AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUA ESTRANXEIRA 2016

Con data 14 de marzo de 2016, convócanse as axudas para a realización de actividades de formación en lingua inglesa para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, e 1º e 2º de Bacharelato, de centros sostidos con fondos públicos na Comunidade de Galicia.

No seguinte enlace podedes consultar toda a información. O prazo para solicitala é dun mes dende o día seguinte a súa publicación no DOGA (DOGA do 28 de marzo de 2016).

http://www.edu.xunta.es/portal/node/18534

 

 

O AXEDREZ DA UNHA NOVA ALEGRÍA AO CPI CASTRO BAXOI

Os días 6 e 13 de Marzo tivo lugar a fase comarcal do torneo de Axedrez do programa XOGADE cuns 200 xogadores. Na categoría benxamín, participaron uns 60 rapaces formando máis de 10 equipos. Un destes equipos foi o formado polos alumnos do CPI CASTRO BAXOI: Miro Rivas, Hugo Couce, Adrián e Itziar Mediavilla, Noel Allegue, Juan Blanco e Sergio Estévez. Por segundo ano consecutivo os nosos alumnos revalidaron o título de campions, o que lles permite pasar a seguinte fase, que tamén gañaron o ano pasado. 

 

 

 

MOITAS FELICIDADES A TODOS E MOITA SORTE NA SEGUINTE FASE!!!!!

 

 

CURSO 2016-17. RESERVA DE PRAZA.

AVISO IMPORTANTE!!!!!

Recordade que o prazo para a presentación da solicitude de reserva de praza para o curso 2016-17 remata o día 20 de Marzo. Ao ser esta data domingo e coincidir coas vacacións de Semana Santa, será o martes 29 de marzo, primeiro día lectivo despois das vacacións, o último día para entregala.

DOCUMENTOS DO CENTRO: NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

Nova actualización das NOFs con data de 11 de setembro de 2018, aprobadas en Claustro e Consello Escolar. As actualizacións aparecen suliñadas en amarelo na páxina 33 referidas ao agrupamento do alumnado en relación coa escolarización dos irmáns. 

No seguinte arquivo recóllese o documento xa actualizado.

 

Actuacións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no CPI CASTRO BAXOI

No curso 2015-16, o noso centro é obxecto de actuacións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo do Programa Operativo do Fondo Social Europeo de Galicia 2014-2020 e do Programa Operativo de Empego, Formación e Educación 2014-20120, xestionado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Trátanse de medidas encamiñadas a reducir a taxa de abandono escolar temperá. Neste curso, son obxecto destas axudas o 4º curso do Programa de Diversificación Curricular, e a implantación dos novos itinerarios en 3º ESO, curso onde o alumnado ten que elixir entre as Matemáticas Aplicadas e as Matemáticas Académicas.

As bases do programa implican dar a coñecer estas actuacións, as súas bases e obxectivos. É por iso que engadimos unha serie de enlances onde podedes atopar toda a información relativa a estes programas.

Portal da Consellería de Educación onde podedes acceder a toda a normativa referente aos itinerarios de 3º ESO e ao Programa de Diversificación Curricular:

www.edu.xunta.es/portal/fse-eso

www.edu.xunta.es/portal/fse-pmar

Cartel e tríptico sobre os programas:

http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/xunta-fse-imparticion_itinerarios-47x33.pdf

http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/folleto_novos_itinerarios_eso.pdf

Enlaces de interese:

http://ec.europa.eu/social/home.jsp?langId=es

http://www.empleo.gob.es/uafse/

Musica para petos

Tal e coma estaba programado, o alumnado de 1º e 2º de E.P., asistiu a este obradoiro de música tan interesante.

Na era das novas tecnoloxías, das maquiniñas, tablets...os nenos e nenas atopan neste tipo de actividades, ideas interesantes para matar o aburrimento. Calquera obxecto cotián pode converterse nun instrumento en potencia...so necesitamos utilizar un pouco a nosa IMAXINACIÓN.

Proxecto Terra: "O dereito ao hábitat"

27/02/2016 19:45
Europe/Madrid

Os alumnos de 1º ESO están a participar nun proxecto de innovación educativa titulado "Proxecto Terra: O dereito ao hábitat". Como parte do traballo, reflexionaron sobre o hábitat en xeral e analizaron as características do seu,  Miño. Realizaron debuxos cos aspectos fundamentais e, con eles, fixeron un mural que instalaron no vestíbulo de Secundaria.

 

Todos estes debuxos e as súas reflexións recóllense na presentación seguinte.

 

Volve Radio Miñoca

 

Por fin estamos convosco!! Non sen tempo, xa o sabemos. Pero é que este curso as meigas conxuráronse na nosa contra. Agora, con todos os problemas arranxados (CRUZAMOS OS DEDOS), aquí tedes dous programas de Radio Miñoca (non vos queixaredes: dous a falta de un!).
Imos coa reseña do primeiro, pero antes comentarémosvos que este curso na radio houbo novas incorporacións: Ismael, Diego e Yanira, de 1º de ESO, que, xunto cos radiomiñoqueiros anteriores (Roberto, Antonio, Andrea, Soraya, Brezo, Adriana e Alba), intentarán esforzarse para que escoitedes programas moi amenos, divertidos e interesantes.

 Ben, dito isto, imos alá co que ides atopar neste programa 1 de Radiomiñoca 2015-16:

 -Unha entrevista a Manuel, ex profe de Mates.

 -Yanira resume un dos seus libros preferidos: O segredo de Lena.

 -Unha mesa redonda sobre un o libro A gata sobre o tellado de cinz

 -Un chiste que nos contará Ismael.

 -Diego e Soraya falan dun triste tema de actualidade: os refuxiados.

 -Falaremos dun país: Portugal

 

 

ANTROIDO TEMÁTICO: O SÉCULO XIX

22/02/2016
Europe/Madrid

Celebramos o Antroido cun desfile onde personaxes e feitos do século XIX fixéronnos recordar as características desta época histórica. Como cada ano e seguinto a proposta da biblioteca, mergullámonos nun momento da historia para coñecela dende diversos puntos de vista e representámola nesta data tan festiva. Os protagonistas do desfile do Antroido foron os seguintes:

Brancaneves e os ananiños dos Irmáns Grimm (Educación Infantil)

Darwin e as especies (1º EP)

Inventos do Século XIX (2º EP)

Vaqueiros da febre do ouro americana (3º e 4º EP)

Náufragos e bucaneros da Illa do Tesouro de Stevenson (5º e 6º EP)

New York vs Francia (2º ESO A)

O París de Toulouse Lautrec (2º ESO B)

Drácula (3º ESO)

Os personaxes literarios do Século XIX (4º ESO A)

Os alumnos de 4º de ESO B foron os encargados de  presentar o acto e os de 1º de ESO fixeron desfilar o Meco e leron o seu testamento.

Publicado o calendario de admisión curso 16/17

Para poder acceder ao calendario de admisión fai click.

Distribuir contido