Skip to Content

blog de biblio

Enquisa de biblioteca

Dende o equipo de biblioteca, elaboramos enquisas para saber a vosa opinión sobre o funcionamento e as actividades da nosa biblioteca. Gustaríanos que as cubrísedes para poder mellorar. Sen a vosa axuda, isto non será posible. 

A continuación, aparecen as ligazóns para cubrir a enquisa correspondente: 

  • Enquisa para o alumnado de EI, 1º e 2º de primaria: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeEKCUO5XMv0hLDZCQDRBRo2_bxVe3A3JyfZBEmxhXd5gNtvQ/viewform?usp=sf_link
  • Enquisa para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfneCjAs9RVdKnm1fNJd6trZ7q1EykXg0SdUS2hluG9ymOx_w/viewform?usp=sf_link
  • Enquisa para as familias: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdot__-KfGrlHoyBNBsNSzEfGV2RNd-GLeK9EgD9IMWYcidNQ/viewform?usp=sf_link 

Grazas pola vosa colaboración!

Última sesión do club: merendola e avaliación.

Así rematamos as Faragullas, coa úlitma presentación do cómic, comendo, cantando e avaliando o club. Moitas grazas a todas por participar! Non puidemos ter uns lectores mellores!

 

 

Última sesión das tecedoras de versos.

Este curso, as tecedoras cambiaron de ferramentas, abandoaron o gancho e aprenderon a tecer en bastidores ou teares, unha técnica un pouco máis sinxela que lles permitiu facer as súas propias bufandas. Limos todos os poemas do ano pasado e incorporamos un novo que vos deixamos aquí. A profe Teresa axudoulles ademais a rematar os traballos e os seis nenos e nenas de 4º de EP que formaron parte do club levaron as súas prendas para a casa. De seguro non olvidan esta experiencia que levamos a cabo no recanto de lectura da entrada todos os mércores de primeiros de mes. Graciñas aos participantes e a Teresa Del Río que foi a que traballou a reo con eles! 

 

 

 

As Faragullas: 101 maneiras de ler e álbum do club.

Na penúltima sesión do noso club lemos parte do libro "101 maneras de leer a todas horas" e escribimos ideas para ler, inventar e contar historias. Tamén repasamos momentos, libros, personaxes do club de este curso... e comezamos a montar o álbum das Faragullas 22/24. 

 

Última reunión do club de lectura de adultas "Milfollas de papel"

Na última sesión do club de lectura de adultas cada unha de nós trouxo o seu llibro de cabeceira infantil ou xuvenil e explicou os motivos de porque o escolleu. Houbo historias sobre libros de educación e pedagoxía, historias pintadas á man, libros que marcaron as oposicións, libros de familia, libros feitos á man... e mil narracións máis. Todas estas pezas estiveron na exposición de fin de curso do PDI "Todas temos unha historia que contar". Moitas grazas a todos os membros do club, dou gusto compartir con vós tempo e charlas. Mil anos de duración ás "Milfollas de papel"!

 

Contacontos de familias: 8 patas

María e Graciela voltaron contar o último conto deste ano, neste caso ao alumnado de 5º de EI, o conto elixido foi "8 patas" de Ana Meilán, deixóunolo outra mamá colaboradora. Moitas grazas ás tres!

 

Contacontos de familias: Aquiles o puntiño.

Graciela e María, mamás de nenos do centro, viñeron a contar contos a 6º de EI, desta volta tocoulle a quenda ao libro "Aquiles o puntiño" de Guia Risari e Marc Taeger da Editorial Kalandraka.

Mércores de radio

Como está rematando o curso, deixámosvos unha recompilación de fotografías dos diferentes programas que elaborou o alumnado de 4º de Educación Primaria coa intervención de varios/as nenos/as de 5º e 6º de Educación Infantil. en directo e por megafonía para todo o centro no recreo dos mércores. Nestes programas falaban do tempo, recomendaban libros, contaban algunha historia para dala a coñecer a todo o colexio e propoñían adiviñas sobre contos de literatura infantil. 

Esperamos que vos guste!

Mércores de radio

Recreos de talentos

Como xa estamos rematando o curso, queremos deixarvos unha recompilación dos talentos que desenvolveron os/as nenos/as que participaron nos "Recreos de talentos" na biblioteca, os venres. Está claro que son uns auténticos/as artistas e que aprendemos moito grazas a eles/as. 

Se non fose pola súa participación isto non sería posible. 

Esperamos que vos guste!

VENRES DE TALENTOS 

Taller de libro obxecto coa profe Rocío

A profe Rocío fixo un taller de "libro obxecto" con varias clases voluntarias do centro. A actividade consistiu e darlle unha nova vida aos libros de expurgo, facelos nosos e contar as nosas historias e vida neles tal como aprendeu do artista Pablo Otero nos seus obradoiros. Canta creatividade! 

 

Oca colaborativa polo Día do Libro

Polo Día do Libro, ademais da charla con Montse Pena Presas para as familias (Lectura e familias) e a visita á Galiña Azul por parte do alumnado colaborador de 6º (Bibliotecas Solidarias) entre todas as aulas do centro elaboramos unha oca de libros. Cada clase escolleu unha historia e fixo preguntas sobre ela, agora está dispoñible para que poidan xogar todos e todas. 

Visita de Erica Esmorís

A escritora Erica Esmorís compartiu charla literaria co alumnado de 4º que leu o seu libro "Patio de luces", tamén asinou no noso libro de visitas e os libros do alumnado. Canto nos gustan estes momentos...

 

Contacontos de familias: O paraugas de cebra.

Durante estas semanas dúas mamás colaboradoras van vir contar contos ao alumnado de Educación Infantil, aquí as tedes nalgúns momentos do libro "O paraugas de cebra" coas clases de 4º (os máis pequeniños/as). Moitísimas grazas de novo pola vosa implicación e traballo! 

Estivemos presentes nas Xornadas dos Clubs de Lectura

A partir do minuto 24 a nosa charla sobre o club de lectura!

Distribuir contenido


by Dr. Radut