Viaxes a Madrid e Londres

Xa sabemos o número premiado no sorteo de San Valentín, organizado polo alumnado de ESO para recadar fondos para as viaxes a Madrid e a Londres que están organizando.

9339

O premio é unha noite nun spa, para dúas persoas.

A nosa felicitación para os afortunados!

Facendo queixo

O alumnado do 1º Ciclo de E.P. elaborou un queixo fresco coa axuda de Carmen, a nai do noso compañeiro Héctor.

Tomade boa nota de como o podedes facer nas vosas casas!

Ingredientes:

-5 litros de leite

-2 culleriñas de calleiro (fermento natural que podedes encontrar na farmacia)

-Unhas areas de sal

Preparación:

-Collemos o leite, a ser posible que sexa de vaca acabada de muxir.

-Botámoslle as areas de sal e o fermento natural.

-Nun par de horas, se xa está o leite callado, revolvemos ata que quede esmiuzado. Logo, imos sacando o soro.

-Botamos nun escorrdoiro e, ao cabo dunha hora, dámoslle a volta. Aínda vai seguir saíndo soro.

-Deixamos na neveira e... ao día seguinte xa o podemos zampar!

        

Segunda entrega de Radio Miñoca!

Xa podedes escoitar unha nova entrega de Radiomiñoca na nosa web. Temos unha nova e intensa entrevista que tocará na vosa fibra sensible, unha mesa redonda na que puxemos moito amor, novas e sorprendentes seccións -ademais das xa coñecidas-... que completarán un programa só apto para animais do subsolo.

A comunidade miñocá non deixa de medrar e cada día somos máis.

E ti? Aínda non formas parte dela? 


(Imaxe tomada durante a gravación do programa)

30/01/2014. Día da Paz

 


Celebramos o Día da Paz. Lemos un manifesto, cantamos unha canción, fixemos unha "latucada", construímos un arco da vella e unha pomba... Todo pola Paz!

 

 


Nace Radio Miñoca

Por fin Radio Miñoca sae á luz despois dunha longa espera. Son moitos os que estaban agardando este momento. A gran expectación que se creou en torno a esta nova andaina será satisfeita nesta primeira entrega que comeza xa pisando forte.

Quéreste facer radiomiñocano-a? Pon a orella e escoita este programa inaugural con seccións de entretemento, música a esgalla, múltiples invitados e unha entrevista de alcance ao noso alcalde.

Accede á nosa web, coñécenos, escóitanos e afíliate á nova comunidade de radiomiñocanos que emerxe con forza dende a beira da marisma.

Rastrillo solidario

En Nadal o alumnado de 4º A ESO montou un rastrillo solidario no cole. A recadación é para axudar as familias necesitadas da nosa vila.
Grazas a todos-as os que axudastes mercando e colaborando!


Os inventores do Renacemento e o Barroco

Un ano máis, o alumnado de 1º Ciclo de E.P. quere colaborar co proxecto de Biblioteca do noso Centro. Este curso estamos a traballar o Renacemento e o Barroco.

 

                           

No Festival de Nadal interpretamos sendas obras teatrais sobre os inventores e descubrimentos desta época da nosa Historia.Esta será tamén a nosa temática de cara ao Entroido.

 

                            

Celebramos o Magosto

O venres pasado, día 8 de novembro, celebramos o Magosto. Xogos tradicionais, castañas, doces... Todo o preciso para pasalo ben cos compañeiros e amigos.

A nosa marmelada de mazá

Na primeira semana do mes de novembro, o alumnado de 2º de E. P. elaborou unha saborosa marmelada de mazá.

 

         

 

Como podedes comprobar... cociñar é moi divertido!

Ademais, aprendemos unha chea de cousas: autonomía, colaboración, coñecemento do medio...

Ao día seguinte puidemos saborear a nosa marmelada con pan e manteiga. O certo é que non lle gustou a todo o mundo por igual, pero todos e todas comeron a súa porción.

 

   

Distribuir contido