Radio Pingüi
Mércores de radio
Como está rematando o curso, deixámosvos unha recompilación de fotografías dos diferentes programas que elaborou o alumnado de 4º de Educación Primaria coa intervención de varios/as nenos/as de 5º e 6º de Educación Infantil. en directo e por megafonía para todo o centro no recreo dos mércores. Nestes programas falaban do tempo, recomendaban libros, contaban algunha historia para dala a coñecer a todo o colexio e propoñían adiviñas sobre contos de literatura infantil.
Esperamos que vos guste!
Renovación do espazo da radio
O espazo de Radio Pingüi foi renovado grazas ao premio recibido, no curso pasado, pola presentación no V Concurso de Podcast de Radio na Biblio. Grazas a este premio, mercamos unha mesa nova, unha cadeira para o/a técnico/a da radio, un letreiro de gravación e un casco novo.
Deixamos unhas fotografías para que vexades o cambio!
Programas de radio de 4º polo Día da Saúde
Para o obradoiro de radio que fixemos con Luís Losada de Radio Espora o alumnado de 4º tivo que preparar os seus propios porgramas, un por aula. O día 27 de abril conmemórase o Día Mundial da Saúde e aquí tedes o resultado final dos seus traballos de investigación.
Programa do 8M de 5ºC
O alumnado de 5ºC de Educación Primaria elaborou un programa de radio sobre a orixe do 8M. Ademais, contaron as historias de varias mulleres que loitaron polos seus dereitos e destacaron en diferentes disciplinas como, por exemplo, a escritura.
Animámosvos a que escoitedes este programa!
Obradoiro de radio
O mércores 6 de marzo e o xoves 7 de marzo, as alumnas e os alumnos de 4º de Educación Primaria recibiron unha formación sobre o funcionamento da radio na biblioteca con Luís Losada de Radio Espora.
Aquí podedes ver algunhas imaxes deste obradoiro.
Programa de radio con poemas recitados de Rosalía de Castro
Os/as nenos/as de 2ºC, 4ºA e 5ºA de primaria recitaron uns poemas de Rosalía de Castro para conmemorar o 23 de febreiro, o día do seu nacemento. Mentres tanto, os nenos e nenas de 5ºB de primaria fan unha pequena presentación dos mesmos.
Esperamos que vos gusten!
Programa de radio sobre Rosalía de Castro
O alumnado de 5ºB de Educación Primaria elaborou un programa de radio sobre o 23 de febreiro, o día do nacemento de Rosalía de Castro. Nel, recóllese unha breve biografía da autora, as súas obras e súa impotancia para Galicia.
Escoitádeo!
Esperemos que vos guste
Segunda reunión de Faragullas
Nesta segunda reunión do club de lectura fixemos varias actividades:
SENTINELAS DO SILENCIO.
Fixemos o segundo faladoiro coa segunda parte do libro. Para comezar, ixemos un percorrido inicial pola sesión anterior para despois destacar algunhas frases chamativas do libro. Tocou argumentar a favor e en contra da lectura. Á conclusión foI "á galega" (nen si, nen non): "Todo depende do interese que poñas e dos ollos cos que mires o libro". Adicamos unha segunda parte da sesión a seguir coa decoración de carteis para o horto que están quedando ben xeitosos!
UNHA VECIÑA DE PELÍCULA.
O grupo que leu unha veciña de película teatralizou algunhas das secuencias dos films que aparecen no libro. Uns grupos escolleron linterpretar os textos na radio e outro facer a escenificación completa (en vídeo), aquí tedes o resultado!
Programa de radio polo 25N
O venres 24 de novembro todo o colexio escoitamos o programa sobre o 25N, o día internacional da eliminación da violencia contra a muller, levado a cabo polo alumnado de 6º curso de educación primaria. A maiores, neste programa aparece un bonito poema recitado polas nenas e nenos de 2ºC de educación primaria.
Esperamos que vos guste!
Programa de radio sobre o Magosto de 5ºB
Varios/as nenos/as de 5ºB contaron a historia do Magosto no seu programa de radio. A maiores, incluíron palabras do Magosto e recomendacións lectoras da biblioteca.
Espero que vos guste!
Programa de radio sobre o Día das Escritoras e sobre Begoña Oro.
O alumnado de 5ºB de Educación Primaria elaborou un programa de radio sobre o Día das Escritoras. A maiores, incluíron información sobre Begoña Oro, a escritora do libro "Poesías para ser feliz como una perdiz" que llo leron os/as compañeiros/as de 5ºA na hora de ler.
Espero que vos guste!
Primeiro programa de radio deste curso!
Aquí vos deixamos o primeiro programa de radio deste curso 23/24, un programa moi especial xa que anuncia que gañamos o 3º premio nacional polo club de lectura "Faragullas de papel"! Animádevos a participar nel seguindo as instrucións que vos dan a continuación algúns dos seus membros.
- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »