Radio Miñoca. Especial Carlos Casares.

Aquí tedes o programa que Radiomiñoca fixo coa radio do CPI Virxe da Cela de Monfero. Nel está a entrevista que Radiomiñoca fixo a Håkan Casares, fillo de Carlos Casares -o autor homenaxeado este curso polas nosas letras-. Que vos guste!

http://radioitinerantecreativa.blogspot.com.es/p/cpi-virxe-da-cela-ii.html

Programa 3 de Radiomiñoca na web!

 Ola! De novo estamos con todo vós neste terceiro programa de Radiomiñoca.

 

 Esta vez temos:

 -As nosas clásicas seccións de humor,

 -Lectura de contos e poemas,

 -Curiosidades do mundo,

 -Chíos sobre a PAZ (que falta nos fai!),

 -As famosas preguntas patio ás que veñen rapaces e rapazas de Infantil, Primaria e Secundaria,

 -Un hábito non tan saudable como os que acostuma a contarnos Josete, esta vez contado por Iván Miño,

 -Unha emotiva cuña sobre a discapacidade a cargo da rapazada de Valores de 4º A e 4º B  de Primaria e

 -A entrevista estrela deste programa, que esperamos que vos guste: Adrián Rocha conversa con Iván Ares, piloto de rallyes.

 

 Ata a próxima!

ADMISIÓN CURSO 2017-18

CPI CASTRO BAXOI.

CALENDARIO DE ADMISIÓN 2017-2018

Presentación solicitude de admisión

Do 1 ao 20 de Marzo

Presentación documentación xustificativa

Do 23 de Marzo ao 3 de Abril

Publicación listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

Antes do 25 de Abril

Publicación listaxes definitivos de admitidos e non admitidos

Antes do 15 de Maio

Formalización matrícula

EI, EP: 20-30 de Xuño

ESO, BAC: 26 de Xuño-11 de Xullo.

Formalización matrícula. Prazo extraordinario (ESO/BAC)

Do 1 ao 11 de Setembro

 

Orde do 12 de Marzo de 2013 que regula o proceso de admisión de alumnado.

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2015/01/28/orde_do_12_de_marzo_de_2013_de_desenvolvemento_admision.pdf

 

Orde do 25 de Xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de Marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2 ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170201_admision.pdf

 

Anexo II: formulario de solicitude de admisión (debe acompañarse coa fotocopia do DNI do alumno ou, no seu defecto, fotocopia do libro de familia)

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/3anexos_formateadois_ed550b_g.pdf

 

IMPORTANTE:

1.- Cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento disto supoñerá a perda de dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2.- O alumno que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3.- O alumno que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017

PREPARANDO O DÍA DE CARLOS CASARES

Este ano 2017 o Día das Letras Galegas esta dedicado á figura do escritor CARLOS CASARES.

No CASTRO BAXOI, xa estamos comezando a preparalo:

O pasado luns 23, un grupo de 2º ESO que forma parte da nosa RADIOMIÑOCA participou, nun programa de radio, co alumnado de 4º de Primaria do CPI VIRXE DA CELA de Monfero.

E este martes 30, o fillo de Carlos Casares, HAKAN Casares, visitará a nosa emisora para ser entrevistado polo noso equipo radiofónico

PARABÉNS, EQUIPO!!!!!

SORTEO DA BICICLETA

 

SORTEO DUNHA BICICLETA

ÚLTIMA HORA!!!!!

Como o gañador do sorteo da BICICLETA non apareceu, volveremos a sorteala o próximo 23 de FEBREIRO coincidindo co festival do Entroido. Estade atentos!!!!!

******************************

O número gañador do sorteo dunha BICICLETA celebrado este mércores 21 de decembro durante a celebración do Festival de Nadal, é o 71.

Os afortunados poderán recollela o luns 9 de xaneiro, primeiro día lectivo despois das vacacións de Nadal, na Secretaría do centro ensinando a rifa premiada. Noraboa.

FELICES FESTAS A TODOS!!!!

 

Radiomiñoca -dec. 2016-

Xa estamos de novo convosco en Radiomiñoca, a radio do CPI Castro Baxoi

Neste segundo programa que colgamos antes da paréntese navideña (que o noso traballiño nos custou!escoitaredes, conducidos esta vez por Lian Marín como locutora, o seguinte:

-Chistes para pasar uns bos momentos,

-un fermoso poema de Sechu Sende que vos fará pensar,

-un conto que lerán tres dos colaboradores radiomiñoqueiros,

-a sección de preguntas patio cos pequenos do cole -e os non tan pequenos-, 

-unhas cantas curiosidades do noso fermoso mundo, 

-unha entrevista a Adrián Vázquez -piloto de karts e alumno de 4º ESO no noso cole-

-e unha nova sección conducida por Josete dedicada aos hábitos saudables.

Que vos guste e ata o próximo!!!

 

E de paso… 

FELIZ NADAL DENDE RADIOMIÑOCA 

PARA TODA A COMUNIDADE ESCOLAR!

 

25 de NOVEMBRO: NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.

25 DE NOVEMBRO

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hai días que son especiais no Castro Baxoi. Días onde aprendemos cousas co corazón, onde sementamos conciencias para o mañá.... Este 25 de Novembro o noso cole TECEU FÍOS PARA A IGUALDADE.....

Todos diximos NON, BASTA XA, O AMOR NON DOE..... O dixemos, o escribimos....

 

 ....... e o pintamos para non esquecelo....

Radiomiñoca -Nov. 2016-

Presenta o programa: JOSETE
Estas son as sección deste primeiro programa do curso 16-17 en Radiomiñocafm:
-UNHA INTERESANTÍSIMA ENTREVISTA A JOSÉ GÓMEZ MIÑO, colaborador do ex presidente de Uruguai, José Mujica.
-Geraldín le un breve pero fermoso poema.
-A famosa sección radiomiñoquense de “Preguntas patio”, por onde pasa todo o cole: dende Infantil ata Secundaria.
-As “nosas” curiosidades do mundo, nas que vos contamos as marabillas deste planeta.
-Cerramos o programa cunha interesante entrevista sobre a EXPOTAKU. Ah! Que non sabedes que é? Pois escoitade a uns expertos no tema…

DESEXAMOS QUE O PASEDES MOI BEN ESCOITANDO A RADIO DO NOSO COLE!!!

ATA O 2º PROGRAMA…

CURSO 2016-17

ITINERARIOS LECTORES. CURSO 2016-17.

Nos arquivos adxuntos podedes atopar os itinerarios lectores para os diferentes cursos e etapas.

 

CURSO 2016-17

RESUMOS DAS PROGRAMACIÓNS

No seguinte enlace, podedes acceder á Aula Virtual onde atoparedes os resumos das programacións das diferentes materias e cursos, das tres etapas educativas, para este curso 2016-17.

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicastrobaxoi/aulavirtual/course/index.php?categoryid=37

Distribuir contido