AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUA ESTRANXEIRA 2016

Con data 16 de Maio publicáronse as listaxes correspondentes a Orde do 14 de Marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, para o alumnado de centros sostidos con fondos públicos (DOGA 28/03/2016).

Podedes consultar estas listaxes na seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/axudasle

 

 

 

UN DÍA DE CONVIVENCIA EN 3º ESO

O día 13, 3 ESO coas profes Flor e Begoña, estivemos na fervenza do Toxa, no mosteiro de Carboeiro e nas ínsuas de Gres. Foi unha excursión xenial! Fixemos de todo: escalar rochas, andar por riba dos penedos, mollarnos, rir, xogar nos bambáns, cantar... e ata facer unha despedida emotiva da nosa querida Flor...

CHEGOU O NOSO PRIMEIRO ESCORNABOT!

14/05/2016 16:42
Europe/Madrid

 

O CPI Castro Baxoi foi seleccionado entre máis de 120 centros de toda Galicia para participar no proxecto ESCORNABOTS de Bibliotecas Escolares . Catro mini-robots estarán á disposición da comunicade escolar na biblioteca do Centro para iniciar aos alumnos de Infantil e Primaria na linguaxe de programación e axudarlles a mellorar as súas competencias. Para que os escornabots nos axuden a aprender teremos que coñecer ben como guialos, así que imos ter que pensar, expresarnos, intercambiar opinións, decidir, colaborar.. e tamén divertirnos. Neste final de curso traballaremos sobre as propostas de actividades e no vindeiro o noso cuarteto de escornabots camiñará connosco ata onde nós queiramos.

 

Escornabot

 

 

 

Radiomiñoca -Abril. 2016-

Ola amigos e amigas radiomiñoqueiros! Aquì de novo neste xa cuarto programa. Esta vez escoitaredes un monòlogo de medo, os máis peques -e os non tan peques- contestando as preguntas patio, unhas interesantes entrevistas, un contiño q reivindica a igualdade, e moitas outras cousas interesantes q de seguro vos gustarán. Asì q ánimo e pegade as orellas q comeza a vosa radio... a Radiomiñoca .... a radio do Castro Baxoiiiii

VISITANDO A CASA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 28 de abril, o alumnado de 1º ESO e as profes Elvira e Begoña, viaxamos ata Padrón para visitar a casa de Rosalía de Castro. Vimos os seus retratos, cartas e poemas escritos da súa man, a cama na que todos os días se coloca unha fermosa rosa vermella, algúns dos seus libros...

Despois de visitar a casa da Matanza, fixemos un xogo polos seus xardíns (a gañadora foi Ana Pérez, de 1º A) e recitamos as súas poesías.

Foi un día ben bonito, aínda que nos gustaría quedarnos máis tempo...!

 

 

 

 

CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DEDICADO A MANUEL MARÍA

COÑECENDO A MANUEL MARÍA.

O día 25, 4º ESO e as profes Antonia e Begoña, viaxamos a Outeiro de Rei para coñecer de cerca a vida e obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2016: Manuel María.

Estivemos moi ben acompañados por un guía moi especial, Fernán, con quen aprendemos, rimos, pasámolo xenial, sacamos fotos, recollemos auga do regato do Cepelo (tan querido por MM) e ata gravamos o son da fonte da Pinguela!

Foi un día precioso en todos os sentidos, do que seguro teremos recordos gardados para sempre.

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2016-17

LISTAXE DEFINITIVO DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2016-2017

Rematado o prazo de reclamación, publicamos a listaxe definitiva do novo alumnado admitido no centro para o curso 2016-2017.

Todo o alumnado desta relación deberá formalizar matrícula nos prazos seguintes:

  • Alumnado de Educación Infantil e Primaria, entre o 20 e o 30 de Xuño.
  • Alumnado de ESO, entre o 25 de Xuño e o 10 de Xullo, no prazo ordinario, e entre o 1 e o 10 de setembro, no prazo extraordinario.

O 15 de Maio empeza o prazo dun mes para presentar recurso de alzada ante a Xefatura Territorial, contra as listaxes definitivas.

 Orde do 12 de Maio de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas do 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de Maio de Educación.

Podedes consultar a listaxe premendo no seguinte arquivo.

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2016-2017

CURSO 2016-2017.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO.

Con data 5 de Abril, publícase a listaxe provisional do alumnado admitido neste centro para o curso 2016-2017. Contra esta resolución pódese presentar reclamación diante do Consello Escola, nun prazo de cinco días a partir da data da súa publicación.

A listaxe definitiva publicarase antes do 15 de Maio e o período de matrícula será entre o 20 e o 30 de Xuño. Antes de rematar o curso, teremos unha xornada de presentación para o novo alumnado, da que se informará a través da Secretaría e desta páxina web.

Pódese consultar a listaxe neste arquivo.

Radiomiñoca -mar. 2016-

Neste terceiro programa temos novidades. A ver se vos gustan! Diego lerá un monólogo sobre os Tiranosaurios Rex; Andrea recitará un poema de Manuel María e Alba nos contará algunhas curiosidades do mundo que vos chamarán a atención. Ademais temos chistes, noticias do noso cole (Yanira desexa unha boa semana aos de 4º ESO que marchan de excursión); os pequerrechos contestan as preguntas que lles fan Roberto e Antonio (escoitádeas que seguro pasaredes un bo anaco de tempo). Teremos connosco a Edita, ex profe do cole, que lerá un fermoso conto sobre un paxaro e unha árbore e … Tachín, tachín!!!!! tamén escoitaredes a nosa entrevista estrela deste curso: a do xuíz Vázquez Taín.

Pasádeo ben con este programa! Pronto volveremos con todos vós con moitas cousas máis.

 

Proxecto Terra: Charla sobre o dereito ao hábitat

30/03/2016 10:26
Europe/Madrid

Os alumnos de 1º de ESO participaron  nunha charla con Sole e Alberto, membros da ONG Arquitectura sen fronteiras e autores da unidade didáctica O Dereito ao hábitat coa que se iniciou a andaina dentro do Proxecto Terra. Foi o momento de analizar os debuxos realizados polos alumnos que recollen os aspectos fundamentais do seu hábitat (Miño) e de reflexionar conxuntamente sobre todo o que hai e tamén sobre o que falta para que este hábitat humano sexa adecuado para o desenvolvemento persoal e social dos que aquí viven.

Distribuir contido