CICLO CONCERTOS

Queremos compartir convosco o programa de concertos deste curso 15/16 para os almn@s de primaria. Este ciclo que dalgunha maneira xa vai pola súa terceira edición, pretende promover o contacto cercano entre nen@s e músicos profesionais para compartir a súa música dun xeito natural, relaxado. É compromiso traer aos nen@s propostas de calidade alternativas a sempre presente música comercial que copa os medios monopolizando e homoxeneizando os gustos estéticos.

 

 25.FEB.16 - OBRADOIRO PARA 1º E 2º DE EP.

ARIEL NINAS. MÚSICAS PARA PETO

https://arielninas.wordpress.com/

Ariel Ninas é un músico ferrolán anque el prefire chamarse a si mesmo pasaxista de sons. Irrepetible e quen de camiñar entre a música tradicional e as performances máis contemporaneas trascendendo aos estilos e estéticas pechados.

Desta traenos o seu espectáculo "Músicas para Peto" co que nos mergullamos nun mundo dos instrumentos e trebellos sonoros pequechos. Todos poden coller nun peto. Pódelos levar contigo. Podes tocalos onde e sempre que queiras. Non custan moitos cartos e son doados de tocar. Os máis cativos poderán desfrutar deste mundo sonoro rico, imaxinativo e fantasía que nos achega Ariel Ninas.

 

POR DETERMINAR - CONCERTO PARA 3º E 4º DE EP

CE ORQUETRA PANTASMA. O HOME ORQUETRA

http://www.ceorquestrapantasma.com/

César Freiría e un músico vigués cuns comezos lindados á música tradicional e a paixón por todos cantos instrumentos lle caían nas mans. Isto, unido á súa pericia para crear os seus propios trebellos sonoros, levouno dende hai un tempo a decidir facerse "home orquetra"; unha práctica xa case que esquecida nos tempos que corren.

O resultado que nos achega é unha viaxe inesquecible a través dos sentidos, da imaxinación e da fantasía cun espectáculo cercano, festeiro e cheo de diversión onde os nen@s poderán cantar, bailar e disfrutar como nunca da música.

 

1.MAR.16 - EXPOSICIÓN DIDÁCTICA PARA 5º E 6º DE EP

PABLO CARPINTERO.OS INTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS

http://www.consellodacultura.gal/asg/instrumentos/autores/pablo-carpintero-arias/

Este doutor en bioquímica, todos os días cando sae do seu laboratorio da Universidade de Santiago, deixa os seus experimentos para adicarse a investigar a que é a súa verdadeira paixón: a música e intrumentos tradicionais galegos. Incansable, percorre os pobos máis recónditos en busca de cancións e instrumentos que aprende dos máis vellos.

Con unha paixón contaxiosa, Pablo descubrirános o valiosa e diversa que pode ser a nosa tradición e sumerxirános no mundo das súas viaxes na procura de instrumentos esquecidos, sons e melodías que se perden no tempo, de xentes e formas de vida que deixaron de existir e que nos axudan a ver de onde vimos.