Blog de Biblioteca
Sesión 1. Tecedoras de versos. Comezamos!
Os recreos dos martes no recanto de lectura da entrada iniciamos unha nova aventura con 9 nenos e nenas de 4º de EP. Estamos aprendendo a usar o gancho e lendo poesía. Velaquí unhas imaxes do que foi esta primeira sesión. Grazas profe Teresa polo teu tempo!
Xogos día do libro 2023
Queredes coñecer máis títulos de contos e xogar cos nosos dioramas? Probade os memoris! (Se vedes que son moi pequenos e preferides que se vexan máis grandes picade nos cadradiños que están debaixo para que se abran nunha nova xanela.)
Lectura e familias en Educación Infantil
Graciela, a mamá de dous nenos do cole, preparou con esmero e agarimo uns contos para presentarlles aos nenos e nenas de toda a Educación Infantil. Moitísimas grazas polo teu esforzo e adicación!
Formación en radio do alumnado de 4º de EP
Este martes 18 e mércores 19 de abril os tres grupos de 4º de EP tiveron a formación en radio con Denís Losada de Radio Espora. Aquí vos deixamos unhas imaxes da charla con todos e todas e das sesións en pequeno grupo que se levaron a cabo. Aprenderon a usar a mesa de mesturas, os micros, o Audacity... e moitas outras competencias orais e escritas que son necesarias para facer unha boa locución. Hai futuro radiofónico no cole!
Se queredes ver máis fotos podedes consultar o blog de 4º picando AQUÍ.
Día Internacional do Libro Infantil de Xuvenil, PDI e Easter Egg Hunt.
Co gallo da conmemoración do Día Internacional do libro infantil e Xuvenil o pasado 2 de abril, as nenas e nenos de 5º e 6º traballamos a lectura e identificación de palabras clave en lingua estranxeira con descricións de portadas de libros sobre animais, así, descubrimos algúns dos títulos cos que contamos na biblioteca relacionados co noso PDI “Cole animal”.
Aproveitando a celebración anglosaxona da Pascua que descubrimos, entre otras cousas, co libro “We’re going on an egg Hunt”, saimos á procura de ovos que tivesen a imaxe da portada do libro que se describía nas nosas tarxetas.
Lectura e familias
TALLER SONIA HERMIDA de bibliosbardos Carral
Votamos a seguinte lectura do noso club
Un dos seguintes libros que imos ler foi escollido polas nenas e nenos participantes no club de lectura. Ofrecéronselle resumos de 5 libros e eles decidiron.
E o escollido foi... VOLVERÁS, GOLFIÑO, da escritora Andrea Maceiras.
Pegada animal - Diario de Carral
Aquí tedes o resultado do traballo destes días. Continuando co proxecto deste curso, na semana da prensa, o alumnado elaborou un xornal animal: PEGADA ANIMAL. Espero que desfrutedes tanto das noticias con rigor científico, como das seccións en clave de humor. Que traballo máis chulo!!
Exposición de fotos das nosas mascotas
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo de todas as fotos que nos enviástedes para colgar no mural da entrada. Grazas familias pola participación e por facer do cole un verdadeiro "Cole animal"!
Artigo da revista Arts Educa , nº29.
Fai aproximadamante 4 anos o alumnado que agora está en 5º de EP coa mestre Noe (que naquel entón facía as prácticas do Máster) levou a cabo un proxecto de investigación no colexio chamado Vila Imaxinaria 2030 que pretendía chegar ao alumnado ao patrimonio cultural, espazo, tempo e urbaniso utilizando a fotografía documental como ferramenta artística, metodolóxica e pedagóxica. Se queredes consultar o artigo da revista picade no documento adxunto.