Skip to Content

Curso 22/23

Enquisa de biblioteca para as famlias

Estimadas familias, aquí vos deixamos unha pequena enquisa sobre as actividade e uso da biblioteca. É moi sinxela, so vos levará uns minutos, e a nós serviranos de gran axuda para poder mellorar. Moitísimas grazas pola vosa colaboración! Picade AQUÍ para acceder a ela. 

Recreos de talentos

Durante os recreos deste curso na biblio o alumnado de 3º a 6º de EP tivo o seu momento para ensinarnos os seus talentos. Tivemos sesións de ilustración, música, teatro... e outras moitas actividades máis. Aquí vos deixamos a recopilación e todas elas. Moitas grazas rapazada pola vosa ilusión e  implicación!

Enquisas da biblio para o alumnado.

Deixamos aquí os enlaces ás equisas para o alumnado do centro sobre a biblioteca e o seu uso. Deberán ser cubertas coa axuda dos mestres nas aulas ou, no caso dos maiores, de forma individual se o seu titor/a así llo indica. Toca facer balance do curso! 

ENQUISA INFANTIL E PRIMEIRO CICLO

ENQUISA 2º E 3º CICLO. 

Visita ao Ágora en familia (lectura e familias)

Este sábado 5 de xuño fomos de excurión ao Ágora da Coruña, alí visitamos as intalacións, contáronnos uns contiños e tivemos tempo de ver e apreciar os recursos que nos ofrece a nosa contorna. Foi unha mañá ben bonita de "dar de ler, coma que da de comer". Graciñas familias!

 

Derradeira sesión do club de lectura

Nesta última sesión do club de lectura recordamos os libros lidos, fixemos a actividade do Cabo Vilán e chaveiros de golfiños para os/as que non os fixeran. Tamén realizamos un álbum de fotos do primeiro club de lectura do cole! 

 

 

Usando o espazo maker

Durante estas últimas semanas usamos o espazo maker para familiarizarse cos contidos relacionados coa masa, o peso e a capacidade. Aquí tedes ao alumnado de 3º de EP mans á obra!

Programa de radio "Día do medio ambiente" 3ºB

Un novo podcast neste caso relacionado co día do medio ambiente que se celebra o 5 de xuño. 

Programa de radio "Cans sen raza" de 3ºB

O día 28 de maio celébrase o día dos cans sen raza e dende a clase de 3ºB quixemos facerlles a nosa pequena homenaxe. Se non se escoita o noso audio na pista de Sound Cloud podedes reproducilo picando AQUÍ. 

Actualización do espazo maker

Durante este curso estivemos acondicionando e enchendo de libros o espazo maker para empezar a dinamizalo de cara ao ano que vén. Velaí unhas imaxes. 

Excursión ao Ágora: lectura e familias (sábado 10 de xuño)

IMPORTANTE: A excursión é para familias. Os nenos e nenas deberán ir acompañados dun adulto responsable maior de idade.

Documento A4 Horarios Biblioteca Ilustrativo Verde de Patricia Pena

Distribuir contenido


by Dr. Radut