BIBLIOTECA DO CPI CASTRO BAXOI

O CPI CASTRO BAXOI

NA REVISTA EDUGA

Acaba de saír o novo número da revista EDUGA e na sección BIBLIOTECAS- BOAS PRÁCTICAS está o artigo que enviamos sobre a experiencia cos escornabots no noso cole. Felicidades a todos!!!!

Podedes velo neste enlace:

http://www.edu.xunta.gal/eduga/1374/boas-practicas/os-escornabots-no-cpi-castro-baxoi

CURSO 2017-18. LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

AVISO IMPORTANTE!!!!!!

O noso cole presentou a súa solicitude para a participación no proxecto EDIXGAL, o que supoñería que o alumnado que no curso 2017-18 curse 5º de EP e 1º ESO, utilizaría libros dixitais. Este programa é compatible co Fondo Solidario de Libros de Texto e as axudas para material. 

Só 30 centros de Galicia serán admitidos no programa no curso 17-18. A resolución sairá antes de setembro. Por iso dúas cousas:

1.- Non merquedes todavía os libros de 5º EP e 1º ESO ata novo aviso. Cos boletíns estes alumno levaban unha nota que xa o indicaba.

2.- Estade atentos a esta páxina onde iremos poñendo as novas sobre esta solicitude.

 

Deixamos o enlace do programa para que o ceñezades. Grazas 

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/convocatoriaedixgal

Radiomiñoca. Xuño 2017

Programa final, despedida curso 2017. Ata sempre, radiomiñoqueiros-as!

 

 

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2017-18.

LIBROS DE TEXTO

CURSO 2017-18

No arquivo adxunto tedes o listado de libros e material para o curso 17-18 dos diferentes cursos e materias.

 

AXUDAS PARA FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN

EN LINGUA ESTRANXEIRA

Con data 8 de Xuño publicáronse as listaxes definitivas de admitidos e suplentes na convoctaria de axudas para acitvidades de formación en linguas estranxeiras (DOGA do 27/02/2017).

Estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na web da convocatoria:

http://www.edu.xunta.es/axudasle

 

 

"A guerra dos números" premiada como "Mellor obra de ficción"

A nosa película de animación participou no "FESTIVAL DOS SOÑADORES" organizado polo CEIP Canosa-Rus de Coristanco.Quedamos como finalistas en dúas modalidades: Mellor obra de animación e Mellor obra de ficción.

Finalmente acadamos o 1º Premio nesta última categoría.

Acudiu á entrega de galardóns a mestra de 1ºA,Zeltia López Sande, o pasado 6 de xuño. O alumnado de 1º de E.P. seguiu en directo a gala de entrega de premios a través de Youtube. Deste xeito, puideron vivir a experiencia de preto dende Miño. O momento no que nos concederon o premio foi unha explosión de ledicia para o profesorado e o alumnado.

Os nosos parabéns ao CEIP Canosa-Rus pola magnífica labor que levaron a cabo ao longo de todo o curso, que culminou con este "FESTIVAL DOS SOÑADORES"

A continuación tedes varios enlaces relacionados co FESTIVAL.

https://www.youtube.com/watch?v=_Y9EiVhu0L4&feature=youtu.be

https://festivalsonhadores.blogspot.com.es/2017/06/curtas-premiadas.html

 

 

 

 

 

 

Concerto de Oîma

E así foi o marabilloso concerto que nos brindou Oîma e que ademáis deixounos a oportunidade de desfrutar coma nunca dun recuncho máxico e pouco empregado no noso centro.

 

 

A nosa película

Aquí tedes a película de animación feita polos alumnos e alumnas de 1º de primaria que xa podedes ver na páxina da CRTVG. Agardamos que vos guste.

A Guerra dos Números from zeltia lopez sande on Vimeo.

Concerto para alumnos de 3º e 4º de EP

O vindeiro venres 2 de Xuño os nosos alumnos poderán desfrutar dun concerto a cargo de Oîma. Trátase dun trio xoven cunha proposta moi novidosa coa que tran as músicas e ritmos do chamado "Baltrad" europeo, unha corrente musical e cultural afondada nos países do centro de europa.

Programa conxunto Radio Miñoca-Radio Monfero

Un programa sobre o Patrimonio Cultural realizado conxuntamente polas dúas radios.

Distribuir contido