AXUDAS PARA FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN

EN LINGUA ESTRANXEIRA

Con data 8 de Xuño publicáronse as listaxes definitivas de admitidos e suplentes na convoctaria de axudas para acitvidades de formación en linguas estranxeiras (DOGA do 27/02/2017).

Estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na web da convocatoria:

http://www.edu.xunta.es/axudasle

 

 

"A guerra dos números" premiada como "Mellor obra de ficción"

A nosa película de animación participou no "FESTIVAL DOS SOÑADORES" organizado polo CEIP Canosa-Rus de Coristanco.Quedamos como finalistas en dúas modalidades: Mellor obra de animación e Mellor obra de ficción.

Finalmente acadamos o 1º Premio nesta última categoría.

Acudiu á entrega de galardóns a mestra de 1ºA,Zeltia López Sande, o pasado 6 de xuño. O alumnado de 1º de E.P. seguiu en directo a gala de entrega de premios a través de Youtube. Deste xeito, puideron vivir a experiencia de preto dende Miño. O momento no que nos concederon o premio foi unha explosión de ledicia para o profesorado e o alumnado.

Os nosos parabéns ao CEIP Canosa-Rus pola magnífica labor que levaron a cabo ao longo de todo o curso, que culminou con este "FESTIVAL DOS SOÑADORES"

A continuación tedes varios enlaces relacionados co FESTIVAL.

https://www.youtube.com/watch?v=_Y9EiVhu0L4&feature=youtu.be

https://festivalsonhadores.blogspot.com.es/2017/06/curtas-premiadas.html

 

 

 

 

 

 

Concerto de Oîma

E así foi o marabilloso concerto que nos brindou Oîma e que ademáis deixounos a oportunidade de desfrutar coma nunca dun recuncho máxico e pouco empregado no noso centro.

 

 

A nosa película

Aquí tedes a película de animación feita polos alumnos e alumnas de 1º de primaria que xa podedes ver na páxina da CRTVG. Agardamos que vos guste.

A Guerra dos Números from zeltia lopez sande on Vimeo.

Concerto para alumnos de 3º e 4º de EP

O vindeiro venres 2 de Xuño os nosos alumnos poderán desfrutar dun concerto a cargo de Oîma. Trátase dun trio xoven cunha proposta moi novidosa coa que tran as músicas e ritmos do chamado "Baltrad" europeo, unha corrente musical e cultural afondada nos países do centro de europa.

Programa conxunto Radio Miñoca-Radio Monfero

Un programa sobre o Patrimonio Cultural realizado conxuntamente polas dúas radios.

CURSO 2017-18. LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

CURSO 2017-18

No DOGA do 22 de Maio publicouse a orde que regula a participación no FONDO SOLIDARIO de libros de texto e se convocan AXUDAS para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2017-18. 

Nos adxuntos podedes atopar a orde e o anexo I para solicitala.

Orde do 16 de Maio de 2017 (DOGA 22 de Maio).

Solicitude. ANEXO I.

OBRADOIRO DAS EMOCIÓNS

O NOSO RECUNCHO DAS EMOCIÓNS

O curso vai rematando... que pouco queda!!!! Unha das cousas que dimos por finalizadas foi o obradoiro das emocións que este curso, dende Infantil ata a ESO desenvolvimos coa axuda das nosas profes de Atalaia. Aprendimos moito e o podedes ver no noso RECUNCHO DAS EMOCIÓNS que fixemos todo o alumnado de Infantil e Primaria. Nel podemos atopar os paus máxicos, a árbore dos desexos, a botella da calma, a caixa dos afeitos.... 

 

 

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Un curso máis no CPI CASTRO BAXOI celebramos o Día das Letras Galegas, este ano dedicado ao escritor CARLOS CASARES.

Ademais, coincidindo con esta festa, celebramos tamén o noso MAIO. Este ano, aproveitando o bo día, o fixemos no patio do cole. Quedounos moi chuli como podedes ver nas fotos! Os nenos e nenas de 6º prepararon unhas cantigas e danzas co noso profe Guti. Sairon moi pero que moi ben!!!!

 

 

 

AVALIACIÓNS DE DIAGNÓSTICO

AVALIACIÓNS DE DIAGNÓSTICO

Neste curso 16-17 desenvolveranse no noso centro as seguintes avaliacións de diagnóstico:

- AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, que se vai a desenvolver en todos os centros de Galica. 

- AVALIACIÓN FINAL DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA, para o alumnado de 4º ESO. O noso centro foi seleccionado para formar parte da mostra de centros participantes nestas probas.

Podedes consultar toda a información sobre estas probas nos seguintes enlaces:

Avaliación individualizada de 3º EP

Avaliación final de 4º ESO

Distribuir contido