día 9 deste mes e temos que conseguir o premio.

É moi doado: só tedes que entrar en https://videointercultural.wordpress.com/audio-12-17-anos/ e pulsar en postdam 12-17  e despois en  MIÑOCAFM, votar e LISTO, a gañar!!!

 

MOITAS GRAZAS de antemán...

 

Xurxo Souto e os Contos do Mar de Irlanda

02/02/2015 23:38
Europe/Madrid

Xurxo Souto, coa buguina, o acordeón e a súa potente voz, levounos de viaxe polos mares e oceános de todo o mundo cos mariñeiros galegos que fixeron de Galiza "non o fin da terra, senón o centro do mar". Contou, cantou e fíxonos cantar e contar, animándonos a rescatar da memoria dos nosos avós as historias de mar e mariñeiros que tan ligadas están á nosa terra e á nosa cultura. Lembrounos tamén os nomes galegos que levan os recunchos mariños e costeiros que hai polo mundo e os que temos a carón de nós, que tan ben coñecen os que van ao mar. En Contos do Mar de Irlanda escribe Xurxo historias que paga a pena ler!

A súa visita pon un selo dourado ás actividades que realizamos para celebrar a Candeloria: ENREDÁMONOS CON NÓS E PALABRAS participando nun obradoiro de nós mariñeiros e tecendo palabras relacionadas co amor.

No mes de xaneiro,fixemos marmelada en primeiro!

 

Seguindo co noso obradoiro de cociña,este mes aprendimos a facer marmelada de mazá.O que nos resultou máis difícil,foi aprender a pelar as mazás.De feito,case todos os cociñeiros e cociñeiras levamos algún pequeno corte.Estes pequenos incidentes non impediron que o resultadao fora estupendo!!
Ademáis traballamos moitas áreas de coñecemento:matemáticas (medindo os ingredientes),lingua (coñecimos un texto diferente:a receita),ciencias naturais (procedencia dos alimentos,alimentos frescos e elaborados)...pero o mellor de todo é que nos imos facendo cada vez máis autónomos.

 

 

Colaboraron con nós moitos profes,porque somos moitos e necesitabamos axuda.Se queredes ver todo o proceso e como foi o resultado final,non deixedes de visitar a galería para ver mais fotos.Estaba deliciosa!!!!

 

Distribuir contido