Blog de Biblioteca
Animándonos a participar no club de lectura
O 9 e 10 de outubro de 2023, varias alumnas de 6º de educación primaria que partiparon no club de lectura "Faragullas de papel" no curso 2022-2023 viñeron animar ao alumnado de 5º de educación primaria a que participasen este curso no club. Léronlle un libro titulado "Cando leo" de Eva Mejuto para que os nenos e as nenas de 5º de primaria descubrisen o que pasa cando len.
Estas alumnas foron: Carmen e Sabela Budiño de 6ºA; Mara, Alejandra e Cayetana de 6ºB e Ainara de 6ºC.
Moitas grazas por esta labor!
Campaña de captación "Tecedoras de versos"
Para animar aos nenos e nenas de 4º de EP a anotarse no club fomos polas clases coas listas e lendo o conto de Maruchi. Tecemos versos? Ganduxamos coma Maruchi?
Primeiro programa de radio deste curso!
Aquí vos deixamos o primeiro programa de radio deste curso 23/24, un programa moi especial xa que anuncia que gañamos o 3º premio nacional polo club de lectura "Faragullas de papel"! Animádevos a participar nel seguindo as instrucións que vos dan a continuación algúns dos seus membros.
Biblio aberta!
Dendo o luns xa está a nosa biblio chea de vida!
Formación de usuarios
Comezamos o mes de setembro ordeando, revisando mochilas viaxeiras, catalogando, arranxando e, como non, formando ao alumnado no uso da biblio. Aquí mostramos uns dos momentos nos que lles estamos lendo aos pequenos e pequenas de 1º de Educación Primaria o libro "O increíble neno devorador de libros" de Oliver Jefferson. Animámosvos a coñecelo!
Premios Clubes de lectura escolares correspondientes al curso 2022-2023
Hoxe temos unha gran nova, fomos gañadores do terceiro premio correspondente aos "Premios Clubes de lectura escolares correspondientes al curso 2022-2023" do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Aquí tedes un vídeo do Roteiro literario Volverás Golfiño para que vexades que ben o pasamos!
BOOK DAY AND ART
April 2023
O mes de abril foi o mes dos libros no noso cole e dende as nosas clases de Art, contribuímos á elaboración duns dioramos sobre contos con animais.
Os contos escollidos foron:
E estes foron os nosos dioramas:
Enquisa de biblioteca para as famlias
Estimadas familias, aquí vos deixamos unha pequena enquisa sobre as actividade e uso da biblioteca. É moi sinxela, so vos levará uns minutos, e a nós serviranos de gran axuda para poder mellorar. Moitísimas grazas pola vosa colaboración! Picade AQUÍ para acceder a ela.
Imaxes do PDI "Cole Animal" para alumnado e familias.
Picade AQUI para velas.
Recomendacións lectoras para este verán
recomendacionsverán2023 de Teacher Marta
Recreos de talentos
Durante os recreos deste curso na biblio o alumnado de 3º a 6º de EP tivo o seu momento para ensinarnos os seus talentos. Tivemos sesións de ilustración, música, teatro... e outras moitas actividades máis. Aquí vos deixamos a recopilación e todas elas. Moitas grazas rapazada pola vosa ilusión e implicación!
Enquisas da biblio para o alumnado.
Deixamos aquí os enlaces ás equisas para o alumnado do centro sobre a biblioteca e o seu uso. Deberán ser cubertas coa axuda dos mestres nas aulas ou, no caso dos maiores, de forma individual se o seu titor/a así llo indica. Toca facer balance do curso!