Radio Pingüi

POEMAS RADIOFÓNICOS

    Aquí vos deixamos uns poemas que fixeron tres alumnas de 6ºC adicados ao medio ambiente. A poesía expresa emocións e tamén pode ser reivindicativa e servir de denuncia contra as inxustizas ou, como neste caso, para concienciar sobre o desxeo nos polos e o cambio climático. Fai un pouco de poesía? A que sonan ben bonitas?



TEATRO RADIOFÓNICO II

 Nova entrega radiofónica!

 Neste caso podedes escoitar aos nenos e nenas de 3ºA que gravaron esta simpática obra de teatro baseada no libro "Indo para o Samaín" de Carlos e Sabela Labraña e da Editorial Everest. A música que sona de fondo é "O outono" de Vivaldi. Desfrutade escoitándoos!

TEATRO RADIOFÓNICO

 

Os nenos e nenas de 3º gravaron esta obra de teatro tan divertida de Socorro Tajes titulada "Todo é un conto" e que se atopa dentro dunha obra máis ampla chamada "Cinco pezas para pícaros" de Edicións Fontel. Están feitos uns actores e actrices!

ECOCOMEDORES: ENTREVISTA A ADRIÁN VIÑAS, O NOSO COCIÑEIRO

O alumnado de 3ºB entrevistou ao noso conciñeiro, Adrián, co gallo do reto de maio de Pingüi sobre ecocomedores. Velaquí as súas sabias palabras para saber moito máis sobre o que son os produtos de tempada, de cercanías ou quilómetro 0, os ultraprocesados, a dieta saudable... Para este traballo tivemos que documentarnos a través das noticias que atopamos do noso comedor na prensa e buscar as preguntas apropiadas para partir desa información facer a escaleta, ensaiar un pouco, buscar locutoras voluntarias e... a gravar! A música que se escoita é do libro-CD "Eu cociño, ti cociñas" de Mama Cabra editado por Galaxia Sonárbore. Moitas grazas por axudarnos a aprender, Adrián!

ENTREVISTA A LUIS LOSADA REDE ESPORA

 

O pasado 14 de abril estreamos RADIO PINGÜI da man de Luís, de Radio Espora, que estivo gravando co alumnado de 5ºA. Aquí vos deixamos o resultado da entrevista que lle fixeron os rapaces e rapazas deste curso. Así ademais de aprender o manexo dos aparelos electrónicos que conforman unha radio, o alumnado estivo traballando o texto da entrevista, a escaleta, a duración, a expresión oral... e un montón de contidos máis das linguas.  Aprenden facendo e cun uso social. Aquí vos deixamos a proba, van dous programas cos dous finais diferentes porque son unha xoia e escoitar a Luís sempre merece a pena. Grazas polas túas sabias palabras!


ENTREVISTAS AOS NOSOS MAIORES

 Os nosos maiores son unha fonte de ensinanzas, que mellor que escoitalos e descubrir como vivía naqueles tempos.

 Aquí os tedes

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña