Publicado o calendario de admisión curso 16/17

Para poder acceder ao calendario de admisión fai click.

Publicada a relación de postos vacantes curso 16/17

Para poder ler a relación de postos vacantes acceda aquí.

CICLO CONCERTOS

Queremos compartir convosco o programa de concertos deste curso 15/16 para os almn@s de primaria. Este ciclo que dalgunha maneira xa vai pola súa terceira edición, pretende promover o contacto cercano entre nen@s e músicos profesionais para compartir a súa música dun xeito natural, relaxado. É compromiso traer aos nen@s propostas de calidade alternativas a sempre presente música comercial que copa os medios monopolizando e homoxeneizando os gustos estéticos.

 

 25.FEB.16 - OBRADOIRO PARA 1º E 2º DE EP.

ARIEL NINAS. MÚSICAS PARA PETO

https://arielninas.wordpress.com/

Ariel Ninas é un músico ferrolán anque el prefire chamarse a si mesmo pasaxista de sons. Irrepetible e quen de camiñar entre a música tradicional e as performances máis contemporaneas trascendendo aos estilos e estéticas pechados.

Desta traenos o seu espectáculo "Músicas para Peto" co que nos mergullamos nun mundo dos instrumentos e trebellos sonoros pequechos. Todos poden coller nun peto. Pódelos levar contigo. Podes tocalos onde e sempre que queiras. Non custan moitos cartos e son doados de tocar. Os máis cativos poderán desfrutar deste mundo sonoro rico, imaxinativo e fantasía que nos achega Ariel Ninas.

 

POR DETERMINAR - CONCERTO PARA 3º E 4º DE EP

CE ORQUETRA PANTASMA. O HOME ORQUETRA

http://www.ceorquestrapantasma.com/

César Freiría e un músico vigués cuns comezos lindados á música tradicional e a paixón por todos cantos instrumentos lle caían nas mans. Isto, unido á súa pericia para crear os seus propios trebellos sonoros, levouno dende hai un tempo a decidir facerse "home orquetra"; unha práctica xa case que esquecida nos tempos que corren.

O resultado que nos achega é unha viaxe inesquecible a través dos sentidos, da imaxinación e da fantasía cun espectáculo cercano, festeiro e cheo de diversión onde os nen@s poderán cantar, bailar e disfrutar como nunca da música.

 

1.MAR.16 - EXPOSICIÓN DIDÁCTICA PARA 5º E 6º DE EP

PABLO CARPINTERO.OS INTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS

http://www.consellodacultura.gal/asg/instrumentos/autores/pablo-carpintero-arias/

Este doutor en bioquímica, todos os días cando sae do seu laboratorio da Universidade de Santiago, deixa os seus experimentos para adicarse a investigar a que é a súa verdadeira paixón: a música e intrumentos tradicionais galegos. Incansable, percorre os pobos máis recónditos en busca de cancións e instrumentos que aprende dos máis vellos.

Con unha paixón contaxiosa, Pablo descubrirános o valiosa e diversa que pode ser a nosa tradición e sumerxirános no mundo das súas viaxes na procura de instrumentos esquecidos, sons e melodías que se perden no tempo, de xentes e formas de vida que deixaron de existir e que nos axudan a ver de onde vimos.

 

SORTEO CESTA DE ENTROIDO

 

O gañador da cesta de Entroido é o posuidor da papeleta co número

441

Recordade que o recaudado coas papeletas é para a viaxe de fin de estudos do alumnado de 4º ESO.

Parabéns ao gañador e grazas ao comercio de Miño que colaborou connosco:

DIA, EROSKI, GADIS E PANADERÍA MIÑO.

 

O gañador pode pasar, no prazo de 15 días, polo CPI CASTRO BAXOI, coa papeleta, para recoller a súa cesta.

GRAZAS A TODOS POR COLABORAR

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

 

O venres 29 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ.

 

 

 

  Fixemos MAXIA 

    para que a PAZ

    sexa a nosa

    realidade...

 

 

 

 

Chegaron as

POMBAS con

moitos contos ...

 

 

 

 

 

 

 

 

      ... e na nosa

          ÁRBORE

          quedaron.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Radio Miñoca

Como sabedes, a páxina web oficial de Radio Miñoca sufriu un erro no seu servidor e atopábase ata o do pronto inactiva. Nós seguimos traballando para podela restaurar. Polo momento ofrecémosvos un link alternativo á nosa canle de podcast de iVoox namentres non o damos amañado. Desculpade as molestias.

PROGRAMA ESPECIAL DA NOSA RADIO MIÑOCA

Hoxe, luns 25 de xaneiro, a nosa Radio Miñoca realizou un programa moi especial. Trasladou o seu estudo ao Auditorio de A Rúa, nunha emisión en aberto, con público, entre os que estaban os alumnos de 3º e 4º de Secundaria e o alcalde de Miño. O motivo, unha entrevista co xuíz Vázquez Taín, coñecido pola súa instrución de casos tan mediáticos como o roubo do Códice Calixtino ou o caso de Asunta Basterra

 

 

Durante case dúas horas, someteuse ás cuestións dos nosos "xornalistas", Alba, Roberto e Antonio, con Anxo como moderador e Brezo como técnico. Sen olvidar a todo o equipo de redacción que preparou o programa, Soraya, Adriana, Andrea, Diego, Ismael e Yanira, coordinados por Begoña e Patricia e coa axuda técnica de Guti.

 

 

 FELICIDADES POLO VOSO TRABALLO!!!!!!!

 

 

E só nos queda invitarvos a todos a escoitar o programa que moi pronto colgaremos na nosa páxina.

 

NOVAS DO ALUMNADO DO CASTRO BAXOI

Unha das nosas alumnas, Andrea Varela Herrero, do grupo de 3º ESO, é noticia porque unha carta dela foi publicada en "Cartas al director"do xornal La voz de Galicia do pasado venres 8 de xaneiro. Nela, Andrea fai unha reflexión sobre a contaminación que estamos causando ao noso planeta e a necesidade de concienciarnos sobre a importancia dos "6 erres".

Os nosos parabéns para a nosa alumna!!!

Se picades neste enlace podedes ler a carta.

 

... E VISITOUNOS O APALPADOR!

16/12/2015 11:58
Europe/Madrid

Coma todos os anos por estas datas O APALPADOR visitou o noso cole. Foi polas aulas de Infantil e Primaria e conversou cos nenos e nenas que o recibiron con agarimo e ilusión.

PARTICIPAMOS NO RETO QUIMIONS

16/12/2015 11:27
Europe/Madrid

 

¿Que é un QUIMION? Pois así se chama a unha funda de feltro adornada cun superheroe, una princesa ou un personaxe infantil que o persoal sanitario das plantas de Oncoloxía Pediátrica dos hospitais utilizan para cubrir as bolsas de medicamentos que lles administran aos nenos. O CPI Castro Baxoi participa no RETO QUIMIÓNS CORUÑA, unha iniciativa que pretende conseguir un número suficiente de QUIMIÓNS para que todos os nenos hospitalizados na Coruña teñan ao seu carón os seus personaxes favoritos mentras reciben os tratamentos que precisan. Os alumnos de Pedagoxía Terapéutica e 2º e 4º de Educación Primaria e os alumnos da ESO que forman parte do Club de Lectura Salicornia, axudados polos seus profesores, as súas familias, dúas artesás oleirenses e outros membros da comunidade escolar realizaron nos últimos días 59 quimions que xa foron entregados aos impulsores da iniciativa. Velaí o froito do noso traballo.

Distribuir contido